Consejos y avisos

21/2/11

Villa Amelia, por fín (Paco Boluda)

Seguimos cas pesquisas, pra axudar a amiga Chus, que quere saber onde vivian os seus antepasados, na cidade. Despois de unha metedura de pata, confundindo o Sanatorio do doutor Pol Piñeiro, ca Villa Amelia;  parece ser que esta vez o dato esta confirmado, eso sí, grazas o amigo Paco Boluda, quen a parte de facilitar a fotografía, aporta os datos de como era esa fermosa casa. Leede a descripción, que e unha maravilla. O final a ubicación e na rúa Celso Emilio Ferreiro, cruce con Camino Caneiro.
"Aiquí está a foto. Non se ve moi ben.
 O edificio que se ve a esquerda, e a esquina do edificio principal de Villa Amelia e parte da sua terraza xa coa balaustrada parcialmente desaparecida. A rúa e Celso Emilio e o camiño de frente e Camiño Caneiro, ao fondo está o túnel de San Francisco.
Villa Amelia era un pazo urbán impresionante, aunque cando eu o coñecín xa estaba en decadencia. A entrada principal efectuabase dende un portalón que daba a actual rúa Celso Emilio Ferreiro. Por el accedíase a un xardín presidido por unha fonte circular moi parecida a da praza das Mercedes, solo que por estas datas xa non funcionaba como tal, senon que estaba rechea de terra onde se prantaran gran cantidade de rosais. Nos parterres deste xardín había sobre todo hortensias e camelios. Ao redor da fonte había unha especie de paseo para que puideran dar a volta os carruaxes de cabalos. Dende este xardín accediase ao pazo mediante unhas escaleiras de pedra con baranda de ferro que remataban nunha solaina que a modo de balcón percorría toda a fachada do edificio. No medio estaba a porta principal que daba acceso ao hall presidido por un gran espello e un monumental percheiro de madeira. A dereita estaba a porta do salón de baile, decorada con vidrieiras e a esquerda a porta que daba as estáncias personais da familia. Tamén lembro que na solaina tiña no fondo a esquerda o retrete, que viña a ser un cilindro de pedra cun burato no medio. Na planta de abaixo estaban as cociñas, a adega e as cocheiras onde se gardaban os coches de cabalos.
Contiguo ao edificio principal, a man esquerda, estaba a casa destinada ao persoal de servizo do pazo, como é loxico moito mais sinxela que o pazo. Tiña duas plantas, a superior para o persoal e a baixa para cuadras e un pequeno taller. A xente que traballaba no pazo tiña o retrete nunha casoupa de madeira no medio das fincas traseiras.
Detrás do xardín da entrada e separado por unha tapia estaba o xardín de arbores frutais con nogueiras, laranxos e figueiras que abastecían o todo o barrio, porque alí entraba todo o mundo. Ao fondo de todo, xa colindante ca vía do tren estaban as hortas e os viñedos, xa por entonces abandonados.
Villa Amelia naqueles tempos, anos sesenta, estaba ao coidado de don Eliseo, que se adicaba a venda de peles e que utilizaba a adega do pazo como almacén. Era unha excelente persoa, a sua filla Nelly montou anos despois o mítico bar Eirociño na praza do Ferro.

Foi unha pena a desaparición deste edificio, pois era un magnífico exemplo de pazo urbano. Na actualidade o seu solar está ocupado por un edificio que nos baixos ten un establecemento de coches de segunda man.
Unha aperta.
Paco Boluda"

Doulle as grazas o amigo Paco, e agora somentes falta, ver se alguen ten unha fotografía na que se vexa mellor, o edificio.

No hay comentarios: