Consejos y avisos

27/4/10

O patín da catedral

Esta vai ser unha entrada, que teredes que esperar ao venres, pra entendela.
A primeira vez que vin esta fotografía, debe facer, pouco menos de dous anos, lembro que me atopaba con Don Jose Cesar Llana, do museo Etnolóxico de Ribadavia, e que nada máis vela, dixen que era o patín da catedral, e aí quedo a cousa; realmente éo, co cal non parece nada estraño.
O caso é que posteriormente, revisando o meu arquivo, mírea con máis atención, e había varios detalles que non me encaixaban; antes de continuar, teño que advertirvos, que as miñas capacidades para distinguir perspectivas, e calcular distancias, deixan moito que desexar.
Ben, volvendo ao tema, relatareivos as miñas elucubracions:
.- Se a esquina do patín, é a parte superior da Xoiería Cid, onde está a rúa da Paz?
Vale, un fallo de perspectiva, o pequeno chaflán que se ve no bordo da imaxe, é o do edificio do café latino, cara á rúa da Paz, asunto resolto.
.- Pero entón que fai aí ese edificio da galería, e a gran cheminea?.
.- E aquilo que se ve pegado a ese edificio, é Santa Eufemia?, porque a falta de torres, podo entendela; foi na década dos oitenta, cando Don Luís Rodríguez Portugal (párroco daqueles anos en Santa Eufemia; o meu párroco por certo), conseguiu, coa axuda de todos os seus fregueses, levantar unha das torres, (a outra aínda esta "pendente" ). Pero do que non sabía, era da modificación da fachada, na fotografía vese un tellado a dúas augas?.
.- A ver se vai ser que, se trátase do patín do Pórtico do Paraíso?.
Non, iso é imposible, aínda que o edificio de en fronte fose o que ocupou Radio Orense, na rúa das Tendas, o da galería non caberia, máis que nada, polo "ancho da rúa".
Ahhhh, o "ancho da rúa", e aí foi onde se me empezaron a despexar todalas miñas dúbidas.
Botarlle unha ollada á entrada do 30 de novembro do 2009, "A nova aliñación da rúa Santa Eufemia", (http://ourensenotempo.blogspot.com/2009/11/nova-alinacion-da-rua-santa-eufemia.html) e no plano que aí atoparedes, veredes a solución.
Pero pra rematar de comprendelo, recoméndovos que vexades a fotografía que espero pór o venres.
Deixouma unha encantadora señora, xunto con outra serie de imaxes moi orixinais, que agardo podades ollar en próximas entradas, polo momento non direi o seu nome, recoñezo, que me esquezín preguntarlle se, me autorizaba a citala ou non?, polo cal de momento queda no anonimato.
Por certo a marca de auga da fotografía, e a do "Arquivo visual Ourensán", pero poderia ser a do Museo Etnoloxico de Ribadavia, a do Arquivo Municipal de Ourense, ou teria que darlle as grazas o amigo Lisardo Mazaira, os tres en diferentes momentos, facilitaronme unha copia desta fotografía, e realmente, vendo o que reflicte, comprendo a existencia de tantas copias.
De todolos xeitos grazas os tres pola colaboura.

No hay comentarios: