O fío da entrada anterior, cando se estaba reinaugurando a placa en honra de Dona Filomena, escoite algún comentario sobre como cambiara esta rúa nos últimos anos.
Se por últimos anos, entendemos os 30 últimos, haberá que darlle a razón a quen o afirmaba. Sinto non atopar unha fotografía anterior, a esta, pero creo que xa se pode observar ese cambio na estética da rúa, a casa de dona Filomena, (realmente unha das que a acolleron en vida, xa que habito varias na cidade), xa caera, e no seu lugar (sen comentarios..), enfronte dela caeu tamén unha pequena casiña que moitos recordaredes porque no seu baixo estaba unha das tendas de comestibles, e de todo un pouco, que se utilizaban como remedio de última hora, (de feito nesa rúa na casa da esquina do parque á beira da farmacia, estaba outra delas que chamabamos "O Corte Íngles" pola súa gran variedade), tamén estivo aí, ata fai ben pouco a Xoiería "Eligio Rodríguez", a continuación recordo un solar baleiro moitos anos, que por mor da construción das galerías Viacambre, (previa caída do "Chalé Losada"), converteuse en zona de paso.
O seguinte que vedes na imaxe, é o balcón da casa dos Malingre (que finalmente tamén caeu, e xunto co solar pasadizo anterior, deu paso á parte superior das Viacambre.
En primeiro plano podedes ver negocios desaparecidos, "Radio Pérez", (que posiblemente sexa protagonista dunha entrada posterior), Calzados Mallorca, Babarro, Campos etc.
Pois si, algo mudou a rúa.
A fotografía corresponde os anos 70
No hay comentarios:
Publicar un comentario