Consejos y avisos

18/12/11

Revista Auria

Portada do numero 0.-  Marzo do 1997
Moitos de vós xa estaredes informados da noticia, pero por se acaso, cunha gran pena teño que transmitirvos que a Revista Auria, co número de novembro, puxo fin á súa andaina, no panorama cultural da nosa cidade.

Foron 175 números, repletos de información cultural da nosa provincia, libros, exposicións, fotografías, traballos históricos, actualidade cultural, personaxes, en fin todo o relacionado coa nosa cultura, tivo un reflexo nesta gran publicación, que o grupo La Región, coa axuda dos seus patrocinadores, regalounos durante estes máis de 14 anos.

Como xa sabedes o Arquivo visual Ourensán, comezara a colaborar nesta publicación dende o número correspondente a Setembro deste ano, co cal os tres últimos números da publicación contan con artigos realizados polo AvO. O inesperado da noticia fixo que o artigo que se ía publicar no número de decembro, xa estivese elaborado. Este artigo é froito dunha colaboración entre o AvO e a Asociación de Belenistas de Ourense, e en toda lóxica considero que merece ser publicado, co cal ante a falta doutro medio  publicareino no blog, na data que sairía na Revista que desgraciadamente non verá a luz.

O día 25 de decembro en homenaxe á Revista Auria, Ourense no Tempo publicara un número especial desta revista.

No hay comentarios: