Consejos y avisos

15/12/11

E a eles...

Fotografia de José Pacheco anterior o traslado da Porta do Hospital de San Roque

Outro exemplo das entradas que me gustaría que se puidesen facer realmente neste blog; neste caso Don Ramón fálanos da Real Abadia dá Trinidade, e do convento do Rosario ou de Santo Domingo. Espero que vos gusten.

A Real Abadia da Trinidade rexentada entón por D. Basilio Antonio de Rabago cobraba de rendas en Papón…; … bodega con dous lagares tarreos na rúa do Penso ô pé de boa horta da Abadia. Sostiña o Hespital de Pelengrinos (inda se garda a fermosa porta) e cobraba algús carros de palla centea,  de renta pr´os leitos. Tiña obriga de ter una cama para sacerdote probe. Exrcia regalía de xurisdiceón nomeando alcalde. Tiña Hirmandade d´Anemas con casa na Pena Vixia.



A falta de fotografia do Convento poñovos este dibuxo feito por Atico Noguerol

Tampouco era rico o convento do Rosario ou de Sto. Domingo fundado a comenzos do Século XVII por D Domingo Araúxo, de Vilanova dos Infantes, morto en America. ….
… sua horta chegaba ô termo dos Bacelares onde hoxe se franqueou a rúa de Paz Novoa. As misas dos dominicos valían 2 r. de vellón. Na eirexa estaba a Hermandá de S. Xacinto que tiña colmeas en Souto –Sanin pr´a cera do culto.
Textos do libro Estampas de Ourense a medeados do século XVIII, OTERO PEDRAYO, Ramón. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I Santiago 1927. pax 16

Unhas pequenas aclaracions: a rúa do Penso era unha parte da actual rúa do Baño. O Hospital de "Pelengrinos" o que se refire pode ser o que estaba o carón da propia Abadia, ainda que a referencia que fai Don Ramón a conservación da porta fai pensar no hospital do San Roque que estaba no actual Correos.
A horta dos dominicos chegaba polo que di ata a rúa do Paseo.

No hay comentarios: