Consejos y avisos

30/4/12

Crónica negra de Ourense V, Accidente na avda. de Francia

Revista Vida Gallega diciembre de 1935
O desastre da Avenida de Francia
   O nadal de 1935 foi especialmente chuvioso, rexistrándose inundacións e desgraciadamente mortos en moitos lugares da xeografía española; Ávila, PalenciaZamora e Salamanca foron algúns dos lugares que padeceron os efectos das inclemencias do tempo.
   A nosa cidade tivo naqueles días un triste protagonismo, coa chuvia e a neglixencia humana como actores principais.


   O primeiro terzo do século xx, o hoxe populoso barrio do Couto, comezaba o seu desenvolvemento; o que foran ata ese momento unhas cantas casas de labranza, no medio de leiras de viñedo, e un par de casas de recreo que os seus propietarios construíran achegándose ás ribeiras do Miño pra facer máis soportables os veráns da cidade, ía experimentar un cambio radical.

   O primeiro paso viñera da man dos fillos do industrial Malingre Parmentier, que no 1896 deciden trasladar a fabríca do parque de San Lázaro, ao que hoxe é "entrada principal" do barrio (Cruzamento Ervedelo con Avda. Portugal); anos despois (1925) foi o asilo do Santo Anxo de dona Angelita Varela, despois o campo Burgas (1928 antecedente do actual estadio do Couto). Esas grandes obras foron acompañadas da necesidade de construír edificios de vivendas, co que chegamos ao momento que hoxe nos interesa.

      Ás doce da mañá do 26 de decembro do 1935 na obra que se estaba a realizar na avenida de Francia, ao lado da Ponte de Ervedelo, caeuse o muro da quinta planta do edificio en construción; nese momento traballaban no lugar preto dunha trintena de obreiros, dos que nove pereceron, e polo menos outros sete resultaron feridos de gravidade. A causa do sinistro, dende o primeiro momento entendeuse que fora a gran cantidade de chuvia caída os últimos días, sumada aos defectos de construción que rapidamente comezaron a aflorar, nada máis iniciarse a investigación por parte das autoridades.


   Sábese que o propietario e o contratista da obra foron arrestados, e os seus bens embargados de xeito preventivo, pero non conseguín descubrir nada mais sobre o caso, mesmo teño dúbidas sobre cal dos catro edificios que flanquean a ponte de Ervedelo, foi o do sinistro; inclínome a pensar que podería ser o que hoxe ocupa un restaurante, pero non o teño claro; e as fotografías que a prensa da época achegaba non facilitan a identificación, mesmo a dificultan, xa que nunha delas se sitúa o desastre, na ponte da Burga. Se algún de vós ten datos, agradeceríalle facilitásemos.



Avda. de Francia era como se chamaba antigamente á rúa Ervedelo.



ABC de Sevilla 1 de Enero 1936

No hay comentarios: