Páginas

31/5/09

Fin de ano no Liceo 1930

Estas imaxes antigas, son unha das razons de ser de iste blogue, nelas vemos estilos e costumbres doutras epocas.
Eiqui tedes o patio do Pazo dos Oca Valladares a noite de fin de ano no 1930, a fonte que si ninguen a levou pra outro lado, (fai tempo que non teño a oportunidade de pasarme por alí, e xa sabedes da costume nesta cidade de pasealas), segue a adornar o magnifico patio central do Liceo, (teño que facer unha entrada da sociedade, pero teño pouco tempo). Penso que o importante da imaxe e gozar das mantillas que lucen as damas, e de xeito xeral, tentar comparar os estilos de vestir cos actuales. Fai moito tempo que me dixeron que as modas son ciclicas, e seguindo un pouquiño as imaxes que por eiqui mostrovos, coido que coincidiredes con esa aseveración.

30/5/09

O tempo esta pra ir alí

Co tempo que fai, apetece ir dar unha voltiña por Oira, o problema e que según dice a prensa, vai ser que este ano non vai poder ser, seica esta "rompida" a piscina, vaia faena.
Non se lle escurrira a alguen recuperar a antiga barcaza?, e asi dar uso a vella praia de Oira, esa seica non romperia.

29/5/09

O Mural mosaico dos Maristas

Ourense conta dende onte cunha nova e espectacular obra de arte no seu patrimonio.

No colexio dos Irmáns Maristas, e como peche oficial dos actos do centenario, (seguirá habendo actos ata final del curso), onte en presenza das autoridades locais, tivo lugar a inauguración dun espectacular mural, obra do Irmán Santa Marta.

Eu non son ningún experto na materia, co cal soamente podo darvos a miña impresión, e realmente non se me ocorre nada del que non sexa elogioso.

A primeira sensación que tes ao miralo, é de atracción, as cores son vivos, e irradian unha luminosidade que require que che achegues a observalo de cerca, ao facelo, atópaste con gran cantidade de alegorías, que é difícil nunha breve visita, descubrir na súa totalidade, a maioría penso que ides ter que facerlle varias visitas para poder gozalo na súa totalidade, (iso non será problema, xa que el amigo Manolo é home amable, paciente e de seguro que termina exercendo de improvisado guía que vos axudase con algún detalle que se vos escape).

Non quero estenderme demasiado, co cal creo que o mellor é que o visitedes e gocedes da súa beleza.

Persoalmente quero dar as grazas ao irmán Santa Marta, polo seu excelente traballo, e pola breve sinopsis que onte nos fixo da súa obra, teño que recoñecer que é un pracer para mín antes descoñecido, o poder observar unha obra escoitando a explicación dos detalles, por parte do autor; na noite de onte démoslle un longo aplauso de agradecemento, totalmente merecido, e con esta entrada gustaríame continualo.

Grazas Irmán Santa Marta.

Sinto que a calidade das imaxes non sexa mellor, pero creo que serven para que vos deades conta da grandiosidad da escultura.

Os Sopistas de Compostela 1930


A verdade e que estes xa non eran sopistas (os que en teoria por necesidad, facian "musica", pra conseguir un prato de manduca, e algunha axuda pra os seus estudios), eran os que dun xeito mais jovial tentaron continuar a tradicción, "A Tuna Compostelá"; dos sopistas somentes conservaron a costumbre de levar na capa colgada unha culler e o tenedor.
Vou plagiar o comentario que me envia Don Santiago Mosquera acompañando a fotografía, xa que penso que eu non seria quen de milloralo.
"... trátase da visita que fixo a tuna compostelana a cidade de Ourense os días 18 e 19 de xaneiro do 1930, inmortalizando a visita nas escaleiras o carón do palco da música do Posío.
Os tunos tiñan por costume nominar en cada cidade que visitaban, unha "Presidenta", que tiña a obriga de agasallalos con algunha merendola (chamábanlle lunch). Nesta ocasión a Presidenta foi a miña nai que, está mal que eu o diga, pero era guapiña dabondo.
Chamáronme a atención dúas cousas: o numerosa que era a tuna; e o feito de que, dispois da visita, según a prensa local, os tunos partían cara a León e outras cidades do Norte, ata chegar a Barcelona. Tendo en conta a data e o que se tardaba daquelas en chegar a Barcelona ( con paradas en "outras cidades do Norte"), supoño que cando chegaran a Compostela, xa iría medio curso perdido.
Xa se sabe, os tunos nunca foron bos estudiantes".
Pra ver que Don Santiago ten algo de razón, non hay maís que fixarse nas facianas dalgun dos "pollos", decatarevos que algun andara por enriba dos trinta, y en teoria ainda cursaban cuarto, que era cando se facia o "paso de Ecuador".

28/5/09

A crisis

Fotografía da colección particular de Daniel Bouzo.
Nestes tempos de crises, hai que afacerse a atopar pola rúa a elementos como os da fotografía, a mafia empeza a campar por todas as esquinas, (pode ser que estea equivocado, e xa estivesen antes da crise?).
Bo realmente trátase dun grupo de amigos, algún aínda reconocible a pesar do tempo, (máis de 30 anos), entre os que se atopa o amigo Daniel Bouzo, o que posiblemente sexa o primeiro disc -jockey profesional da cidade; grazas a el na sala 3A podíase gozar da mellor música, non sabemos como pero el conseguía vinilos, de cuxa existencia o resto dos cidadáns non oíra falar, e sorprendentemente, en pouco tempo era o máis escoitado no panorama nacional.

Santa Eufemia 1912

Tedes que ampliar a imaxen facendo clik enriba dela pra poder leer a entrada.

27/5/09

Club Unión Deportiva Orensana 1943

Dentro da serie de documentos antiguos que os meus amigos me teñen facilitado, unhos dos que millor se conservan, son este que vos traio hoxe, e o que o sustituiu, cando trocou a denominacion do clube, que vos mosterei noutra entrada.
Penso que o seu propietario tiñalle e ainda lle ten moito cariño os agora "rojillos", (falo do cor das camisetas, eche que bermelliños non me soaba de todo ben), de feito e un dos actuais socios que ten o clube.

A mili no 1919


O convento de San Francisco, estivo moitos anos baleiro, desde que o tivo que abandoar a Orde, ese estado levouno a tal deterioro (semellante o actual), que fixose imprescindible atopar unha solución; esta foi a de adicar as instalacions a Cuartel do Exercito.
No ano 1919 posaban os "quintos", pro fotografo no Campo de Aragón.
Facendo algo de historia, cóntovos que o termino "quinto", provén da época de Don Juan II de Castela, (primeira metade do século XV), o cal impuxo que o quinto fillo home de cada familia tiña que servir armas ao rei).
Na época dos señores da imaxe, aínda podíase conseguir, senón, librar do servizo, mediante pago (que nalgún caso aínda era posible), costume moi arraigado entre as clases altas do século XIX, se a lo menos cumprir na terra sen longos desprazamentos, de feito nas quintas seguintes a esta, de forma moi habitual realizábanse pagos para evitar ser destinado a África, polo cal a maioría dos soldados de reemplazo, destinados na zona de Marrocos, procedían das clases máis desfavorecidas.

26/5/09

Gardel no Teatro Losada

Esoutro día Don Santiago Mosquera, tivo a deferencia con este blogue de enviarlle esta xoia; como el di, "neses intres unha actuación de Gardel, era algo moi similar a unha hoxe de Bob Dylan", ou pensando nos rapaces novos, e coma si viñera Rihana. Magoa que a visita fora na pantalla do cine.
Ahí o tedes ano trinta e un, nas vesperas do San Martiño Don Carlos Gardel de primeiro actor, na sua primeira colaboura, cos estudios Paramount, a pelicula non chegou moi ala, pero somentes a presenza do señor Gardel facia que os cines se encheran; eiqui en Ourense o que tivo a sorte de exhibir a pelicula, foi o desaparecido Teatro Losada.
Pra axudarvos a lembrar o que poderia ser, estar naquel intre no Losada, eiqui tedes o tango que se fixo famoso nesa pelicula, "Tomo y obligo", (ten unha pequena historia, xa que e último que interpreto en publico na sua vida), tamen neste enlace http://www.youtube.com/watch?v=hHg-63JOACs podedes ollar a canción no mesmo "flim".

Doulle as grazas a Don Santiago pola sua achega , e coido que e posible que apareza material seu noutras entradas, (a verdade e que non o coido, seino, xa que me ten achegado mais material).

O Burgas F.C. no 1931

"... De inxusto podese calificar o resultado do encontro que enfrentou o Burgas da cidade, contra o Coruña F.C. no estadio de Riazor na cidade Herculina, o marcador o finalizar o encontro, marcaba un 2-0, que non reflicte o gran esforzo feito polos nosos muchachos durante os noventa minutos.
Segundo conta o noso corresponsal, as penas vironse un pouco enxugadas, co resultado obtido o día seguinte polo noso mais encarnizado rival o Celta, que perdeu 3-1, na final".
Non se me "escurria" outro comentario, tomadeo a coña que e o que é.
Debia tratarse de un torneo na cidade da Coruña, no mes de maio do 1931, no que participaron o Burgas, o Celta, o Coruña, e por descarte, supoño que algun equipo Lucense, pero descoñezo o dato.

Celta de Vigo en Riazor 1931

25/5/09

Chocolates Chaparro

Anuncio publicado na revista do "Autoaeroclub de Galicia".
Tal e como dí no anuncio, a familia Chaparro levaba dende o ano 1850, facendo o Chocolate que tomaban os ourensans, daquelas vira o costume do chocolate con churros da Ibense.
Cando poda farei unha entrada de iste sector da industria ourensá, do cal algunha empresa tocabame de cerca.

Mosteiro de Oseira

Fotografía do Mestre Ksado ano 1931 pra revista "Autoaeroclub de Galicia"
"No ano 1137, Don García comeza a construción da antiga capela do mosteiro; contaba coa colaboración de Don Afonso VII de León, o Emperador, e a axuda de Diego Juan e Pedro, presumiblemente monxes de orixe galega.
Esta pequena comunidade "eremita", (uníronse ao Cister no ano 1141), non podía imaxinar que co paso dos séculos, a súa pequena obra converteríase na grandiosa Abadía que hoxe podemos gozar".
Estas verbas serven de presentación a un novo enlace que tedes á dereita do blogue, deste mosteiro; visitádeo, (se non podedes facelo en persoa), xa que por medio del poderedes gozar deste complexo relixioso-espiritual.
Damoslle a Benvida o novo Abade.

24/5/09

A ponte da Burga II

Estes días visitei en varias ocasions o Colexio das Josefinas, e tiven que pasar por esta Ponte, xa saliu noutras ocasions no blogue, e coñecedela todos; o asunto e que me fixei, que nos xardins da Burga, que son os que vedes na imaxe, faltaba a farola, seica estiveron facendo arranxos, e por algún motivo a farola quitouse do seu emplazamiento, (supoño e agardo, que seria pra facerlle un lavado de faciana), mentras non a colocan de novo, eiqui vos deixo a fotografía, pra que non esquezades como é.

23/5/09

O Taller do Perille

En lugar de facer eu o comentario, douvos os datos que me facilitaron, o propietario da fotografía, Don Guillermo Álvarez, e o intermediario da "operación", Don Lisardo Mazaira.
O Taller e garaxe da empresa Perille, estaba situado no local onde hoxe están as Galerías Centrais, (e supoño que parte do que está á súa esquerda, a lo menos na traseira), de aí saían os autocares de liña para Verin, e Doade, (podedes ver os rótulos en dous dos vehículos); segundo contan, diante do cine Losada estaba instalada unha farola, que tiña o costume de descansar, deixandose caer comodamente na beirarrúa, a pesares da pericia dos condutores, a incesante trasfega de vehículos de gran envergadura, convertía en case imposible o xiro de saída do garaxe, aderezado coa presenza habitual dos autobuses municipais, que alí tiñan tamén o seu punto de partida para as liñas.
No túnel de saída, do garaxe (de aí veu o nome do bar que alí estivo moitos anos, rexentado por Soriano), estaba situada á esquerda, unha cantina chamada "Túnel", onde a miúdo se atopaban os empresarios do rural, cos da urbe, era habitual ver a empresarios do porcino a gran escala, pechando tratos no papel, (papel de servilletas, un apertón de mans valía mais que unha firma no notario).

22/5/09

A Cedula Personal

Esoutro día ensineivos unha cartilla de racionamiento, hoxe mostrovos, a cedula personal que se utilizaba durante a Guerra, sin ela era moi perigroso moverse pola provincia.

Josefinas

Volven as Josefinas a visitar o blogue, pra recordarvos, que o día 25 comezan os actos de celebración do 75º Aniversario, da sua chegada a Ourense, fixeronno nesta casa que vos mostro, xa vos falei dela na outra entrada, era de Don José Fernández, e nela estiveron tamén, as Escolas do Ave Maria, (no primeiro momento), e a falta doutra confirmación, (poidera ser este tamén o edificio que albergou durante un tempo, as mulleres do Internado Rivera), tamen o colexio San Fernando hay pocos anos desaparecido, (Un recordo a Dona Obdulia).
Por certo nos 70 foi profesor do San Fernando o fillo do Sr. Pacheco, autor da fotografía.
A fotografía das nenas no balcón, (propiedade das Josefinas), corresponde o antigo colexio da Rúa Progreso.

Rebuscando información da sua chegada, de momento soamente atopei estes poucos datos do edificio que ocupan hoxe:

No ano 1853, Don Santiago Saenz, montou nese solar as instalacions da sua fabrica de curtidos, aproveitando a cercania do matadoiro, existente na zoa, (habia que aproveitar tamén a auga da Burga).

Logo dos anos, no 1907, Don Santiago vendeulle o edificio, a Don Francisco Conde-Balvís, (o da electrica Balvís da Ponte Maior), nun principio, a idea era montar alí as oficiñas da empresa, pero finalmente decidiu convertilo en viviendas, e así foi como o atoparon as Madres Josefinas no 1940.

Fachada do Colexio, nela podedes ver que ainda non se tiña reformado o edificio do Colexio.

21/5/09

Cartel de Don Alejandro Veiras (1947)

De Don Alejandro xa vos falei noutra entrada, que por ahí tedes, e das ferias agropecuarias, que se organizaban en Ourense, tedes no blog de Julio Freijido Http://maquians.blogspot.com unhas cantas ímaxes.
A fusión deses dous elementos, Don Alejandro, e a feira, que durante bastantes anos organizouse no xardín do Posío, (eran tempos nos que o agricola estaba de moda na provincia), deu lugar a xoias da carteleria coma esta.
O cartel orixinal e propiedade de Don Lisardo Mazaira..

Os toros, Festas do ano 1920

Esta clase de fotografías, non precisan comentario, son simplemente para gozalas, nelas ábresenos unha fiestra ao pasado, para ver modas, estilos, e ata actitudes.
A praza segundo di na traseira da propia imaxe, estaba neses intres, onde maís anos estivo, na traseira da Igrexa de San Pio X, onde recordovos que se tentou facer unha praza fixa.

20/5/09

A cartilla de Racionamiento

Dou por suposto que esta imaxe non traerá bos recordos a ninguén, fálanos de tempos difíciles, de dor, de pobreza, de fame, en fin, un dos peores momentos da historia deste país, como podedes ler nela esta era do ano 49, cando lle quedaba pouco tempo de existencia, afortunadamente.
Noutras entradas intentarei explicarvos como era o sistema de emprego destas cartillas, e ata a picaresca que con elas había.
Perdoade a brevidade da entrada, pero non se me ocorre nada agradable.

Canedo dende a Alameda do Crucero

Tería que continuar o titulo,......, cando aínda estaba o cruceiro na alameda do Cruceiro.
Esta imaxe, é das que hai que mirar varias veces, paradecatarse de que é, o que estamos vendo, e por iso limitareime a dicirvos que o que maís se ve do outro lado do rio, (soa a canción).
A casa cuartel da benemérita, refírome ao longo edificio cheo de fiestras, na parte inferior da rúa do Mercado.
O resto déixovolo para vós, pero non deixedes de observar o colexio dos Salesianos, e o Pazo de Xustiza?.

19/5/09

Futbol Salesianos (publicada baixo ameazas)*

Confeso que de xeito totalmente inocente, e por petición dun amigo, colguei o outro día a fotografía do equipo dos Maristas no ano 61, non se me ocorreu pensar que a rivalidade existente naqueles tempos, continuase vixente na actualidade.

Hoxe recibín un mail ameazante*, (o cal non reproduzo, por non asustar os posibles nenos que lean estas letras), no que se me esixía unha rectificación, ou polo menos un trato igualitario, co equipo rival, "Os Salesianos", por medo, e pra evitar conflitos, eiqui tedes o equipo que venceu ise ano a liga escolar.

Neste link que vos deixo, tedes moitos mais datos deles, eu non poño de xeito habitual estas fotografías dos Salesianos, xa que tedes un enlace a páxina de Secundino Lorenzo (Chicho), a dereita do blogue, na que esta recollido, caseque todo o material grafico do colexio.

http://www.galeon.com/sloren/compas63/foto27.htm

*Supoño que vos dariades conta que a maior parte da entrada é unha broma, que lle dedico a Chicho, o Casillas de Salesianos neses anos, hoxe en día un funcionario do estado, que se nega a traballar na bolsa e o banco.

Santo Anxo

Penso non equivocarme, se digo que para moitos de vós esta fotografía é moi difícil, se non imposible de identificar.
Trátase como xa deduciriades polo título, da parte traseira da Igrexa do Santo Anxo, en principio por ser unha propiedade privada (Marquesa de Atalaia Bermeja), e actualmente por estar nun recinto escolar, (colexio Santo Anxo da Fundación Villanueva Santamarina, xestionado polas Calasancias), foi e é unha das xoias ocultas que temos na cidade.
Neste grupo poderíase encadrar o claustro de San Francisco, (que de seguir así as cousas, complicado terano quenes non o coñezan xa), e o interior dalgúns edificios de relixiosos, que obviamente pola súa propia razón de ser, (algúns deles son de clausura, como o das Monxas das Mercés), non procede neste momento facilitar a súa visita.
O que se penso que sería posible, é que algún organismo público, ou alguén autorizado (temos fantásticos profesionais da fotografía), saque á luz imaxes desas instalacións.

18/5/09

75 Aniversario de "Las Josefinas"

Quero dar as grazas á directora do centro, Dona Mercedes Álvarez, por permitirme acceder ás imaxes que vos irei mostrando en futuras entradas.
Felicidades no seu 75 Aniversario
25-29 de Maio 2009
*Entrada reeditada el 25 de febrero del 2012

17/5/09

A ponte das Lagoas no remate

A comezos do ano 1957, este era o aspecto que ofrecía a Ponte das Lagoas que xa vos mostrei noutras ocasións, esta ponte, foi unha obra necesaria para conectar o viaduto do ferrocarril, ao resto da liña, a saída do túnel de San Francisco, presentaba un nivel de vía, que facía moi complicada a conexión, a fin de alcanzar a altura necesaria fíxose esta obra de enxeñería.

16/5/09

"O Pepiño"

Do visitante de hoxe, xa vos falei nun par de ocasións, pero agardaba atopar unha imaxe un pouco mellor que esta.
Onte tiven que pasar polo que foi polo menos durante toda a miña nenez o seu posto de traballo, a porta do colexio das irmás Josefinas, e decidín non alongalo mais, e facer esta entrada en espera de poder mellorala.
Como podedes ver na imaxe, a vida non foi nada amable con el, descoñezo se foi por causas naturais, ou doutro índole, pero a súa situación física era lamentable, condenado a permanecer sempre pegado ao seu carriño, e dependendo sempre de alguén para todas as súas necesidades. Os únicos datos que teño del son, que vivía nunha casiña da Canella Cega, pola rúa do Vilar, preto da Igrexa da Trinidade, cunha sobriña que segundo me contan era quen se encargaba do seu coidado.
Gustaríame que se coñecedes máis datos, ou se tedes algunha imaxe mellor del, facilitédesmos.
Un recordo pro entrañable "Pepiño".

15/5/09

O bordillo da Praza

Xa vo lo dixen na ultima entrada que fixen desta fermosa Praza do Ferro, nos soportais da Ferraxeria Blanco Vega, durante unhos anos tiñan este desnivel, dacordo que serviria pra facer un descanso e botar un pito, pero coido que foi millor eliminalo.
Aproveito, pra correxir o meu erro no comentario anterior, xa que si que era factible pasar cara a Rúa da Paz ou San Miguel, bastaba con pasar pola parte darriba da fonte, perdoade a miña precipitación.

A casa do Correxidor e a vacina

Non pensedes que hoxe toca un comentario sisudo, sobre a chegada do primeiro corrixidor á cidade, nin do escudo da súa casa, (que menos mal que aínda conservamos), nin de nada verdadeiramente serio, ou si?.
Xa vos advirto que non me preocupei de contrastar datos, co cal é posible ca terrorífica historia que vos vou relatar só teña de certo, os feitos en si mesmos e o ano de ocorrencia.
"Na amable cidade de Ourense, alá polo ano de 1966, ocorreu un feito que estivo a piques de marcar para sempre (e fixoó, ao físico refírome), a este humilde cidadán, quero hoxe narravos o acontecido para que sexades vós quen xulguedes a malvada actuación de certas cidadás de longa saya.
Despuntaba unha mañá do mes de abril (a iso das 11), cando un grupo de infantes que plácidamente aplicábanse en ampliar coñecementos, (estabamos xogando nas nosas mini mesas, con forma redonda e creo recordar que tiñan un faldrillín), vense de súpeto sorprendidos pola entrada en "a clase", dunha alta señora, (certo é que a perspectiva daqueles anos podería ser enganosa, con catro anos o punto de vista é outro.), que dialoga por breves intres coa nosa acompañante habitual, (a que empezaba a intentar meternos algo de coñecemento nas nosas virxes seseras; algún dirá que nalgún caso estas aínda están pouco amobladas, que lle pregunten á miña nai) inocentes, os infantes non podían sequera imaxinar o que se lles aveciñaba.
Unha daquelas altas señoras, (supoño que unha sucesora da Irmá Filomena), co seu agarimo e amabilidade habitual, así como nun xogo, pídenos que nos poñamos en pé, formemos unha ordeada fila, e dispoñámonos a acompañala.
Por descontado que todos ao unísono obedecemos a tal demanda, e velaí, tesnos en fila, pegados ao muro, saímos pola porta principal, (hoxe coido que pouco utilizada polos alumnos), rumbo ao descoñecido.
Diante dese edificio que vedes na imaxe, fixéronnos agardar, non pasado moito tempo o primeiro da fila é invitado a acceder a un local do devandito edificio, breve espera, e ante o noso estupor vémolo aparecer envolvido nun choro inconsolabel, e "fretando" con avidez o seu delicado ombreiro dereito, sen demasiadas contemplacións é dirixido pola irmá directora de novo a "a clase".
Non se movía ninguén, (estabamos paralizados, unha suor frio e nalgún caso outros líquidos mais quentiños empezaron a fluír por aqueles tenros corpiños), se seica o seguinte da fila que de súpeto se viu abocado a seguir os pasos do compunxido compañeiro.
Eu que me atopaba estratexicamente situado a metade da fila, observaba con atención todos os movementos, presto a tomar unha decisión.
De súpeto a chegada doutras irmás ao local, cara ao que nos dirixiamos, fixo aumentar a cadencia dos retornos, momento que hábilmente aproveite para, "fretando" o meu ombreiro arremangado con anterioridade, mesturarme entre os camaradas que retornaban.
Ah!!!!, pero a alegría foi pequena, a irmá directora precavida e posiblemente afeita a xestos evasivos daquela especie, decatouse do meu hábil movemento, e aínda que fun capaz de chegar a "a clase", non tardou nada ela en acudirse en busca da miña atención.
(Advírtovos que a miña reacción non me fai aínda hoxe sentirme orgulloso, pero foi ditada polo instinto de conservación, co cal espero sexades capaces de desculpala).
Sentíndome acosado, a gran velocidade conseguín introducirme entre as patas da pequena mesa camilla que tiñamos para "estudar", e alí tapado polo que para min era un muro, crin sentirme protexido, de súpeto algo se introduciu entre as teas que me protexían, eu naquel momento pensei na garra dun feroz felino, e como tal (en defensa propia), asésteille un bo bocado, (cada un deféndese co que ten).
Para non aburrirvos máis, direivos que as irmás decidiron esperar a que chegase a miña nai, á que avisaron ante o cariz que tomaban os feitos, e ela conseguiu facerme saír do meu refuxio.
Non pensedes que o final foi feliz, isto non é un conto, é a crúa realidade, ao día seguinte nos locais da Cruz Vermella, (praza da Fonte do Rei), fun vacinado como marcaba a normativa, e gardo como moitos de vós o recordo de tal día tatuado no meu ombreiro.
Espero conseguir unha risa vosa, de non ser así pido desculpas polo tamaño da entrada.

14/5/09

A Canella da Sinagoga

Da existencia dos xudeus na cidade temos moitas pegadas escritas; da súa localización maioritaria na Rúa Nova, (Lamas Carvajal), Barreira, Groria (Arcedianos), Tendas, en resumo polas proximidades do Concello, da súa capacidade de traballo , da súa habilidade para os negocios, ata aparecen referencias á súa habilidade coas cifras e contas, (varios membros da comunidade foron contables, contadores), se ledes o excepcional libro "Del Orense Antiguo" de Don José Adrio, atoparedes xa algunhas desas referencias.
Con todo non chegaron aos nosos días, mostras da súa arquitectura, (eu polo menos descoñézoas), lendo textos, sábese que moitos habitaban en vivendas arrendadas, e que cando se lles intentou concentrar a todos na Rúa Nova, fíxose que deixasen as súas vivendas os moradores habituais, para eles.
Tamén en diversos textos, menciónase a existencia dunha Sinagoga, da cal existe plena coincidencia en situala na Rúa Nova, presumiblemente (non vos fiedes en exceso de mín), case enfrontado a esta canella, a casa que fai esquina case se podería descartar dado que temos datos de que o edificio tiña acceso pola rúa da Gloria, co cal sería a seguinte edificación, onde está "La Mariposa".("lindando coa casa de roi de montes, clerigo que foi de sant pedro de sorbeira et clerigo do coro da iglesia dourense"*, dun texto do 1441 gardado no arquivo da catedral de Ourense, citado por Don Anselmo Lopez Carreira no seu libro "Ourense no século XV")
Co cal supoño que esta pequena canella, (dende fai moito tempo inutilizada, supoño que por cuestións de seguridade), que enlaza a Rúa Lamas Carvajal, cos xardíns de Concepción Arenal, (na fotografía a entrada o pé da Igrexia de Santa Eufemia) poida que sexa o único vestixio urbano, (aínda que só sexa polo nome co que aparece nos escritos "Canella dá Sinagoga") da presenza da comunidade Xudía na cidade.

13/5/09

O Equipo do Carioco

Trabuqueime, e ainda que mo habian pedido, non colguei esta fotografía, solvento o erro, agardando que non se me enfurruñe ninguen.
Na imaxen podedes ver un dos equipos do colexio Maristas, que xogaban o ano 61 baixo as ordes do Irmán Victor.
Gutierrez (Guti)-Victoriano-x-x-Moure-Fito-Irmán Victor
Coronas-C.Bóveda-Cecilio de la Torre-Carlos (Carioco)-Jose Luis Ojea

Sanatorio de Toén (A Conchada)

Vista xeral no ano 58
Nos anos 40 proxectouse nunha zona en grao sumo saudable da provincia, (A Conchada, San Pedro de Moreiras, Concello de Toén, a construción dun sanatorio para o coidado dos enfermos da lepra, (facia moito tempo que se tiña pechado o do San Lazaro), o investimento final, o único do que teño datos, ascendeu aos 9 millóns de pesetas (da época, anos 50).



Plano e vestibulo do Sanatorio

Esta obra supuxo unha válvula de escape (laboral), para os habitantes da zona (inmersos noutros moitos lugares nun proceso de emigración), polos datos que teño comezou a construción, a empresa Carrión*, alá polo ano 44, pero no 48 aproximadamente e ata o 53 que se deu por concluída a obra a desenrrolou a empresa Rodolfo Lamas.
Do que non hai ningunha dúbida é dos materiais empregados na construción, que aínda hoxe permiten ver un estado magnifico das instalacións.

Sala de xogos e un dormitorio de observación.
A idea inicial como xa dixen era que as instalacións servisen de centro para enfermos da lepra, mais desestimouse estando a obra xa moi avanzada, pensandose logo en convertilo nun centro de tratamiento da tuberculoses para todo o noroeste peninsular, a última hora e por diversos motivos, tamén refugouse a idea; durante un longo período (ata o ano 58), as instalacións estiveron practicamente abandonadas, ata que unha acertada decisión transfórmouno nun dos mellores centros psiquiátricos da península.

Enfermeras do Sanatorio ano 60, detras podese ver as terrazas que tiñan as habitacions.

Coido que e moito mellor que vos de a sua vision do complexo sanitario o Doutor David Simón Lorda, aquí tedes o enlace a un traballo seu sobre o Psiquiátrico de Toen.

12/5/09

Historia "recente" do Básquet Ourensán

Fáleivos e falareivos da "prehistoria" do básquet en Ourense, maís hoxe traiovos esta imaxe do ano 64, que forma parte dun pasado máis recente.
No colexio dos Salesianos aos poucos foise xestando unha cada vez maior afección polo baloncesto, que co paso do tempo daría lugar á aparición do Bosco e pouco despois ao Club Ourense Baloncesto (C.O.B.), que tantas alegrías a dado ao deporte local, (e esperemos con paciencia que volva facelo).
Na fotografía aparece un equipo de mini-básquet do colexio Salesianos, nun torneo na alameda en decembro do 64, (da arrepio velos con esas camisetas, "iso era afección") , polo que me conta a miña amiga Raquel (que me envía a imaxe), por aí aparece "Nino" Vicente Santos García, un histórico "currante" do baloncesto Ourensán, (quen creo que ten máis imaxes deste tipo, e espero que me deixe publicar), el compartiu vivencias con xogadores como Arturo Seara, Ismael Santos, os Ládra, e en resumo, creo que todos os baloncestistas ourensans dos últimos anos.

Os Maristas en Ribadavia

Aínda que Ribadavia non asomará de forma habitual neste blogue, (xa sabedes que o amigo Xullo Freijido ten un esplendido blogue con esa temática http://maquians.blogspot.com/ ), neste caso e tratándose dos Irmáns Maristas, farei unha excepción.
Os Irmáns Maristas como xa coñecedes, chegaron a Ourense no ano 1908, o que poucos sabedes, é que no ano 1917, por legado testamentario de Don José María Martínez Vázquez, creouse unha fundación en Ribadavia, e para colaborar nela demandouse axuda aos irmáns Maristas, que nese ano, accedendo á petición, abriron o colexio Marista "San José" de Ribadavia.
O lugar elixido para o colexio, foi o Pazo dos Baamonde, actual sede do Museo Etnolóxico de Ribadavia, (na fotografía que vos mostro, aparece o engadido que no seu día os irmáns tiveron que facer para dar cabida aos alumnos, hoxe en día desapareceu, porque certamente modificaba excesivamente a estética do edificio).
Esta imaxe e dos rapaces do colexio "San Jose", no ano 1921, no patio do Pazo

Nesta imaxen, aparecen o conxunto dos rapaces do Colexio, os Irmáns Maristas, (o irmán Jaime director), e mais o Sacerdote Don Leandro Rodriguez Arcos, a fotografía foi feita nas escaleiras da Igrexa da Virxe do Portal, no ano 1922.
A estancia dos Irmáns en Ribadavia alongouse ata o ano 1931, e ainda que fou tan breve, deixou unha forte pegada, de feito moitos dos ex- alumnos formaron una asociación que funciona a día de hoxe.

11/5/09

O chan na Praza do Ferro

Nalgunha fotografía que colguei con anterioridade xa vos comentei a posibilidade de que isto que hoxe vos mostro, fóra así, non sei en que anos presentaba este aspecto, a Praza, aínda que xa existía a Farmacia de Dona Amalia, co cal andará polos anos 50, ou principios dos sesenta, eu dende logo non o recordo.
Fixadevos nos chanzos, supoño que non se podería pasar en coche cara á rúa da Paz, nin baixar á rúa San Miguel.
O principal problema que presentaba esta configuración segundo eu coido, tiña que estar na recollida de augas, nos soportais da ferraxería Blanco Vega, había un bordo de máis de 60 centímetros, como vos mostrarei noutra instantánea, e tendo en conta que por esa zona desembocan as empinadas rúas que baixan de San Francisco, imaxinarvos un día de choiva.
De todolos xeitos moito tempo non debeu estar así, na maioria das fotografías que teño de diferentes anos, vexe parecido ao estado actual.

As Carmelitas

Estaba agardando a ter algún artigo un pouco máis elaborado, para presentar no blogue a esta outra institución educativa da cidade, (unha das primeiras de relixiosos 1879), e na única por certo que cursei, (non digo estudado, porque tiña daquelas 4 aniños).
Pero un encontro casual cun matrimonio amigo impulsoume a adiantarvos esta xoia fotográfica do Señor Pacheco, era un grupo de señoritas do colexio Santa Teresa de Jesús das Carmelitas da Caridade Vedruna (As Carmelitas, para que o entendades mellor), aproximadamente nos anos 50, (non vos fiedes moito da datación, baséase nos uniformes e na boneca que exhiben).
Cólgoa porque se cadra sen eu sabelo, aparece a miña amiga Ana, pola súa idade podería ser ..... (é broma, ela é unha mociña)

10/5/09

"Menchu" y el Festival del Miño

Ano 1965 (Nápoles), France Gall, representando a Luxemburgo vence no Festival de Eurovisión.



A nosa representante, Conchita Bautista, (sen entrar en cábalas, que se política, que se diñeiro, non sei, non é foro para esa discusión), representa a España por segunda vez, (a anterior foi no 1961, quedou novena de 16), e obtén 0 Points.



Para moitos Ourensáns iso foi unha afronta, e para porlle remedio, deciden crear un Festival Internacional, así naceu en xuño do 65 o Primeiro Festival Hispano-Portugués da Canción do Miño.
Bromas a parte, estou preparando unhas entradas tratando o tema dese sorprendente Festival, que un grupo de Ourensáns con gran esforzo conseguiu sacar adiante, logrando nalgunha das súas edicións gran repercusión, polo seu escenario, para que vos fagades unha idea pasou Víctor Manuel, e como representante local, pero por meritos propios unha nova promesa que xa competirá con artistas como Raphael no 62, no marco do Festival de Benidorm, fálovos da Ourensana "Menchu".

Tentarei poñervos noutra entrada unhadas suas cancions.

9/5/09

Photo Shop nos anos 1960

Observade con detenimiento a ímaxe, e non empezedes a imaxinar cousas extranas.
Da Avenida de Pontevedra a de Portugal, non se chega todo tieso, ainda tiñan e temos que dar unas cantas voltiñas.
Esto e unha mostra prehistorica do uso do photo shop, vai resultar que non somos tan avanzados como pensabamos, e xa o mestre Pacheco facia foto montaxes cunha calidade moi boa.
Algún supoño que acordara os enganos que preparaba no día dos inocentes, accidentes espectaculares, animais doutras epocas e lugares no medio da cidade, en fin o que se lle "escurria".
Si me deixan mostrareivos algún mais, que orixinales son un rato.

8/5/09

A centralita de Fenosa e a batalla de flores

Fotografía propiedade de Don Marcial Feijoo.
Crux da Rúa Concordia (antiga estrada de Trives), con Progreso (A Carretera), grazas a Don Marcial Feijoo, como actor, e ao Sr. Cardoso como autor, temos esta imaxe, na que se pode observar a caseta da central de FENOSA, situada onde hoxe esta Bergio, e as casas que antigamente pechaban a entrada á hoxe rúa de Juan XXIII.
Aproveitando a imaxe, esoutro día unha amiga, comentábame que era unha pena que se perdera a tradición das batallas de flores, non, non me refiro a que non se fagan hoxe desfiles de carrozas nas festas, que si que se fan, refírome a que o costume que lle deu o nome á "Batalla" era que se cruzasen no percorrido as carrozas, e dunha a outra se lanzaban papeliños, cintas, flores feitas de papel, e algún que outro proxectil un pouco mais "ilegal", (polo que me contan de cando en vez voaba polos aires un oviño inocente, que facia impacto en algun "amigo"), realmente a miña resposta foi, que a día de hoxe sería moi complicado, por dous motivos, o principal a falta de espazo na maioría das rúas, para realizar o cruzamento, e doutra banda, hoxe non habería tanta xente disposta a dedicar o seu tempo, para confeccionar as flores de papel, e demais proxectís que se arroxaban, nos anos a que ela se refería, dende varios meses antes da celebración, a mocidade pasaba tardes e fins de semana enteiros dedicados a colaborar cos patrocinadores da carroza.