Consejos y avisos

30/8/11

O Estadium do Couto

Fotografia do ano 1958 cedida por Luis Glez Iglesias (pai de Miguel Angel portero do Real Madrid
 Non estaba prevista esta entrada pra hoxe, pero fagoa con gusto, pra agradecerlle o amigo Fernando Valcarcel, as suas colaboracions, e achegas de datos tan necesarias pra mín. Nestes días dedicou tempo a revisar o blog, e atopou algunha das miñas dubidas, e supoño que moitos dos meus erros. (xa os iremos corrixindo). 

Os Relampagos do Couto Fotografia cedida por Andres Iglesias
 Poñovos o mail tal e como mo enviou, e logo unha pequena aclaración da miña colleita.

O estadio do Couto

Estimado Rafael, repasando as entradas antigas do blog, atopo unha foto dun partido entre dúas entidades bancarias, o Banco Pastor e a Banca Simeón Pra ver a entrada orixinal fai clic , nos anos 30 celebrado no Estadio do Couto, valéndote da data , dubidas en relación ao lugar de celebración de tan magno acontecemento deportivo e comentas que pode ser que se celbrara no “Campo da Lonia”, aspecto que hoxe se revela como incerto.
Esa mesma tarde, curioseando na rede, atopo o seguinte dato que reproduzo de xeito literal: “La inauguración del Estadio del Couto tuvo lugar en el año 1949 con un partido entre la extinta U.D.Orensana y el Rácing de Ferrol, partido que finalizó con empate a dos”. De novo incerto.

A continuación resolveremos as posibles dúbidas con respecto a este aspecto de importancia relativa para min, que, non me gusta demasiado o futbol .
Podemos afirmar de xeito rotundo dende a rigurosidade que o 1 de abril de 1928, se inaugurou o “Estadium do Couto”.
Ese mesmo día, no diario “La Región” figuraba o titular “El Campo del Burgas F.C”, a explicación débese a que a Sociedade Deportiva Burgas F.C, presidida por D. Víctor Pemán Fernández, remataba a comezos do ano 28 no barrio do Couto a construcción do campo de deportes onde xogaría como “local”, deste xeito, o xornal, publicitaba o partido inaugural que entfrontaría ao Burgas F.C co ”Club Vianense ás 15.30 horas (curioso horario).
O Reverendísimo prelado da Diocese bendiciu o acto, e, posteriormente actuou a Banda Municipal de música.
Ogalla todas as nosas dúbidas (as miñas son innumerables), tivesen tan bo arranxo.
O meu amigo Andres Pereiro co seu caliqueño "campando" no estadio nos anos 60 

Aproveitando os datos de Fernando, e sumandolle outros que co tempo foron aparecendo, (certo e que a confirmación non e sinxela, a ver si o blog amigo barbadasbase.blogspot.com bota unha man), vanse aclarando os temas.
O estadio que se inaugurou o ano 28, Estadium do Couto, ou campo Burgas, foi o antecedente do actual, si ben estaba ubicado un pouco mais cara a vella carretera de Madrid, o seu peche era de madeira, e nos alrededores habia daquelas arboles frutales que permitian ver os partidos sin pagar a entrada, e si acaso merendar de gratis. Penso que xa falei algunha vez do detalle, que as veces os espectadores desta grada improvisada, co seu peso rompian a rama e os servizos sanitarios do clube tiñan que acudir prestos a atender os feridos.
Logo no 52 fixose o actual, e co tempo foi adquirindo o estado actual cas gradas de tribuna preferencia, e a de fondo que se foron facendo segun as necesidades e "posibilidades".
Aproveitando estes datos do amigo Fernando recuperei tamen a fotografia do equipo dos Relampagos do Couto, que no seu día penso que quedou un pouco pobre. Eiqui vos deixo os datos que acompañaban daquelas a fotografia.
 Aquí temos a outros dos que xogaban cun ladrillo se facía falta, coñeceron o campo Loña, tamén o "Burgas" (solar vivendas caixa de aforros no Couto), e por fin o "Jose Antonio" (actual, chamouse asi moitos anos), posiblemente fosen a base do "Sporting Couto", que deu lugar ao "Atlético Orense".

No hay comentarios: