Logo de moito tempo, a semana pasada, tiven oportunidade de visitar as instalacións do Instituto Otero Pedrayo. Para ser sinceros, o que tiven foi a fortuna de coincidir co seu director, Don Luís Fernández, na inauguración da exposición de Mani Moretón, "eidética", e grazas á súa amabilidade, puiden ver a colección de pinturas que atesoura o centro, e ao mesmo tempo recordar as miñas andanzas polo centro fai xa ...
Noutras ocasións, xa se falou deste centro do saber neste blog, e en todas, referinme a el, como: O Instituto, ou o Otero Pedrayo.
A risco de cometer algún erro, debido á falta de medios para confirmar os meus datos, hoxe querería exporvos, os nomes polos que se coñeceu este edificio, e as institucións que nalgún momento ocuparon as súas instalacións. (se tedes algún dato que se puidese engadir, agradeceríavos comunicásedesmo vía mail).
Imos obviar os primeiros pasos desta institución como tal, que nos obrigarían a remontarnos ao 1 de novembro de 1845, data na que abre as súas portas na actual rúa Lamas Carvajal.
No momento da súa apertura, denominouse Centro Provincial de Instrución Pública, debido a que acollía, ao mesmo tempo que as aulas do instituto; A Escola Provincial de Artes e Oficios, a Biblioteca Provincial, e as salas da Comisión Provincial de monumentos históricos e artísticos de Orense. A modo de anécdota, comentarvos, que aínda hoxe en día, na entrada que existe pola rúa García Mosquera, poden observarse os rótulos que no seu día indicaban, onde estaba cada un destas institucións, ao entrar á dereita, a comisión, e á esquerda o Museo Arqueoloxico. A planta superior desta fachada, ocupábana a Biblioteca, e a Escola de Artes e Oficios.
O resto do edificio, (a maior parte), ocupábaa o que nun principio, denominouse: Instituto Técnico de Orense, posteriormente Instituto Nacional de Ensino Medio; nas súas instalacións estivo tamén (non sei se existe actualmente), o In.Ga.B a d. (instituto galego de bacharelato a distancia), e hoxe supoño que será o I.E.S. Otero Pedrayo. Sen esquecer que na cidade foi coñecido durante, posiblemente o período máis longo da súa historia, como o Instituto Feminino.
As laminas que acompañan o texto, pertencen a unha lamina de grabados da revista La Ilustración Española y Americana.
Pra profundizar no tema, tedes o libro de Don Enrique Bande, e Carlos Taín "El Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Orense"
Pra profundizar no tema, tedes o libro de Don Enrique Bande, e Carlos Taín "El Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Orense"
No hay comentarios:
Publicar un comentario