Envioume estes días o amigo Guillermo Álvarez, estas catro imaxes da rúa Doutor Fleming, véndoas é fácil darse conta do "pouco" que mudou esta rúa.
O asunto é, que as dúas fotografías en branco e negro, relacionan a outros lectores do blog, dos que xa falei noutras ocasións, pero os teño un pouco esquecidos.
O cartel do primeiro está moi clariño, "Antigüidades Bouzo", esa foi a primeira localización do negocio do pai de Daniel Bouzo, posteriormente trasladouse á Praza do Trigo.
O cartel do primeiro está moi clariño, "Antigüidades Bouzo", esa foi a primeira localización do negocio do pai de Daniel Bouzo, posteriormente trasladouse á Praza do Trigo.
Filtráronme certas informacións, relativas a actividades cinéfilas e musicais que levaban a cabo neses negocios, pero me gustaría ter información de primeira man, así que esperemos que Daniel nos ilustre.
Nesta outra fotografía, coido que posterior no tempo, vemos a tres damiselas e un cabaleiro, que segundo teño entendido, son familia de Don Francisco Ropero, (Paco Paco), o cal tamén ten o blog á súa disposición, pra contarnos algunha anécdota da súa estancia na cidade, soa por aí un asunto dunha xavelina, que precisa de aclaración.
Fai xa algún tempo que Lisardo Mazaira me facilitou as dúas primeiras fotografías, polo cal teño que agradecerlle a el tamén a súa colaboración, de feito sen menosprezo a ninguén, é quen máis me axuda, tamén é certo que el é do gremio da fotografía, ademais dun namorado da historia da cidade, o que fai que lle resulte mais sinxelo.

Por certo se que lle gustaría ter unha colección fotográfica das esquinas das rúas ourensás ao longo do tempo, se queredes axudarlle, ofrézome de intermediario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario