Consejos y avisos

22/2/11

Caixas de Aforros

O fio da exposición da que vos falei o Domingo "Faustino Santalices"; (por certo quero felicitar os organizadores pola sua previsión, e o que eu pensaba que ia ser un defecto, o final foi unha moi boa decisión; dalgun xeito dixen o domingo que a hora elixida pra facer a presentación non era a millor, e a verdade e que vista a concurrencia o acto, penso que foi unha idea magnifica, se chega a ser a unha hora mais comoda, o acto houbera sido complicado de realizar debido a cantidade de xente que concurriu. Por outra banda e un motivo de ledicia, ver que a cultura, ainda e capaz de mover á xente.).E aproveitando esta fotografía que podedes ver nela, (outra copia; esta pertence o amigo Pastor Fabrega), sirveme de nexo de union cun tema de candente actualidade. O vernes pasado, decidiuse por fín, cales eran as condicions de funcionamento das Caixas de Aforros.
 Deus me libre de opinar desas cuestions, tan sesudas, non teño nin o coñecemento suficiente, nin ganas de facelo.
O que si me gustaria e lembrar unha entrada que fixen fai pouco tempo na que co gallo das discusions que habia pra facer a fusión das caixas galegas (segundo semella, inutil), recordei o espiritu da sua creación. Pra ver aquela entrada   Preme eiqui, pero por se non vos apetece darlle o dedo, reproduzoa nesta entrada,cunhas pequenas modificacions. Daquelas falei do posible nome da fusión resultante, e hoxe penso que eso carece de todo interese.
"Caja de Ahorros Provincial de Orense. (C.A.P.O.)


As caixas de aforro, naceron pra facer fronte á necesidade de axudar ao pequeno aforrador; a inexistencia de sistemas de protección social, e o feito de que a banca privada, só mostraba interese pola empresa, e as grandes fortunas, levaron á clase política a mediados do século XIX, a fomentar a creación das Caixas de Aforros.
Os seus fundamentos pois, non buscan o lucro, senón o servizo á cidadanía, por iso nos seus órganos directivos, sempre estiveron involucrados os gobernos locais.
Cando no ano 1932, desde a deputación Provincial, Don Luís Fabrega Coello, impulsa a creación da Ourensá, Caixa de Aforros Provincial, buscábase, abrir unha porta a toda a cidadanía, para que co esforzo común, e unha "segura" política de investimentos locais, fomentásese o crecemento da Provincia.
Obrigado é recoñecer, que no caso Ourensán, tivemos que esperar ao boom da emigración, para que a nosa caixa vivise os seus momentos de esplendor, lonxe quedaban aqueles días, en que Don Luís achegábase á oficina da Caixa nos baixos da actual Deputación e logo de consultar como ían os movementos do día, (escasos ou inexistentes a maioría dos días), efectuaba un ingreso na súa conta.
A colaboración da Caixa, foi fundamental, para o crecemento das escasas industrias que se crearon na provincia, e pra a mellora na calidade de vida dos Ourensáns; a proximidade no seu momento foi fundamental.
Hoxe en día é evidente que non é viable un sistema case familiar, como era o da Caixa, pero algún modelo haberá que atopar, para que se poida seguir axudando ao pequeno empresario, e colaborar cos emprendedores locais."
A fotografía que ilustra a entrada, como xa vos dixen, podedes vela na exposición do Museo, que volvo recomendaros a sua visita. É complementaria a que tedes na antigua entrada:
 E o convite que se fixo pra celebrar o nacemento da "Caja de Ahorros Provincial de Ourense", e celebrouse no deposito de auga de San Francisco o día vinte de Marzo do 1933, nesta recoñeceredes a mais dos xa citados na anterior,  Don Luis Fabrega Coello, Don Justo Mendez Aguirre, Don Eleuterio González Salgado (Leuter), Don Constantino Añel, Don Manuel Suarez Castro, Sr. Vidán; a estes outros personaxes da historia da nosa cidade, Don Luis Xesta (corrección de Pastor F) , Don Faustino Santalices, (no centro con gafas escuras, na sua faceta de secretario do goberno Civil), Don Basilio Alvarez (o abade de Beiro), e por non aburriros, xa que esta fotografía e posible que volva a aparecer no blog precisamente pra identificar os maximos posibles dos personaxes, citar que o grupo folklorico que ía amenizar a xornada e sae na imaxen, e o  dos "Enxebres".
Eiqui vos deixo tamén un anuncio publicitario das caixas do ano 1989, queria por o de "Estamos con la gente", que tan famoso se fixo, pero non fun quen de atopalo. 

  

No hay comentarios: