Páginas

31/10/09

Crónica de los Obispos de Orense (1897)

Sabedes que non me custa nada agradecer a colaboración que me prestades, sen ela non sería quen de seguir achegando entradas ao blogue.
Neste caso o agradecemento, como en moitas outras ocasións, vai dirixido a Don Amador Rego Villar-Amor, home polo que sinto unha sa envexa, por varios motivos, pero o principal, é a extraordinaria memoria da que goza; el prestoume este magnífico exemplar, que me vai permitir, mellorar en gran medida o episcopoloxio que podedes ollar no blog, aparte de darme pé pra unhas cantas entradas.
O libro en cuestión, espero non equivocarme, é o primeiro episcopoloxio escrito sobre a diocese de Ourense; o seu autor, Don Benito Fernández Alonso, historiador (pertencente a Real Academia da Historia), foi vocal da comisión Provincial de monumentos, e Cronista da Provincia; dedico o libro ao Ilmo. Sr. Bispo Doutor Don Pascual Carrascosa, quen ocupaba a cadeira episcopal naqueles anos.
Imprimiuse na empresa Ourensá "El Derecho" (Padre Feijóo 7), o ano 1897.

30/10/09

O matasellos de Villaza

Desas cousas, que algúns gardamos, case sempre por unha motivación sentimental, quérovos ensinar hoxe esta, digamos carta, que me presta o amigo Afonso Bayón.
Non é máis que un papel, como diría máis dun, pero ten algo especial, o cuño é do pobo de Villaza, ao cal está moi vinculado Alfonso.
O caso é que se vos fixades pode ser que ao amigo Secundino Lorenzo (Chicho), (do que tedes varios enlaces ás súas páxinas á dereita do blogue), tamén lle resulte interesante este simple papel, xa que por algún motivo cítase ao pobo de Alberguería; e enlazando con este segundo pobo, seguro que ao amigo Lisardo Mazaira, (o meu mellor colaborador), tamén lle toca un pouco a fibra, xa que ese era o pobo da súa señora.
Parece mentira, un simple papel, sen valor económico, e con todo que poida ter gran valor, ¡non todo é diñeiro!.
As explicacions escritas a maquina debaixo da carta, son do propio Alfonso.

Fútbol dos 50

Levaba tempo sen traer ao blogue imaxes futboleiras, pero revisando fotografías, en busca dalgunha que ilustre unha entrada do Seminario, entre as que me prestou o meu amigo Andrés Iglesias, atopei esta bonita imaxe.
O marxe de poder verse o edificio do Seminario, só a falta de remates, (faltábanlle fiestras na planta superior, o cal fai que se poida datar a fotografía, aproximadamente entre o 1952, e o 1953); temos en primeiro plano aos aguerridos xogadores do A.D. Couto.
Varios detalles chámanme a atención, e fanme pensar que este equipo, mais parecíase ao Alcorcón, que ao Real Madrid (non vai con segundas); se vos fixades na indumentaria, as camisetas, non debían de ser suficientes para todos, xa que un dos xogadores aparece a peito aberto, ("ai esso si", tentando ocultarse detrás do grupo), e outro cunha camiseta diferente; no tema pantalóns, a escaseza xa era maior, podedes ver que se alternan as cores case por igual; outro detalle moi significativo, tédelo no centro da imaxe, ademais dá a impresión de que xa se colocaron así á mantenta, o cuarto de pé pola esquerda, loce unha tirita na cella, ao seu lado un compañeiro, a modo de cinta de pelo, leva unha vendaxe, e o seguinte polo si ou polo non, xa vai xogar con casco (boina).
Pra rematar, fixarvos no que supoño, é masaxista ou utillero, (non o teño claro), a fúnda é de mecánico, e as "pantuflas" que gasta a pesar de ser un marabilloso invento que perdurou no tempo, non creo que desen bo resultado os días de choiva.
Bromas aparte, un cariñoso saúdo o amigo Andrés e a súa dona, que andan estes días preocupados con asuntos de saúde.

29/10/09

El Circo de los Horrores "Psicosis"

Como se adoita dicir, a actualidade manda, e non podo pospor máis esta entrada.
Fai xa uns días, ofrecéronme unhas "antigas" fotografías dun amigo, pero a falta de tempo, fixo que aínda non estean no meu poder.
O caso é que de hoxe non pode pasar, co cal, aínda que sexa unha entrada diferente ás habituais do blogue; hoxe visítanos "Suso Clown".
Suso Silva, (polo seu verdadeiro nome, Jesús, só recordo que o chamasen, os profesores do colexio, e os do instituto, e non todos), é un deses ourensáns que por seguir a súa vocación, non ten máis remedio que pasar a vida viaxando; logo de case trinta anos de profesión, supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.
Coido lembrar, (e de non ser así que alguén me corrixa), que só se lle puido ver con ocasión dunhas festas da cidade, fai xa bastantes anos (uns vinte), daquelas tiña en marcha un orixinal e divertidísimo espectáculo penso recordar que se chamaba "Paxaros na Testa", (Paxaros 86), o cal por casualidades da vida puiden gozar aquí e nunha illa a mais de 1000 km.
Puiden rirme con el, tamén en Madrid, vendo a un "fotógrafo xenial", e desgraciadamente non puiden gozar da súa colaboración co Circo da Arte.
O que se teño claro, é que teño que buscar un oco e deixarme sorprender co novo espectáculo que montou, e hoxe día 29 estrea na Coruña.
Pra non estenderme máis, e porque farei unha entrada especifica deste gran artista, agora é o momento da actuación.
Damas e cabaleiros
Comeza o espectáculo !!!!!
Facede clic neste enlace e palideced. http://www.circodeloshorrores.com/

Pequena Historia Fotografíca Ourensana XI "Luis Ksado" 1898

Xa en varias entradas, apareceu este artista, e algunha das súas obras, e a pouco que vos fixedes nelas, notardes que para min era un gran descoñecido, se que coñecía a súa obra, mais da súa biografía ignorábao todo.
O descubrir que fora un dos discípulos de Don José Pacheco, é o que espertou a miña curiosidade, e con iso puiden saber, que a súa relación coa nosa cidade foi permanente, as suas visitas eran frecuentes, (supoño que pola permanencia de familiares eiqui),de feito faleceu nela o ano 1972.
Nado en Ávila no 1888, aos seis anos veu a Ourense coa súa familia, e a partir dos dez, comezou de aprendiz no estudo de Don José Pacheco, (recordade que tamén aquí, aprendeu Jaime Pacheco).
Xa en 1915 creou o seu propio estudo en Santiago, ao mesmo tempo que comezaba a traballar para as grandes revistas nacionais, ata que no 1922 deixa o estudo compostelán a cargo da súa filla Carmiña, e abre outro en Vigo.
En 1928, publica o seu primeiro álbum "Estampas Compostelás", e en 1936, a súa obra máis completa "Estampas de Galicia", "da que na outra entrada, xa vos dixen que tentarei ensinarvos as imaxes correspondentes a Ourense. (A que ilustra esta entrada e a nº 8 da serie 40).
Ksado probablemente sexa, o fotógrafo, dos que traballaron en Galicia, que máis coñecido é a nivel internacional.

28/10/09

Seguimos co San Domingos

Xa sei que non e preciso lembrar que o final o edificio de Facenda, ou millor dito, de Hacienda, ou Delegación de Hacienda, (que Facenda e outra, e esta noutro edificio), levantouse, no solar do convento dos Dominicos, seguindo o plano que tedes enriba.




O que non estaba tan claro, e que a parroquia de Santo Domingo, ou Santa Eufemia La Real?, se fora quedar co anaco no que queria facer a casa parroquial, o señor Parroco. Fai unhos días, ensineivos a carta que o Sr. Obispo Cesareo, enviou no ano 1878, pra que o Sr. Ministro de Gracia e Xusticia, cedera ese terreno, por ser de moita utilidade pra parroquia.
Pois ben, se leedes esta carta que vos mostro hoxe, veredes que foi pasando o tempo, tanto coma oito anos, e ainda non houbera resposta do Sr. Ministro, por ese motivo, o Bispo volve enviar esta misiva, datada no ano 1886, pra facerlle un recordo, e ver si tiña resposta.

Non teño documentación que o acredite, pero xa estades cansos de pasar por esa rúa, e sabedes que por fin, o Bispo e o Parroco conseguiron o seu obxetivo, e a casa Parroquial tivo o seu terreno, estes obreros que vedes na fotografía, estaban a facer o edificio, pero no plano non entrou o pequeno solar da parroquia.

27/10/09

Comida a la tropa en Panxón (Santiago Mosquera)

Levo un tempo pedindolle a amigos e colaboradores, que escollan unha fotografía do seu album persoal, e fagan unha entrada o seu gusto pra incluir no blogue, loxicamente tedes liberdade total, pra escoller imaxe e comentario.
Xa teño media ducia, pero espero que vos animedes todos os que seguides o blogue, cando leve publicadas unahas cantas, abrireille unha seción propia, polo de agora estaran dentroda seción "Eles fan e fixeron Ourense".
Un dos meus millores colaboradores, Santiago Mosquera, enviame esta orixinal imaxen na praia de Panxón.
Non teño mais remedio que recoñecer que desde logo a sua nai era moi guapa.
Está feita na praia de Panxón no vrao do 38 e ten escrito no revés con letra da miña nai:
"Comida a la tropa en Panjón".

Non me decato de porqué había tanta tropa en Panxón, pois por eiquí moitos tiros non houbo, pero o caso é cas familias dos "bañistas" de Panxón decidiron darlles de xantar.
Nela aparece en primer termo a miña nai, non se pode negar que guapa, con dous caldeiros que debían conter o rancho e detrás toda a tropa sentada, e moitos deles non poden resistir a tentación de mirarlle as pernas, ou mais ben onde as costas perden o seu honesto nome.
Grazas Santiago

26/10/09

Farmacia Bouzo

Grazas a amabilidade do amigo e colaborador Alfonso Bayon Nieto, podo ensinarvos esta xoia de imaxe, que atesora unha gran parte da historia da Farmacia en Ourense.
Apelidos coma Meruendano, Fabrega, Barja, Roman, Taboada, etc. estiveron sempre ligados a botica, nesta cidade, xunto con eles non podemos esquecer os Bouzo, e os Bayón.
Pois eiqui nesta imaxe tedes reunidos eses dous apelidos, Don Constantino Bouzo, e o mais alto que tedes na porta da antiga botica da rúa Progreso, e o que esta o seu lado, e don Modesto Bayón, (o cal escomenzou a sua andadura na botica da man de Don Constantino, e despois tamen estivo relacionado ca familia Taboada, pero esa e outra entrada que espero faga alguen mais autorizado), o rapaz que esta o seu caron, e outro Bouzo, Don Alfonso, e porque non citar os auxiliares, daquelas "mancebos", a esquerda, estaba Manuel (Manolito), a dereita Luis, e a continuar Santiago.
Sei que vos vai a estrañar, ver esa fachada para esa farmacia, pero é que a primeira farmacia Bouzo, case ninguén a recorda; hoxe todos temos na cabeza, esa gran entrada coa súa antiga báscula.

25/10/09

Aguas de Villaza

Grazas á colaboración de Alfonso Bayón Nieto, (que seguiredes gozando en próximas entradas, a do luns por exemplo), puiden realizar esta entrada.
Fontenova, Sousas, Cabreiroa, son nomes que todos asociamos a augas mineiro medicinais, Villaza por desgraza a caído no esquecemento.
A finais do século XIX a firma fillos de Jacinto Becerra, coa colaboración da banca "Fuentes", lanzo internacionalmente este produto, e certamente con gran éxito; proba diso son os anuncios publicitarios que vos mostro, e moitos mais que se poden atopar nos diarios da epoca, tedes por exemplo un insertado no diario "La Vanguardia" do día 25 de febrero do 1906, na que nos dice "Especiales para el estomago y vias urinarias, facilitan la digestión, y no debilitan", o iste outro aparecido no diario "El Castellano" de Toledo, o día 30 de Marzo de 1917, no que a califica como "Reina de las de mesa".
Noutro momento e con máis imaxes intentar ampliarvos datos desta empresa ourensana, e dos seus donos.

24/10/09

Almacenes Duran

Xa apareceu unha referencia a este local, con anterioridade no blogue, daquelas tratábase dun abanico dos que se regalaban nas salas de cine, como reclamo publicitario, (moi efectivo, dado a súa utilidade nas salas que naqueles anos creo non equivocarme, ao dicir que carecían de aire acondicionado).
Hoxe trátase de ensinarvos estes tarjetones, nos que se ve perfectamente, como era o local e a súa entrada, ao mesmo tempo podemos observar os artigos que se ofrecían á clientela.
De non ser pola existencia das tendas "Telpes", e algunha mais (poucas), similares, á nosa mocidade faríaselle difícil entender como un comercio de confeccións, podería ter todas esas pezas de tea, afeitos entrar nos comercios actuais, todos de pret a porter, faise estraño comprobar que antes se movía mais o xénero sen confeccionar que o confeccionado, de acordo que era máis incomodo, e laborioso, pero tiña o seu encanto.
A postal, aínda que me chegou por medio dun intermediario, pertence á propia familia Duran, aos que agradezo o seu préstamo, no cal van incluídas mais fotografas que vos irei mostrando.
Pra os despistados, recordolles que a Rúa do Paseo, nunha epoca chamouse, un tramo Jose Antonio, e outro Calvo Sotelo.

23/10/09

A Rúa Pereira (Avda. de Pontevedra)

A rúa Pereira, hoxe avenida de Pontevedra, non sempre presento o aspecto con que hoxe coñecémola, aínda que a escaseza de imaxes dela na que non estivese feito o edificio de Alfredo Romero, (por certo creo que xa vos comentei nalgunha ocasión, que naceu con vocación de hotel de luxo, aínda que finalmente dedicouse ao comercio, e hoxe niso continua, aínda que tamén acolle a unha residencia da fundación San Rosendo na súa parte alta), fainos ter unha imaxe fixa dela.
Fai uns días ensínevos o local que ocupaba o número 2 da rúa, a reloxería de Don Otto Bodmer, "La Suíza", pois ben hoxe podedes ver que no final da rúa, na esquina dos xardíns, existía unha mercería, co cal xa só fáltanos descubrir que había nos portais intermedios (se é que os había).
Tamén temos constancia dunha fonte nese recuncho que se facia ca alameda, pero non teño imaxes, o mais parecido e un debuxo que vos ensinarei en proximos días.
Na beirarrúa de en fronte, sabemos que no nº 5 estaba o sanatorio de Pol Piñeiro, e despois estiveron os Maristas, pola imaxe, non sacamos moitas máis conclusións, xa que o cartel que se ve onde estivo Plus ultra, só deixa claro o apelido Sueiro, non sei si era colexio, ou outro tipo de negocio, no piso de arriba (2º), creo non equivocarme ao dicir que estaba un dentista, e ainda que non sae na foto, no numero 1 coido que estaba a sastreria de don Camilo Pardo "La Equidad".

22/10/09

Ano 49 os de cuarto do Instituto

Como me gusta o antigo, hei de ser coherente, e por iso admito que a autoridade censúreme, esta entrada tiña outro texto, no cal facía un comentario sobre o programa da escola do 1963, o light "San Severo".
Realmente, teño que recoñecer, que unha entrada dun blogue, ao ter que ser breve, non é foro para tocar un tema con tantos matices.
Só comentarvos entón, que estes raparigos que vedes nas fotografías, estou seguro de que non padeceron nin padecen traumas por ir a clases vestidos de traxe e gravata, que tampouco se viron marcados na súa personalidade por estar un intre de face á parede, e desde logo, estou convencido de que aos dezasete anos, non cometían erros na táboa de multiplicar, nin escribían vasco con B.
E para terminar, se levaban, unha notiña do profesor por un mal comportamento, teño o pleno convencemento, de que en casa non eran premiados.

Nas fotografías estan os rapaces de cuarto, e tamen outros de menos idade, daquelas ver unha maquina de fotos e querer chupar camara era todo un.

21/10/09

A rúa Curros Enriquez

A calidade da imaxen, non da pra mais, pero o pouco que se ve penso que e interesante.
A fotografia corresponde o ano 1954, e foi feita por Bouzo, daquelas "Autos Santa Rita", ainda non lucia os Ferrari nin Porsche que se ven hoxe nesa esquina, mais que nada porque o que ahí habia era un taller de reparación, e nunha epoca, se non me trabuco, as oficiñas provisionais da Union Cristalera, que xa apareceron nunha imaxen da batalla de Flores, dixome un amigo que na traseira da mazá do lado , a do cine Avenida, habia un campo pechado, onde os rapaces xogaban o fútbol, partidos que remataban trinta - trinta e tres, (ou moi bos eran os dianteiros, ou si non xogaban sen porteiro, non polo que me dín, o partido arrancaba as tres, e remataba as oito, eso si que era forma fisica!!!).
O lado do Goberno Civil, ainda estaban a facer o pan, na Cooperativa Civico Militar, xa que a torre ainda se ia facer esperar.

Breve historia dos Maristas Ourense 0

Antes do verán, algún de vós preguntoume onde se podería conseguir o libro que con motivo do centenario da presenza Marista en Ourense publicou o ano pasado a editorial Edelvives. Loxicamente remitinos á dirección do centro, onde se, que de haber exemplares, con gusto daranllos.
Parece ser que a algún lles pilla un pouco lonxe o colexio, (sen citar nomes), direivos que os antigos alumnos, andan distribuídos por toda España, ao meu mail chegaron peticións de Madrid, Barcelona, Canarias, etc., e algún un pouco máis lonxe, (E.E.U.U. por exemplo).
Debido a iso, e mentres non vos facedes con el, intentarei en varias entradas, mostrarvos un pequeno resumo, do traballo do irmán José Diego Nicolás das Heras, e de Dona Ana Martin Tolivia.
Algunha fotografía estará xa repetida no blogue, pero por seguir o fío da historia, publicareinas, (a modo de recompensa), incluirei algunha mais, das que ten o Arquivo fotográfico de Maristas, e non foron publicadas.
Espero que vos guste.

"CIEN AÑOS ENSEÑANDO A CRECER"


Irmans que formaron a primeira comunidade ourensá, posiblemente cos Irmáns Richard y Bertuald, (ano 1908)

Os Irmáns Richard y Bertuald de Pontós Xirona, (procedían da casa de Aubenas Francia) deron o salto ata o occidente español, pondo en marcha a casa de Lugo, o 1 de Setembro do ano 1907.

Os poucos pensaron en Ourense, como a seguinte casa Marista, e o ver a acollida que lle dispensaba o Bispo Illundain, puseron en marcha o proxecto.

En Ourense o ano 1908 (entre os meses de Febreiro e Marzo) instálanse de aluguer no primeriro piso do nº 12 da rúa San Miguel. (no baixo esta hoxe o Restaurante San Miguel), os primeiros irmáns Maristas, Joseph-Amarin (director), Ernest-Paul (subdirector), Jean Photius (cociñeiro), Bernardom Sylvianus, Cyrille, De Néry (que seria sustituido no Nadal polo irmán Marie-Fortune).

Na web do colexio www.maristasourense.com podedes ver moitas destas imaxes, e algunha mais.

20/10/09

El Cortijo

Cando me deixaron esta fotografía, só fáltoume chorar, e é que non sei vós que recordos tedes deste local, pero os meus asegúrovos que son moi doces.
Pido desculpas aos seus propietarios, e aos que esperabades datos do edificio, pero hoxe non toca (non sei quen dicía iso).
A imaxe corresponde a unha época, na que eu só entraba e saía do local, desde o cristal da barra-neveira, pedía o meu "soft" (como anos despois souben que se chamaba), aínda que a frase real, era: "deáme un de nata da maquina", iso, acompañado do importe, e eiquí viña o problema, cando a economía era precaria, cousa moi habitual, tiñas que conformarche cun de 10 ó 15, e neses, o cucurucho era de "palla", ahhhh!!!, pero cando tiñas cinco pesos e pedias o de 25 co seu barquillo, iso era un autentico pracer, aínda que tamén é certo que no momento que o xentil camareiro, (amigos en certas épocas), entregábache ese prezado artigo, comezaba unha carreira contra o tempo (sempre perdida), para que non acabase "escurruchando", (goteando) o prezado xeado no pantalón.
Anos despois, cando logo de duras batallas entre o Concello e os comerciantes da zona peonalizouse a rúa, descubrín a terraza; e con ela outros pequenos ou grandes praceres, segundo o día. Non sei se todos compartiredes comigo o gusto polos xeados, pero para os que non o coñecestes, direivos que tiñan unha copa especial, chamada "Copa Galicia", (nada que ver coas que organiza a Xunta), nove bólas de xeado ao gusto, regadas con nata e siropes varios, e por iso da dieta saudable, adornada con froitas variadas. Agora que o penso, aínda que eu nunca lle notei cheiro algún, debía emanar algún tipo de efluvio atrayente porque era deixala o bo do "Pereira" enriba da mesa, e a non tardar aparecer pola rúa do Paseo algún parente ou amigo sen présa, disposto a reclamar unha culleriña de apoio, e botarme unha man en aras do coidado da miña saúde, e o meu tipito.
Outro día seguirei, que agora mesmo teño que facer un recado cerca do parque do San Lazaro urxentemente.
Sempre nos quedara o Fri-flan da Ibense.

19/10/09

Buscando datos dos seus devanceiros

La semana pasada, os presente a Don Felisindo Romero Peláez, de quien su nieta Carmiña Romero está buscando datos desde Costa Rica.
Gracias a vuestra ayuda, aunque sin confirmación fidedigna, intentaremos seguir avanzando.
Hoy os voy a dar dos datos que me han remitido, y necesitan de confirmación:
Por los apellidos, fechas y ubicación, Don José Romero Romero, padre de Don Felisindo, podría perfectamente ser hermano, o pariente al menos de Don Daniel Romero Romero, socio fundador de la desaparecida Banca Romero (de Don Pedro Romero Muelas), de Ourense, de ser así habrá que intentar buscar datos en Puebla de Sanabria, Zamora de donde era originario Don Pedro.
Por otra parte, me comentan que el apellido Peláez, de mas escasa difusión, está y/o estuvo relacionado con el apellido Coleman, (un mail de última hora, me comenta también la posibilidad de la relación del apellido Peláez en Xinzo, con el de Bobillo).

Sería necesario que alguien tirara del hilo en la otra rama, la de los Alonso del Pino, de los cuales no tenemos realmente ningún dato de su procedencia. Por si sirve de ayuda, Carmiña nos da los datos que ella tiene, lógicamente posteriores a los que buscamos, pero por si ayudan en algo, os los trasmito.
PRIMERA GENERACIÓN
-Felisindo Romero Peláez y su esposa Carmen Alonso del Pino, esposos, emigran a Costa Rica.
Con ambos emigraron también sus respectivos hermanos Manuel Romero Peláez y José Alonso del Pino (tíos abuelos míos)
SEGUNDA GENERACIÓN
Vinieron con sus tres hijas mayores, éstas nacidas en España de nombres;
Maruja-María del Carmen y María del Pilar
En Costa Rica tuvieron a:
Guillermo Serafín-María de los Ángeles-Félix-Enrique y María de la Luz.

La fotografía que ilustra esta entrada, es una muestra de agradecimiento de Carmiña, y se trata posiblemente de una de las fotografías del viaje que llevo a Don Felisindo hacia las tierras de Costa Rica.
La entrada es en castellano por deferencia a Carmiña y sus familiares en Costa Rica, que aunque lo intentan, le resulta dificil leer en Gallego.

18/10/09

Dende o Hotel Barcelona

Nos anos 50 e antes, xa existia eso da movilidade xeografica, referente o traballo; proba delo son estas fotografías feitas neses anos polo zaragozano tristemente falecido Don Jose Simón Simón, pai do doutor Don David Simón Lorda.

Don José recalou por primeira vez na cidade o ano 55, pra traballar como enxeñeiro técnico de obras públicas na Empresa Cachafeiro e logo para o Estado central/autonómico, durante unha desas estancias, fixo estas fotografías, que hoxe podemos disfrutar todos.

Comentame o seu fillo David: "as fotos son probablemente de 1957-8 e están feitas desde a fiestras do Hotel Barcelona, lugar onde se aloxou nos seus inicios e idas e vindas a Ourense".

Doulle as grazas o doutor Simón, por cederme estes recordos do seu pai.

17/10/09

Avance de la Provincia de Orense 1923-1929

O meu mais sincero agradecemento a Don Amador Rego Villar-Amor, por prestarme este libro
Se algo se converteu en rito, neste país, (o marxe dos apupos ao Presidente), iso é o esplendor e boato que se dá ás inauguracións de estradas, hospitais, escolas e demais obras que "debemos" aos políticos; non é a miña intención criticar eses actos, nada máis lonxe da miña intención; é licito intentar divulgar os teus feitos, a fin de conseguir o recoñecemento, no caso actual, o tan desexado voto.
En diversas ocasións, faleivos de datos, ou mostrado material grafico, procedente de publicacións oficiais, do réxime Franquista, "Veinte años de paz en el movimiento nacional" - La Industrial Orense 1959, ou o libro "Orense" pertencente á serie España en paz, Publicaciones españolas 1964.
Vén isto a conto, pola obra que quero presentarvos hoxe, (o de presentarvos é un dicir, falamos dun exemplar editado en 1929 Imprenta La Popular), posiblemente a fonte de inspiración dos exemplares e inauguracións mencionadas.
Avance de la Provincia de Orense 1923-1929.
O libro foi realizado coa colaboración de todas as autoridades provinciais, do período recolleito, a fin de dar constancia de todas as melloras conseguidas durante a ditadura do Xeneral Miguel Primo de Rivera.
É dende logo unha magnifica fonte de información, que nos permite achegarnos á situación da Provincia neses anos, é fiel en canto ás melloras, tanto as realizadas, como as proxectadas, (ainda que nalguns casos non chegaran a termino, ou se fixeran con sensibles modificacions), e se seica se fai necesario reprocharlle aos autores, a escasísima referencia que se fai aos problemas que aburaban (e aburan, porque a maioría mantéñense vixentes) á provincia.
Descoñezo se se realizaron publicacións desta índole noutras provincias españolas, é de supor que si.

16/10/09

Atenas de Galicia

Xunto á fotografía, un dos temas que máis me atraen de épocas pasadas, é a educación.
Ourense por fortuna gozou de grandes "mestres", (Otero Pedrayo, Marcelo Macías, Irmáns Villar, Irmáns Xesta, Ferrín, Zorelle, e tantos outros cuxa mención faría moi longa a entrada); por iso nunha serie de entradas intentarei achegarvos un breve resumo da historia educativa da cidade, incluíndo nalgún caso á provincia, espero recibir a vosa colaboración, e a vosa comprensión (en caso de cometer algún erro).
Aínda que nas seguintes entradas, procurarei manter unha orde cronolóxica, pensei que pra esta entrada introductoria, gustaríavos ler este pequeno parrafo, do Boletín da Comisión Provincial, que nos ilustra sobre os motivos que orixinaron a fundación do soado colexio de Monterey, polo Ilmo. Sr. D. Francisco Manrique de Lara, Bispo de Ourense, e o Excmo. Sr. D. Alonso de Fonseca e Azebedo conde de Monterey.
Dende logo se esas afirmacions eran certas, o traballo de desasnar os nosos antepasados, foi unha Magna Obra.

15/10/09

Estampas de Galicia

O autor desta obra, será o próximo en figurar na "pequena historia fotografica ourensana" pola súa orde cronolóxica (pode que vos sorprenda a algún, pero así e, de feito formouse en Ourense coma fotografo), pero hoxe non recala no blogue por haber traballado en Ourense, se non por esta obra que realizo nos anos 30.
Don Luís Ksado, foi un dos fotógrafos de referencia en Galicia, (Ferrer na Coruña, José Pacheco en Ourense, Jaime Pacheco en Vigo, etc.), estableceuse en Santiago no 1915, e en pouco tempo os seus traballos eran os máis solicitados.
Unha das formas de mostrar o seu traballo, foi a publicación de Álbums fotográficos, dos cales teño constancia de dúas, "Estampas Compostelanas" (1930), que debeu de ser o primeiro, e este que hoxe vos mostro, "Estampas de Galicia".
Trátase dunha colección de aproximadamente 400 imaxes, distribuídas en 40 series, nas que persoalmente intentou recoller a esencia dos lugares e as xentes de Galicia deses anos penso que os trinta, mais non podo darvos unha fecha concreta.
Desgraciadamente, non posúo todos os "cromos" relativos a Ourense, series da 31 á 40, pero en varias entradas mostrareivos os poucos que teño (se alguen tenos e mos deixa, agradeceriallo).
Para abrir boca aquí déixovos unha praza típica de Celanova, Serie 33 nº6..

14/10/09

O edificio Simeón e o Padre Feijóo


Fotografías da estatua e xardinillos do Padre Feijóo, non é difícil de atopalas, agora ben que nelas salga o edificio anterior ao de Simeón García, xa non é algo tan sinxelo.
Descoñezo os datos deste edificio, aínda que vendo as imaxes percíbese que era de boas dimensións, probablemente apoiásese no seu lateral unha das portas da cidade, a que daba acceso á rúa de "Rapagatos (segundo dí Don Álvaro das Casas no seu libro "Dos días en Orense), "Pixotaria" polos meus datos e hoxe "San Miguel".
O edificio que o substitúo, data o proxecto do ano 1894, obra do arquitecto Serra y Pujols, (no seu corpo principal), e a obra rematouse segundo reza na súa fachada, en 1897, posteriormente fíxoselle unha ampliación, cara á rúa Progreso, obra do arquitecto Vázquez- Gulías.

Se queredes datos da estatua, visitade o enlace á web http://www.canedo.eu/, que aquí vos deixo.

13/10/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana X "Jaime Pacheco" 1892-1899

Chego a Ourense sendo moi novo, creo que 15 anos ou poida que menos, aprox. (ano 1892) non sei as causas, pero logo de estar de aprendiz co seu irmán, (poida que ese fose o problema, (o seu irmán tíñao só como aprendiz), en 1899 como me dixeron o outro día e eu non sabía aos 21 anos asóciase con J. Gil, competencia directa do seu irmán, e co cal nuns anos creo que 1904, decídese a trasladarse a Vigo, onde José Gil alcanza fama, e Jaime non lle vai á zaga, converténdose no fotógrafo de referencia da cidade de Vigo co paso do tempo, en 1907 asóciase a Candida Otero viúva de Prósperi, estudo de certo renome, e en 1915 convértese no único propietario de "Fotografía Pacheco", (aparte das súas propias fotografías, e de toda a súa saga, sobriños e fillos, forman parte do seu arquivo as fotografías que desde 1871, fixera don Felipe Prósperi).

Dos fotografos de principios do século, as datas son aproximadas, co cal o orden non e definitivo

12/10/09

Don Felisindo Romero Peláez

Esta entrada es de las que más placer me produce, escribir; nunca pensé que este blog, fuera algo más que un mero entretenimiento para mí y mis queridos lectores, y de paso colaborar a que no se olviden imágenes y nombres que forman parte de nuestra historia.
Hace unos días recibí este mail, que reproduzco en parte.
"Buenos días
Soy nieta e hija de emigrantes gallegos, le escribo desde San José Costa Rica. Mi nombre es Carmiña Romero.
Mi familia emigró a América a principios del siglo XX, y tanto mis abuelos como mis padres y mis tíos han fallecido ya.Ya no nos queda ningún vínculo con España, solo lo que nos contaron nuestros mayores, y alguna que otra foto. De los parientes que puedan haber quedado no sabemos nada.
Entre una de mis posesiones más queridas, tengo una fotografía de mi abuelo Felisindo Romero Peláez Romero Peláez……"


En muchos de los mails que recibo, se me pide ayuda en forma de fotografías, y siempre que me resulta posible, intento complacer la petición, en este caso es más complicado, pero por intentarlo no se pierde nada.
Le pedí a Carmiña más datos, y al día siguiente me los facilito, junto con esta preciosa fotografía de su abuelo, (el estado de conservación de esta, pone de manifiesto el cariño con que se ha guardado).
Aquí os los dejo, esperando que entre todos seamos capaces de ayudar a Carmiña a recomponer la historia de su familia.
-Felisindo Romero Peláez: nació el 25 de octubre de 1870 en Xinzo de Limia, hijo legítimo y de legítimo matrimonio de José Romero Romero y Teresa Peláez Peláez. Así figura en el Libro V de bautizados folio 17vt., en la Parroquia de Santa Mariña de Limia.
Los padres de Felisindo eran por su cuenta cada uno hijos de primos hermanos (por eso los apellidos dos veces) y luego estos al casarse tienen su descendencia con los apellidos intercalados, por lo que tenían doble consanguineidad, muy común en pueblos chicos.
Su esposa y sus hijos no figuran en esta parroquia, por tanto suponemos se debió casar e ir a vivir en el pueblo de su esposa, donde bautizarían a sus hijas.
Felisindo emigró a Costa Rica a principios del siglo XX, probablemente en 1906
Carmen Alonso del Pino: hija de Serafín Alonso y Juanita del Pino.
Sé que ella era gallega, pues no hablaba español bien.

Tengo algún dato más de otros familiares, pero es necesario reordenarlos, por lo cual os los daré en otra entrada, aparte de que creo que es mejor ir por orden, y estos datos son los de más antigüedad.

entrada en castellano, por deferencia a Doña Carmiña.

11/10/09

Cronica de la Provincia de Orense

Tamen facia tempo que non visitaba o blogue unha publicación das que falan de Ourense.
Presentovos hoxe este exemplar, da "Cronica de la Provincia de Orense" de Don Fernando Fulgosio (Ed. Rubio y Compañia Madrid 1866).
Forma parte dunha colección chamada "Cronica general de España", naqueles momentos, supuxo un gran esforzo editorial, pero conseguiu o obxetivo, facer un pequeno pero interesante resume das provincias españolas.
A editorial Maxtor, reeditouno o ano 2002, co cal en versión facsimil, podedelo atopar facilmente.

10/10/09

Semanario "La Republica" Ourense 1902

Facia tempo que non traia o blogue prensa ourensá, pra "emmendallo", eiqui tedes a cabecera do Semanario La Republica, da sua primeira epoca, naceu o ano 1902, baixo a dirección de don Julio Carballo Enriquez, como podedes leer vos mismos.
No 1919, a dirección estaba nas mans de Don Eduardo Barriobero, e contaba xa ca colaboración de Don Jacinto de Santiago, que foi o refundador na ultima etapa (1930).
Con Don Jacinto de Santiago, compartian artigos xente como Blanco Torres, e Alfonso Pazos.
Pra facer un estudo mais detallado deste semanario, recomendovos que leades o libro De Marcos Valcarcel "A prensa en Ourense en a sua provincia" 1987
13-10-09
O amigo Carrión, remiteme esta información pra complementar a entrada, penso que seria millor que aportara algunha fotografía, e facerlle unha entrada especifica a cada un dos persoeiros, pero de momento deixaremolo así.
Roberto Blanco Torres (Cuntis, 18.3.1891-Entrimo, 3.10.1936).
Xornalista e poeta.
A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas de 1999.
O Golpe de Estado fascista sorprendeuno na aldea de Amido (A Peroxa) na casa dun parente da muller, onde foi detido e levado ao cárcere de Ourense e logo ao mosteiro de Celanova.
Na madrugada do 2 de outubro é sacado de alí por un grupo de falanxistas para “claudialo” na Corga da Videira, Galez (Entrimo).
Xunto a el apareceron tamén os corpos de Eulogio Vázquez Gómez (presidente da Escola Laica) e José Villamarín Iglesias “Rizal”, escribinte.
Jacinto Santiago García (Arzádegos-Vilardevós, 11.6.1984-Celanova, 1.11.1936).
Mestre e xornalista.
O 7 de agosto de 1936 foi detido en Ourense e levado a Celanova.
Se a barbarie dos traidores que se alzaron contra a República é de todos sabida, coido que con Jacinto Santiago chegaron ao máximo inimaxinable: Jacinto foi sacado do mosteiro de Celanova para ser levado, presuntamente, á prisión de O Barco de Valdeorras xunto a outras persoas.
Un ataque ao corazón quitoulle a vida antes de chegar a Ourense.
Cando o quixeron sacar do coche, o falanxista responsable da mortal comitiva dixo que tiña orde de pegarlle un tiro a todos e que el non ía ser unha excepción.
Cando chegaron a Arca Aberta-Vilariño Frío (Montederramo) asasinaron a tiros ao mestre Eligio Núñez Muñoz; ao presidente de IR de Ourense Fructuoso Manrique Martín e ao alcalde do Carballiño Aquilino Sánchez Rodríguez… e pegáronlle outro a Jacinto.
Coido que sobran máis palabras!
Sinalar finalmente que dende hai uns anos os actos organizados pola asociación Amigos da República están presididos por unha histórica e fermosa bandeira tricolor que presta o seu propietario Xoán García Santiago, bandeira que penduraba na solaina da casa do seu tío Jacinto Santiago en Vilardevós os días de festa –ao igual que sucede na actualidade-.

9/10/09

De novo o San Lazaro

Non pasou ainda tempo pra que esquecerades a fotografía anterior que vos mostrei deste rincon, mais que coñecido da cidade.
Resulta que da outra vez eu o que queria era que vísedes a Ermida do San Lazaro, e recibín algunha queixa, de que era o que menos se via, certo e que as veces os árbores non deixan ver o bosque, e nete caso non deixaban ver ben a ermida.
Tal e como podedes observar, falei ca xente do Concello, e asunto arranxado, quitamos os árbores e xa esta.
Non pensedes cousas raras, que e broma, esta fotografía que non atopaba, fixose antes de que se plantaran os árbores, e sirveme pra que vexades tamen o que habia no oco dos Franciscanos, non cadra que fora xa a igresia dos Franciscanos, pero parecer paréceo.
Agardo comentarios de esto último.

8/10/09

Solidaridad

Esta entrada posiblemente no sea lo que esperabais encontrar al visitar mi blog, pero considero que os puede gustar, y espero que todos compartais al menos el concepto, del que trata.
Dos compañeros de la blogosfera,

han tenido una magnífica idea: “promocionar el conocimiento de la solidaridad”, y como considero que es un valor en decadencia, quiero aportar mi granito de arena.
No esperéis encontrar un artículo de calidad literaria, simplemente, es un recuerdo.


Solidaridad, honestidad, respeto, esfuerzo, compromiso y unos cuantos más de los que se entiende, son los valores que permiten la convivencia, cada día se ven mas desplazados por el peor enemigo de la humanidad, “el egoísmo”.

Del enemigo no os voy a hablar, ya lo conocemos muy bien. Lo que quiero, es recordaros una anécdota que se convirtió en marca de identidad del gran y entrañable Charlie Rivel.

En una actuación entraba Charlie con su habitual maquillaje a la pista, cuando desconsolada y escandalosamente un pequeñín comenzó a llorar.
Lógicamente el llanto impedía a Charlie comenzar su espectáculo, por lo cual se acercó al pequeño pero eso no hizo más que empeorar el problema. La evidente cercanía aumentó el miedo del niño.
Charlie regresó al centro de la pista, y tras un breve instante de reflexión, comenzó a emitir su famoso aullido con sorpresa de todos los asistentes. De forma casi inmediata, el pequeño cesó de llorar. Charlie lentamente se fue acercando envuelto en sus llantos, y al llegar cerca del pequeño, este le observó y de forma inesperada, ofreció su chupete a Charlie.
(Ese chupete hoy se guarda en el museo Rivel de Cubelles)”

A los que conocíais la anécdota os pido disculpas, y a los que no, espero que os haya gustado.
Creo que es la mejor forma de explicar que la solidaridad es algo innato en el ser humano, somos capaces de anteponer la necesidad de los demás a la nuestra. El problema es que en vez de cultivarla, solemos dejar que se marchite.

* Si queréis saber mas de la anécdota visitad estos enlaces.
http://es.wikipedia.org/wiki/Charlie_Rivel

7/10/09

A Catedral de Ourense

Envíame o amigo Santiago Mosquera, unhas fotografías, que atopou na Web do ateneo de Madrid ( http://www.ateneodemadrid.com/ ).
Trátase de varios negativos de cristal que conservan dixitalizados no seu arquivo virtual, polo cal estan do reves (podedelas virar vos se as queredes ver mais reais).
A que me chama a atención, é a que mostra o altar diante do Pórtico do Paraíso; gustaríame achegar máis datos, sobre esta estrutura, cando estivo nese lugar, uso que se lle daba, se é posible quen encargo a súa construción, quen levaron a cabo o traballo, cando se decidiu retirala, en fin, aínda que me gustaría, non vai poder ser, no seu lugar propóñovos que vos poñades ao choio, e intentedes enviarmos vós.
Eu intentarei dar resposta a esas preguntas, pero o habelo intentado, fíxome repasar libros e datos deste fantástico monumento, e creo que vos vai a gustar repasar a súa historia.
Como punto de partida aquí tedes os datos que facilita o obispado de Ourense: http://www.obispadodeourense.com/catedral/catedral1.html
Pero se queredes profundar no tema, debedes intentar botarlle unha ollada a estes libros.
CATÁLOGO DO ARQUIVO DE MÚSICA DA CATEDRAL DE OURENSE (GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER)
A Catedral DE OURENSE (GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL)
A CATEDRAL DE OURENSE (LIMIA GARDON, FRANCISCO JAVIER)
CATALOGO DOS DOCUMENTOS PRIVADOS EN PERGAMIÑO DO ARQUIVO "DA CATEDRAL DE ORENSE (888-1554)" (DURO PENA, EMILIO)
DOCUMENTOS DÁ CATEDRAL DE OURENSE (DURO PENA, EMILIO)
Espero os vosos mails, a ver se antes de terminar o mes temos algo avanzado.

6/10/09

O carrito do Mangana

Fai uns días, estaba agardando a un amigo, preto dunha das paradas do autobús que temos na cidade, e de raspallón escoite esta conversación, que vou a transcribir; os personaxes eran: un señor que debía pasar con fartura os setenta anos e unha señora que non chegaba aos cincuenta, o señor chega á parada onde xa estaba a señora, e saúdaa:
"Vaia nena perdiches o carrito?"
A señora mira con rapidez ao seu lado, e vendo que o seu carro da compra segue alí, respóndelle
"Non, Don Manuel, téñoo aquí"
A conversación non se porque rematou aí, durante o breve momento en que eu estiven cerca, non volveron falar.
Ao cabo dunhas horas, volveu á miña cabeza aquela escena, e non entendín porque ningun deles intento sacar ao outro do erro, supoño que a gran maioría polo menos, recordaredes que "Carriño" ou "Carrito", era como se lle chamaba antigamente ao autobús, (e non falo do século XVIII), polo cal, o cabaleiro referíase a ese carriño con seguridade, a dama con todo pensou que se referían ao seu carro da compra.
O señor, Don Manuel, teño a sensación de que se sentiu a contragusto, ou ben porque se creu incomprendido, ou talvez sentísese maior por usar un termo case esquecido.
O que sinto é non haberlle dito a Don Manuel que polo menos alguén o entendeu.
Aquí déixovos unha fotografía do "CARRITO" do Mangana.
Era dos máis rápidos, en 1920 tiña a súa media de velocidade: Ourense - Verín en seis horas e Ourense - Celanova en cinco.

5/10/09

Pequena Historia Fotografíca Ourensana IX "Foto Chao (Ribadavia)l" 1900?

Con calma, pero intentarei completar a historia dos fotógrafos ourensáns, mellor dito que traballaron en Ourense, incluíndo aos que tiñan os seus estudos fóra da cidade; Chao (Ribadavia), Godas (Carballiño), Álvarez (Celanova), Campinas, Barrio, Branco etc.
Hoxe grazas á amabilidade de Matilde Chao, (aproveito para recomendarvos que visitedes o seu blogue "Fotos del cajón de los recuerdos", vaivos a gustar).
, temos a visita do Estudo Chao de Ribadavia. (Hoxe fai a súa presentación, e en próximas entradas, iremos presentando ao resto da Saga Chao)

Fotografía feita por Don Serafín Rodríguez Rodríguez.
O nacemento deste estudo fotográfico, prodúcese en Ribadavia, aproximadamente no fin do Século XIX, (1899- 1900?), o cal converte a este estudo, nuns dos primeiros, (posiblemente entre os dez primeiros), que se estableceron na provincia, o seu fundador foi Don Serafín Rodríguez Rodríguez, e posiblemente como a gran maioría dos fotógrafos da época, fóra autodidacta.
Sabese pouca cousa do traballo de Don Serafín, artista que por desgraza tivo pouco tempo para desenrolar a súa profesión, naceu o ano 1883 en Ribadavia e debeu abrir o estudo sendo ainda moi noviño, dado que faleceu os 24 anos e consta que o estudo funcionou durante uns cantos aniños.
Do traballo de don Serafín son escasas as obras que se conservan, a que podedes ver na parte superior e a única que eu coñezo, e seica no museo Etnoloxico de Ribadavia conservan alo menos outras dúas.
(Se podo ampliar nalgún momento datos, non dubidedes que o farei).

Ao falecer Don Serafín no ano 1907, o estudo pasa por herdanza á súa irmá Asunción, casada con Don Luís Chao Sobrino; a falta de coñecemento da técnica fotografica fai pensar nun primeiro momento ao matrimonio en vendelo, pero finalmente Don Luís decide intentar adquirir a formación necesaria, e continuar coa empresa; para iso trasládase a Ourense (onde non puiden saber quen foi o seu mestre, aínda que existían poucas opcións), pero polos datos que teño, Don Luís non quedo plenamente satisfeito, tendo que terminar de formarse pola súa conta.
O espírito emprendedor deste cabaleiro, non lle permitía arredrarse ante as dificultades, (chego a xestionar á vez, unha xoiería, o estudo fotográfico, unha mercería, unha fábrica de confección de roupa, e unha fábrica de cadaleitos), e con esforzo, conseguiu dominar a técnica fotografica.
Especializouse na fotografía de estudo, e aos poucos foi formando aos seus fillos para que puidesen continuar os seus negocios; pero iso será outra historia.
Actualmente consérvase gran parte da súa obra, depositada no museo Etnológico de Ribadavia, xunto co resto da colección de Foto Chao, pero non é difícil atopar obras súas na maioría das casas de Ribadavia, e toda a súa contorna.