Consejos y avisos

17/3/09

Era de Macieda

Fotografía do arquivo de Don Lisardo Mazaira
Eu non tiven o gusto de coñecelo, pero me houbera gustado, máis que nada para resolver as dúbidas dos meus colaboradores, un di que era Fraín, outro Frailde, e outro Failde, eu non podo resolver a dúbida, puidese ser que existisen dous personaxes similares, pero o tema é que coinciden o resto de datos, segundo el dicía, e non hai motivo de polo en dúbida, "Son de Macieda".
A súa presenza pola cidade aínda que era habitual, non se podía evitar nos días de feira, o 7 e o 17 na súa axenda estaban marcados como de obrigada asistencia á feira ourensá.
O seu look era bastante singular, aínda que nalgúns momentos partes da súa indumentaria estiveron de moda, rexeitaba o uso de calcetíns, aínda que non é que usase mocasines precisamente, o seu calzado era de forte bota, (por desgraza en non moi bo estado), e do mesmo xeito que a mocidade actual, os pantalóns adoitaba levalos caídos, suxeitos por un rudimentario cinto de coiro, que non permitía que chegasen ao chan, aínda que era normal velo tirando deles cara arriba, (non teño o dato sobre se usaba gayumbos de marca, como os nosos retoños), outro dos seus signos de identidade, era o seu servizo de comida, que sempre levaba presto a pór en funcionamento, era unha daquelas latas de medio quilo, de sardiñas Alfageme, que o mesmo lle servía de prato, como de improvisado tambor, para amenizar a súa ladaíña "Deme unha pesieta por favor", en ocasións e dado que era bastante coñecido, (e de fiar), pedía directamente comida, entón os seus pasos encamiñábanse cara a domicilios onde el xa sabía da boa vontade dos seus propietarios, e entón pedía "una taza de quialdo ainda que estea muermo".
Esta última frase procede do libro de Don Antonio Cid Miranda, "Cisneros 50 aniversario dunha promoción".

No hay comentarios: