Consejos y avisos

29/10/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana XI "Luis Ksado" 1898

Xa en varias entradas, apareceu este artista, e algunha das súas obras, e a pouco que vos fixedes nelas, notardes que para min era un gran descoñecido, se que coñecía a súa obra, mais da súa biografía ignorábao todo.
O descubrir que fora un dos discípulos de Don José Pacheco, é o que espertou a miña curiosidade, e con iso puiden saber, que a súa relación coa nosa cidade foi permanente, as suas visitas eran frecuentes, (supoño que pola permanencia de familiares eiqui),de feito faleceu nela o ano 1972.
Nado en Ávila no 1888, aos seis anos veu a Ourense coa súa familia, e a partir dos dez, comezou de aprendiz no estudo de Don José Pacheco, (recordade que tamén aquí, aprendeu Jaime Pacheco).
Xa en 1915 creou o seu propio estudo en Santiago, ao mesmo tempo que comezaba a traballar para as grandes revistas nacionais, ata que no 1922 deixa o estudo compostelán a cargo da súa filla Carmiña, e abre outro en Vigo.
En 1928, publica o seu primeiro álbum "Estampas Compostelás", e en 1936, a súa obra máis completa "Estampas de Galicia", "da que na outra entrada, xa vos dixen que tentarei ensinarvos as imaxes correspondentes a Ourense. (A que ilustra esta entrada e a nº 8 da serie 40).
Ksado probablemente sexa, o fotógrafo, dos que traballaron en Galicia, que máis coñecido é a nivel internacional.

No hay comentarios: