Podedes intentar emular a estes cabaleiros, socios do liceo para máis datos, e no canto de quedarvos holgazaneando por casa, coa inefable televisión, saír a pasear, ou a compartir conversación cos amigos.
O titulo da entrada fai referencia ao costume que existía, de reunirse en sociedades, bares, tabernas, parques ou rúas, etc., ata aproximadamente o ano 10 d.t. (despois do nacemento da televisión), que foi cando comezou a estenderse o suficiente ese aparello (tan útil e tan mal empregado), como para empezar a enclaustrar a cidadáns, que anteriormente gozaban desas outros costumes.
Noutra entrada falaremos mais directamente do encantador escenario que disfrutaban os cabaleiros. O Liceo Recreo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario