Esta fotografía, por certo repetida , rompe algunha norma do blog, pero a culpa teremos que botarlla, ao meu entrañable amigo Ernesto Ferro, (un neno de 13 aniños amigo meu, 8 + 5 creo recordar que suman 13?).
O sábado tivemos a segunda reunión no Liceo, e para mín, foi como un agasallo anticipado de Nadal.
Sinceramente, recoñezo, que me sentín gabado, e estouvos enormemente agradecido, non só aos que fixestes o esforzo de vir, senón tamén aos que enviastes mails comentando a imposibilidade de chegar a Ourense, nese día, (outro ano farémola en Madrid e Barcelona).
O mellor da reunión á marxe da agradable compañía, é o caudal de información que me facilitades, xa non só física, (uns exemplares orixinais de "La Zarpa", e o "Tío Marcos" entre outras bagatelas, por alí circularon), se non a oral; froito desta é a fotografía que estades vendo hoxe.
O meu amigo Ernesto Ferro, (que non termina o ano sen ter unha entrada só para el), sacou a relucir a súa fantástica memoria, e facilítounos os nomes deste grupo de alumnos do colexio "Los Santos Ángeles", (hoxe Maristas), do ano 1931.
Aquí tédelos de esquerda a dereita, e de arriba cara abaixo.Ruperto Santamaría-Lamas-Román-Moncho-José Luis Álvarez-Carlos Vázquez (Chico)- X- Jesús (Suso Hermano de Elesban)-Manuel Blanco Merino*.
Luis Somoza-Luis Campos-Zacarías Reñones-X-Francisco Fuentes Andreu (Paquito)-Ramón Alonso (Moncho)-Juan José Alonso-Perfecto-X-Domingo
Espinosa-Alberto Guitian-Santiago Izquierdo-Fernando Andura-Tito Fuentes-Celso Rivera-Luis Quelle-y Ernestito Ferro.
Luis Somoza-Luis Campos-Zacarías Reñones-X-Francisco Fuentes Andreu (Paquito)-Ramón Alonso (Moncho)-Juan José Alonso-Perfecto-X-Domingo
Espinosa-Alberto Guitian-Santiago Izquierdo-Fernando Andura-Tito Fuentes-Celso Rivera-Luis Quelle-y Ernestito Ferro.
Sabedes que fai uns días comecei unha serie de entradas na que vos mostrarei o publicado na primeira parte do libro do centenario dos Maristas, cronoloxicamente non lle tocaba aparecer de momento a este grupo, pero, en agradecemento a Ernesto, o adianto, nun futuro colocareina na súa orde natural.
Grazas de novo a todos, sen olvidar o persoal do Liceo, pola sua amabilidade e bo trato.
*Corrección feita polo seu sobriño Ricardo Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario