O anuncio é do ano 1931, daquelas era moi habitual para montar un negocio, requirir a colaboración dun ebanista, en moitos casos auténticos artistas, rebuscar no blogue as fotos do Banco da Coruña, ou máis sinxelo, achegarvos a tomar algo (se me chamades déixovos que me invitedes), ao Latino, ou ao Real, eses dous locais, e posiblemente algún máis que agora non recordo, manteñen o estilo doutros tempos.
Modificado*
Sinceramente teño que recoñecer, que se está convertendo nun pracer realizar as entradas.
Un grupo dos meus lectores, entre os que quero citar (sen desmerecer a ningún, pero estes, son os que sempre que pido colaboración, antes de terminar o día xa teño un mail), a Don L. Mazaira, Don S. Mosquera, Don X.L. Carrión, Don E. Ferro, e Don R. Branco, que me están prestando fotografías, e nalgún caso ata me facilitan os comentarios.
Esta ampliación da entrada, é froito da dilixencia dun destes cabaleiros, ao cal non cito, porque cando publico documentos de calquera tipo, prefiro non identificar ás persoas, a non ser que se me pida de forma expresa.
Remítenme esta factura, (que eu pagaría gustoso hoxe en día), dun despacho profesional que acondicionou precisamente a Casa Rodríguez, obxecto desta entrada, e con ela, recórdanme que esta casa tamén realizou o espectacular traballo de ebanistería da Farmacia Cobián, (Fábrega, no Paseo).
"Ambolosdous" , traballos, estan como o primeiro día a Farmacia podese ver, e o despacho, polo que me dín.
Eu penso que e posible que hoxe ainda estean mellor que o primeiro día, a madeira e o que ten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario