Pero don Carlos visítanos hoxe neste blogue, para mostrarnos outra faceta do home, non do gran artista que é.
Como ben sabedes un luminoso día do mes de agosto de 1945 (na éra de 1917).
Nace Carliños Vello Paradela.
Dende sempre tivo bos xeitos e mostraba unha elegancia innata, fíxense se non na gravata que mentres puido el decidir sobre a súa indumentaria, acompañáballe como marca de identidade.
Isto que vedes aquí, é un recordo que tivo a xenerosidade de compartir connosco, e de paso a ver se cae algo, el polo si ou polo non segue sendo “bo”.A causa real da súa presenza hoxe neste blogue, é aclarar o erro no que moitos dos seus amigos e coñecidos, sempre estiveron.
A fama de don Carlos de juerguista, disoluto e libertario, é e foi unha típica lenda urbana.
Esta fotografía demóstrao, Don Carlos dende moi xoven, sempre buscou tempo, para adicarlle aos seus semellantes, mais dunha asociación piadosa, debería tomar exemplo.
Aquí vémoslle, acompañado de certo, doutros homes de ben, intentando levar polo bo camiño a homes de conduta reprobable, que acudían aos lupanares con aviesas e inconfesables intencións, eles coa mellor das “vontades”, (cada un coa súa), esforzábanse en consolar a esas pobres desfavorecidas que se vían avocadas pola necesidade, a servir de desafogo, a rufianes e malandrines.
Articulo remitido pola Confraría do Remedio de Loiro do Entremedio.
Ruboriceime ao recibilo, pero non me atrevo a ser censor de tan magna Confraría, pido desculpas e próstrome de xeonllos, se alguén se ofende polo aquí escrito, pero non é intención molestar a ninguén en absoluto.
Estoume a aproveitar do feito de ter coñecido a Don Carlos fai mais de trinta anos, tamen e certo que eu era un crio e el xa andaba nesas misions humanitarias, queda claro que a entrada e unha broma, noutro intre que me sinta inspirado farei unha entrada seria do Artista.
Saúdos Carlos e grazas polo dibuxo, vendereino e co que me dean o voltar de Cancun no Porsche, non teñas dubida que te agasallo a un cafe, millor un auga, que o cafe ponos nervudos.
Para que vexas que tes amigos rumbosos e agradecidos, (o proximo que sea dos de 3X2 que xa lle farei un oco na chabola).
No hay comentarios:
Publicar un comentario