Consejos y avisos

2/12/11

Ana Iglesias no Outono Fotografico


Non todo pode ser fotografía antiga; ao final como me gusta pensar o pasado é imprescindible para vivir o presente, e procurarnos un futuro.

O presente en fotografía Ourensana, por fortuna goza dunha magnífica "saúde"; ao lado de fotógrafos profesionais de sobra coñecidos como, Schreck, Mazaira, Belay etc. de indubidable calidade; xorde un bo número de ourensanos que por divertimento foise introducindo na maxia da imaxe, e conseguiu alcanzar un sobresaínte nivel artístico.
Non teño a fortuna de coñecer en profundidade o traballo de todos eles; de moitos só pequenos retallos, a maioría das veces durante o noso marabilloso Outono Fotográfico, (grazas Benito por ese regalo que nos fixeches, e aos teus continuadores, que souberon coller esa difícil relevo).
Non obstante unha desas namoradas da fotografía amiga dende hai moito tempo, (para que vos fagades unha idea, ten fotos da miña etapa en Carmelitas, alá polos sesenta), permitiume seguir de preto o seu traballo.
Fálovos de Ana Iglesias, quen xunto a Jorge Cacharrón, (outro grande artista da imaxe), mostrannós durante este Outono a súa obra na Casa da Xuventude, dende o día sete de decembro.
Asegúrovos que non vos vai defraudar, gozaredes de imaxes de gran beleza, obtidas cunha sensibilidade especial. Esa sensibilidade que só o verdadeiro artista é capaz de plasmar na súa obra.
A risco de recibir unha reprimenda, voume atrever a mostrar unha das súas fotografías, posiblemente non sexa a mellor, pero a min cautívoume dende que a vin por primeira vez.
Grazas Ana e Jorge por permitirnos gozar do voso traballo
Lembrade dende o 7 do Nadal na Casa da Xuventude

1/12/11

O Mural do A.v.O.

Levo xa uns cantos días facendo primeiro insinuacións, e posteriormente comentarios, sobre un dos novos proxectos que o Arquivo visual Ourensán, A.v.O. ten entre mans.
Hoxe por fin creo que xa podo facilitarvos todos os datos, para que intentedes facer un oco nas vosas axendas.
O día 22 de decembro con permiso da autoridade, e todos os demais implicados, ás 20,30 horas e faga o tempo que faga porque estaremos a cuberto.
O A.v.O. terá o pracer de inaugurar a colocación do mural que se confeccionou para a exposición Ourense un Século de fotografía; nunha situación que vai permitir que todos os Ourensanos e visitantes, que se acheguen a gozar da nosa cidade, poidan contemplalo.

Colocárase nas GALERIAS CENTRAIS,  na rúa do Paseo.

Trátase como moitos de vós xa sabedes, dunha vista xeral da nosa cidade, obtida polo mestre José Pacheco no ano 1928 dende os "altos" de Salto do Can. O orixinal é propiedade do Arquivo Municipal Ourensan.
Só quedan por rematar pequenos flocos en canto a colocación, que esperamos nun par de semanas queden pechados.
Creo que é de xustiza, comentarvos, que como todas as actividades do Arquivo visual Ourensán, non será necesario facer ningún tipo de desembolso; grazas á xenerosa e altruísta colaboración das persoas e entidades que vos relaciono a continuación.
Concellaria de Cultura do Concello de Ourense
 Musical Jolper
 Arquivo Municipal de Ourense
 Museo Municipal
 Oficode. 
Pode que a lista se amplie nos proximos días, pero polo de agora estes son os implicados

Só quédanos esperar uns días, desexando que non xurda ningún inconveniente, e gozalo.

Por certo, gustaríanos que todos os ourensanos, o sentisen como algo da súa propiedade, e como tal o respecten, xa que vai estar nunha zona de tránsito, e sen ningún tipo de protección.
Gustaríanos ter que retiralo porque o tempo o desgastou, non por outros motivos.

30/11/11

C.D. Galicia


Ao fío da entrada de onte, vou aproveitar para ensinarvos unha fotografía da que espero que o blog amigo Futbol base Barbadas, nos achegue datos.
Facilítama o sempre activo Eduardo Gamallo, ao que lle estou moi agradecido pola súa colaboración, aínda que vou recordarlle publicamente que ten que acordarse de preguntar aos seus amigos o nome; sempre me di o alcume polo que eles se coñecen dende sempre, pero no blog creo que non é procedente utilizalo, e case que sempre quedan sen citar os autenticos propietarios da fotografía..
O que sei da fotografía é o que nela vén escrito.

É do Clube Deportivo Galicia, e os xogadores son: 
De pé, e de esquerda a dereita. Ares, David, Manolo, Chicho, Tatís, Milucho e Alfonso.
Agachados Dámaso, Paco, Delmiro, Caride, Ortas e Seara
.
En canto á data, non di nada, pero supoño que pertencerá aos anos setenta ou quizais un pouco antes. Baseándome no aspecto deAres, (pai do que tamén foi porteiro do C.D.Ourense), e que hoxe lle poño máis ou menos sesenta e....

O fútbol non e o meu.

29/11/11

O Proxecto do Couto


O proceso que culminou a construción do estadio do Couto, remóntase a finaís dos anos vinte do século pasado; habería que facer matizacións, pero xa se ten comentado no blog nalgunha ocasión, podedes ver a que máis datos achega neste enlace.click aquí  

A fotografía que hoxe vos mostro, fíxose á maqueta dun dos proxectos que se levaron a cabo durante a existencia do estadio, e que posiblemente deu lugar a outra Grande Inauguración do Estadio do Couto.
Ese vai ser o problema que nos atopamos para determinar a data de comezo de actividade do principal estadio de futbol da cidade; o continuo aumento de espectadores, foi facendo preciso ampliacións constantes ao longo dos anos. Estas melloras encontraban sempre ca limitación económica para non ser a definitiva.
Nesta ocasión, o proxecto de mellora, polo que me contan viña da man da construción das vivendas sociais que se ían construír no seu ámbito e que tamén aparecen na maqueta.
Sen confirmar, o proxecto correspondería a finais dos anos 50.

28/11/11

Lembrando o Fraín

Fotografía do Arquivo de Lisardo Mazaira
Visitou o blog hai máis dun ano, este personaxe dos que a min me gusta chamar entrañables.
Regresa hoxe da man dun novo amigo, Agustín, un Ourensan dos que moi novo marchou do seu Montederramo, para iniciar unha nova vida na "beira de en fronte".
Escríbenos dende Brasil, e utiliza o seu "galleguiño", (faino mellor ca min) para prestarnos recordos da súa nenez.
Dende aquí, envíolle unha forte aperta, e que saiba que ten o blog á súa disposición para seguir mantendo o contacto co seu Ourense.
Grazas Agustín.

Vou tentar escribir em gallego,  mezclado com português.  Non me acordo  ben do meu galleguiño da infância, ainda que estea latindo  na miña  lembranza que me acompaña
Salin de Galicia  para o Brasil com 19  anos recen cumplidos e teño 69. Vivo em San Pablo.
Quero decirvos que conocin o Frain , em  Montederramo. Em Ourense chamabanlle Frailde. Era uha persona mui amable e correta.
Sua simpatia non tiña límites. Falaba o castellano de unha  maneira que íl próprio  pensaba auténtica, e  o  praticaba com naturalidade. Introducia em palabras castellanas  mezcladas com gallegas ditongos e hiatos, sem razón de ser, pero com perspicácia, que deixaba os ointes  perplexos e pensativos.
Era um andarillo, creo eu de Calvelo, ayuntamiento de Maceda.
Conocin o Frain, pois este era seu nombre, na miña casa cuando iba para Montederramo. Miña mai, tan buena, o recollia e  lle daba algo. Sempre  pedia caldo muerno, comía e logo se marchaba  para outro sitio. Em Montederramo nunca o vin pedir pesetas. Todos, do pueblo, disfrutábamos de sua compañía. Era uha  persona sabia que non tuvo sorte na vida,  mas, creo eu, foi feliz, e sua felicidade transbordaba cuando via os outros alegres. Digo ainda que o via con pequenos intervalos de tempo, dos 5 os once anos, cuando eu salin de Montederramo,  póla vida afora. Nunca mais o vin.
Agora sentin saudades (morriña).  20.11.2011.  Agustín.

Se queredes ver a entrada anterior do Fraín equi tedes o enlace fai click . A fotografía e a misma, xa que non conseguin polo de agora outra deste Ourensán