Non podo decir que sea o primeiro libro do ano 2011, xa que se presentou a finais do ano pasado. O que si podo decir e que se trata dun libro que recolle a "vida", dun edificio.
Tolos coma mín, asignamoslle as cousas, capacidades reservadas habitualmente o ser humano; pero realmente, non e mais que un xeito de falar; quen fai que un edificio teña vida, e a xente que o visita, que o utiliza, que o coida; "eles" o unico que fan e dar acubillo a quen o solicita.
Vou deixar o pasado eiqui, que o tedes moito millor contado no libro. Grazas ao saber de Don Pablo Ferro, (director do arquivo historico provincial)
O libro ten unha segunda parte, que conta todas as reformas que houbo que levar a cabo, e baixo a dirección do Estudio de arquitectura dos Suances, deron lugar as magnificas instalacions, que hoxe estan a disposición de todolos ourensans.
Finalmente fai un repaso, da aportación que pra Cultura na cidade, supuso e supon este edificio, que conta ca excelente dirección de Paco Gonzalez, quen coordina as diferentes seccions do edificio, biblioteca, coleccion de trens, formación, etc.
Pero millor que o leades vos, de seguro que vos vai gustar.
Aproveito pra felicitar a Ana Malingre, polo gran traballo realizado pra lograr sacar adiante unha obra deste tipo; que o implicar a tanta xente, sempre supón unha dificultade engadida. E de paso ao Arquivo visual Ourensán, que ainda que pequena, tamén fixo a sua aportación na obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario