Para terminar polo momento co tema escolar, móstrovos hoxe estas fotografías que nos presta María Jesús González, da súa etapa de estudante no colexio Cisneros. (anos cincuenta).
A primeira vista as imaxes non parecen precisamente de colexiais, pero coñecendo os hábitos, modas e costumes daqueles anos, asegúrannos que se o son; na primeira aprécianse os complementos básicos para o peditorio da banderita.
Fotografías deste estilo, aínda que pareza que teñen pouca utilidade para a historia fotográfica da cidade; teñen moitos detalles significativos, que axudan a entender os modos de vida doutros tempos.
Imaxinádesvos ás mozas de 18 actualmente con eses modelitos?, hoxe ese look pódese ver nalgunha moza con motivo dalgunha festa, ou en mozas a partir dos trinta. Seguramente os sociólogos poderían explicar as causas de moitos deses cambios de estilo, pero a maioría seguro que aluden á clarísima diferenciación que naqueles tempos buscábase entre nena e muller.
Por unha temporadita deixaremos o tema escolar, pero animarvos a continuar enviando material, como xa vos dixen nalgunha ocasión, entre todos poderemos facer nun futuro as verdadeiras exposicións que nos gustaría ver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario