Para facer un traballo (que dara lugar a una exposición itinerante que poderemos ver dende logo en Ourense) sobre os estudos fotográficos de Galicia; están intentando reunir fotografías realizadas entre os anos 1880-1960, que cumpran algún destes requisitos:
- Fotografías de estudo, que teñan un decorado de pano.
- Fotografías de Voda en estudo.
- As típicas fotografías que se facían nas festas, cun decorado (barquiño, avión, cabaliño, paisaxe, etc.).
- Fotografías de familia, nas que se incluísen familiares falecidos, dos que se enviaban aos parentes de América. (recortaban unha foto do falecido, e poñianna, na actual)
E calquera das moitas que andan por ahí, de don José Pacheco.
A fotografía que ilustra a entrada, e propiedade da Familia Alvarez Eire, e tratase dunha das fotografías que se facian nas festas, nos postos de rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario