Aínda que Ribadavia non asomará de forma habitual neste blogue, (xa sabedes que o amigo Xullo Freijido ten un esplendido blogue con esa temática http://maquians.blogspot.com/ ), neste caso e tratándose dos Irmáns Maristas, farei unha excepción.
Os Irmáns Maristas como xa coñecedes, chegaron a Ourense no ano 1908, o que poucos sabedes, é que no ano 1917, por legado testamentario de Don José María Martínez Vázquez, creouse unha fundación en Ribadavia, e para colaborar nela demandouse axuda aos irmáns Maristas, que nese ano, accedendo á petición, abriron o colexio Marista "San José" de Ribadavia.
O lugar elixido para o colexio, foi o Pazo dos Baamonde, actual sede do Museo Etnolóxico de Ribadavia, (na fotografía que vos mostro, aparece o engadido que no seu día os irmáns tiveron que facer para dar cabida aos alumnos, hoxe en día desapareceu, porque certamente modificaba excesivamente a estética do edificio).
Esta imaxe e dos rapaces do colexio "San Jose", no ano 1921, no patio do Pazo
Nesta imaxen, aparecen o conxunto dos rapaces do Colexio, os Irmáns Maristas, (o irmán Jaime director), e mais o Sacerdote Don Leandro Rodriguez Arcos, a fotografía foi feita nas escaleiras da Igrexa da Virxe do Portal, no ano 1922.
A estancia dos Irmáns en Ribadavia alongouse ata o ano 1931, e ainda que fou tan breve, deixou unha forte pegada, de feito moitos dos ex- alumnos formaron una asociación que funciona a día de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias