Consejos y avisos

18/2/10

Don Basilio e o photo shop

Xa nalgunha ocasión, mostreivos, o arte de don José Pacheco, pra compoñer imaxes, sen poder utilizar o tan traido hoxe en día Photo Shop.
Nesta ocasión e pra que vexades que era algo bastante mais habitual do que semella, enseñovos esta composicion que fixo o alumno de Don José, Don Luis Casado, (que polo que teño entendido no 1914, ainda firmaba así; non mudara polo "Ksado"; por outra parte, transformación do nome moi actual, pra que a nosa xuventude non presuma tanto de orixinalidade), ca colaboración do señor Xesta, non sei cal foi a mision de cada un deles no traballo, pero a firma e dos dous.
Falando da imaxen, direivos que tratase dun mitín de Don Basilio Alvarez, organizado pola "Sección Gallega", organo do Movemento Agrario, non podo confirmalo, pero seica foi no Carballiño , durante o mes de xaneiro do ano 1914. Firman o traballo Casado y Xesta
A fotografía publicouse na revista Nuevo Mundo (Madrid), no seu numero 1045, do 15 de xaneiro do 1914. E se vos fixades nela o millor coincidides conmigo, en que o montaxe de Photo Shop, puidera ser necesario, pola non realizacion real da instantanea; ou moito me equivoco, ou a imaxe, ten demasiada luz pra ser desas datas, e Don Basilio desa guisa penso que xa o vin noutra fotografía, por certo non vos recorda o xesto de don Ramón, nas suas conferencias, o que mostra Don Basilio.
Se algun de vos animase a escribir unhas letras falando deste gran home, eu poñolle as fotografías, que algunha mais teño de don Basilio.
Por certo, acabome de decatar, que estes días anduvo o señor Ksado duas veces polo blogue, pois o señor Xesta non e menos, e tamén aparecera maña, (casualidades de certo).

No hay comentarios: