Tiven que modificala un pouquiño pra protexer o orixinal, espero que Ana non se enfade |
Non penséi facer tan poucas entradas estés días, con calma si, pero non tanta.
Na vida esta claro que os proxectos non se poden facer a moi longo prazo, en calquera momento acontece algo que leva por diante todolos plans.
Ven esto a conto, porque moitos xa o sabedes, tiven estés días, o dous pra ser exacto, un pequeño conflicto cun dos meus órganos internos, eu decíalle que tiña que traballar, e el posiblemente contaxiado dos aires de crisis que padecemos, empecinabase en ir o paro, en remate, tivo que lidiar un fenomenal grupo de profesionais da mediciña, a os que lle estou moi agradecido.
Como sempre xa me fun polas ramas.
Somentes pedirvos desculpas e un pouquiño de paciencia, si me deixan, procurarei na próxima semana comenzar cas entradas, a idea e luns, mercores e venres, ágora a ver si consigo o permiso, xa vos terei informados.
A xeito de compensación, a fotografía que vos mostro hoxe, e este agasallo que me deixaron os Reís. Tratase dunha das xenialidades da amiga Ana Iglesias, que mostra un fotógrafo minutero de hoxe en dia. Xa sei que non debia alterar a obra, pero tedes que entender que apeteceme conservar pra mín, a lo menos os colores orixinais.