Comezan as festas maiores da cidade, e aproveitando este agasallo  que nos fai Don Santiago Mosquera, quero recordarvos a afección que existía na  cidade á festa taurina.
Facer que soen os clarins e as trompetas, (facendo  clic no play do recuadro inferior), e ao ritmo da música gozade destas imaxes.
Durante moitos anos, Ourense gozo dunha gran afección aos touros; nos seus  inicios era o Gremio de carniceiros, os da rúa dos Brancos, (comezo de  Hernán Cortes), os que puñan a disposición do Concello, ao animal que se  "mareaba", na Praza Maior, pero co paso do tempo, tiveron que ser os  afeccionados, os que organizasen a festa, iso si co apoio do Concello, foi a  época da praza móbil, que termino instalándose na Avda. de Zamora de xeito habitual, xa vos comentei nalgunha ocasión, que houbo un proxecto de construír unha  praza fixa, detrás da Igrexa de San Pio X, eran os anos en que o Sr. Penín  esforzábase en que se levasen a cabo os festexos.











No hay comentarios:
Publicar un comentario