Ao fío da entrada de onte, toca hoxe a quenda ao colexio relixioso que máis tempo exerceu o seu labor educativo entre nós. As Carmelitas
O caso é que non atopei ningún traballo relativo á historia deste centro; e cos poucos datos que teño, creo que sería interesante profundar un pouco na súa historia, o único dato que vos podo confirmar, é o da súa chegada, que se remonta ao ano 1879, segundo a web do colexio, 12 de marzo de 1879.
Tería que confirmalo, pero creo que a súa localización foi desde o comezo, na contorna da praza do Corrixidor, onde a familia Temes, cédelles o uso da casa que aínda hoxe ocupa o colexio.
Falo de memoria, ao dicir que ese edificio ou outro no seu lugar, foi ocupado con anterioridade polos Franciscanos, antes do seu "forzoso" desprazamento a zoa alta da cidade.
Vai ser mellor que non siga especulando, despois chamáredesme a atención, polos meus erros. Así que gozar da fotografía, e iso si, comprométome a durante este ano, intentar achegar datos sobre a historia do que realmente foi o meu primeiro colexio, alá polo 1965.
No hay comentarios:
Publicar un comentario