Cando fixen esta entrada fai dous anos, realmente non dicía nada; non é que agora vaia analizar milimétricamente a fotografía, pero se que vou intentar achegarvos un par de datos.A esquina da rúa do alba con Vicente Pérez, estaba xa ocupada polo edificio que hoxe coñecemos como Caixanova, (bo un dos dous, o outro é a casa Junquera en Avda. de Pontevedra), levantouse, a finais do XIX, segundo un proxecto de Don Eduardo Mercader (ano 1892), e o seu labor inicialmente, foi o de dar servizo á familia de comerciantes Román, por iso a planta baixa acollía o local comercial e os almacéns, e na planta superior estaban as oficiñas e vivenda dos propietarios. O xardín que vemos a continuación vindo cara á rúa do Instituto (Lamas Carvajal), non estou seguro, de se era xa da casa contigua "Os Populares", ou se esta, queda fóra da imaxe, (alguén poderá confirmarmo).
En fronte á Casa Román, estaba un solar, que foi localización do Cine Pinacho, e posteriormente do Salón de variedades "Apolo"; e máis cara eiquí, aproximadamente onde se ve ao neno, estaban as fai moi pouquiño pechadas Galerías Tobaris, e daquelas salvo erro, estaba "A Moderna", un dos cafés máis frecuentados na época.
12-03-2008
12-03-2008









No hay comentarios:
Publicar un comentario