
Os Irmáns Maristas como xa coñecedes, chegaron a Ourense no ano 1908, o que poucos sabedes, é que no ano 1917, por legado testamentario de Don José María Martínez Vázquez, creouse unha fundación en Ribadavia, e para colaborar nela demandouse axuda aos irmáns Maristas, que nese ano, accedendo á petición, abriron o colexio Marista "San José" de Ribadavia.
O lugar elixido para o colexio, foi o Pazo dos Baamonde, actual sede do Museo Etnolóxico de Ribadavia, (na fotografía que vos mostro, aparece o engadido que no seu día os irmáns tiveron que facer para dar cabida aos alumnos, hoxe en día desapareceu, porque certamente modificaba excesivamente a estética do edificio).


A estancia dos Irmáns en Ribadavia alongouse ata o ano 1931, e ainda que fou tan breve, deixou unha forte pegada, de feito moitos dos ex- alumnos formaron una asociación que funciona a día de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario