Navegando pola rede, encontras en ocasións detalles que chaman a atención; é o caso destas orixinais moedas, das que non vou entrar en discusión sobre se son autenticas ou falsas, dado o seu valor económico creo que carece de importancia, máis que outra cousa é: algo anecdótico.
Os que consideran autenticas estas moedas, baséanse en feitos reais; o principal é o da carencia de metais durante a guerra civil, necesarios en primeiro lugar para a fabricación de armamento e munición, co cal as necesidades de Calderilla para a circulación de moeda chegaronse a converter nun serio inconveniente.
A solución a este problema, segundo parece foi a fabricación destes discos, ou uns similares, aos que o selo filatélico que os acompañaba, lles outorgaba o seu valor oficial. Aínda que ao mesmo tempo leva a pensar se non seria mais sinxelo usar directamente o selo como solto, evitando o custo dos cartóns.
Sexa como fose pareceume simpático o detalle das moedas de cartón, e aquí preséntovos unha das que segundo parece utilizouse en Ourense. Non se, non se....
Aquí déixovos un enlace que fala do tema, pero podedes encontrar moitos mais na rede. Preme Eiqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario