Comeza o veran, e o tempo invita a sair a rúa, ou marchar de festa, mais a menudo, por eso e porque sei de anos anteriores, que nestes tres meses, Xunio Xullo e Agosto, as visitas o blogue reducense considerablemente, iste ano decidín reducir o numero de entradas destes días. A partires de hoxe, farei unha o como moito, duas entradas na seman, en vez dunha diaria, posiblemente saían os martes e venres, pero non descarto que de cando en vez o día de publicación, sexa outro, incluso pode que algunha seman, saian mais de duas entradas.
Dentro das miñas posibilidades, tentarei que esas entradas sexan un pouquiño mais elaboradas, e nalguns casos, que vos fagan pensar un ratiño. Tamén lembrovos que se algún quere enviar unha entradiña, pra publicar, ten as portas abertas, de feito un par de colaboracions estan pendentes de publicación, (non si Don Pastor, e .....).
Agardo que non vos moleste os lectores habituais, este descenso na cadencia das entradas, pero e que entre outras cousas, vou aproveitar pra reorganizar o arquivo fotografíco, recopilar mais información, e poner en marcha, a páxina Web do Arquivo visual Ourensán, que ainda que estan no esqueleto, xa se pode ver, (e aportar ideas). pra botarlle unha ollada, facede clik, neste enlace
Esta fotografía, por dereito propio, non tardara moito en figurar nun libro, da historia da cidade.
Cando dona Mercedes Noguerol, prestoume unhas cantas das fotografías que lle deixou o seu pai Don Atico Noguerol, tiven que velas todas unhas cantas veces, pra non errar na identificación.
No caso da de hoxe, as dubidas eran mais que outra cousa, pola extrañeza que me producia, ver ese escudo ben coñecido, enmarcado por esa pedra, e ver que debaixo del, en vez dun cano, vianse dous e sin facer moitas cabalas, podemos imaxinar un terceiro.
Supoño que os amigos "Bocas" e "Milhomes" (A Esmorga), cando a visitaron nas suas correrias, debia ter unha pía, onde se remollaron pra aliviar os calores.
Hoxe como vedes na fotografía que vai abaixo, non ten moita utilidade, o marxe da historica (que non e pouco) e estetica. seria moi dificil conseguir que voltara a sua utilidade?, xa non digo a sua forma orixinal, pero a lo menos, que teña uso; e poñer unha pequena pia, que faga mais sinxelo decatarse da sua presencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario