Consejos y avisos

26/3/12

La Ibense y el desfile

Debo de ter o estomago sentimental estes días, (será que como estou mal do meu... É broma), e entroume morriña pola nosa ben querida Ibense; non volo creredes, pero desde que cerrou non tomei nin sequera un xeado en Ourense, agora que o penso, nin noutros lugares.
   Os que me coñecen, saben que iso é moi estraño, alguén a quen era fácil atopalo gozando da espectacular copa Galicia da tamén tristemente desaparecida xeadería El Cortijo , (iso si, sempre estiven disposto a ofrecer cadeira e culler a quen quixese acompañarme), e que leve tanto tempo de abstinencia "heladeril" ????.

   Bo o caso é que gardando ese "loito", atopeime con esta fotografía que un dos amigos do grupo de facebook, Regimiento de Infantería Zamora 8, quixo compartir con todos; nela aparece de fondo La Ibense, e en primeiro plano , posiblemente un dos últimos desfiles militares que houbo na cidade, foi no ano 1986, e como é lóxico pensar, a banda de música do cuartel, formaba parte do desfile que se realizaba con motivo do día do Corpus.

   Estou pensando en dedicarlles unha serie de entradas aos "polos" do cuartel, para lembrar aqueles tempos de limpeza exhaustiva de botas, comidas á carreira, bocadillos de lata de sardiñas, (mellor os de tortilla do Cumial), charlas co "peluca" etc. Co cal se algún quere contar algunha anécdota dese período, ten o blog á súa disposición.

No hay comentarios: