
Ahi tedes tamen o edificio da sala Auria, ca sua verde e brillante cupula, e o mais significativo da imaxen, como non podia ser doutro xeito, as "Majoretes" (majorettes), as que entre outras cousas temos que agradecerlle, que lle facilitaran os nosos mayores a ampliacion de coñecemento, como senon iase saber en Ourense que existia un pobo ala na Francia que se chamaba Montpellier, onde as rapazas andaban a cotio ca falda "arremangada".
Lembro as festas daqueles anos, ou millor dito as batallas de frores daqueles anos, mais concurridas do habitual, tamen as facianas dos pais, cando as suas donas lle preguntaban se viran como voaban as varas da directora do grupo, e eles nin sabian do que lles falaban, xa que estiveran moi preocupados, por si se lles veia o "culotte", as señoritas, (que mal o pasaban os "probes").
No hay comentarios:
Publicar un comentario