Páginas

30/11/09

A nova aliñación da rúa Santa Eufemia

Na entrada do rueiro, podedes ler, que nesta zona da cidade, enredase un pouco a identificación dos antigos nomes de prazas e rúas.
Fai uns días unha amiga (e espero que colaboradora), facilítome o plano que no seu día Vázquez Gulías, fixo para desenvolver a remodelación da rúa Santa Eufemia, (segundo reza no propio plano).
Tratábase naqueles intres, finais do século XIX, comezos do XX, (posib. 1899), de ampliar o que era unha pequena rúa, que baixaba dende a rúa dos Zapateiros (Paz), ata a rúa Nova (Lamas Carvajal), conseguindo achegar unha mellor visión da fachada da Igrexa dos Xesuítas, ao mesmo tempo que mellorar enormemente o tránsito de carruaxes na zoa.
Aproveitando datos que de forma clara e indubitable aparecen nel, e intentado plasmar os nomes e localizacións dos viarios desa zona.
A risco de cometer algún erro, ensínovolo, para que se tedes algún dato máis, ou detectades algún fallo, comuniquédesmo.

29/11/09

A Torre en obras 1969?

Esoutro día, preguntábanme se non tería no meu arquivo algunha fotografía das obras da Torre de Ourense, e a verdade é que respondín que por desgraza, non.
Pero revisando uns cromos da colección estampas de Orense, atopei esta.
Sinto que non sexa máis espectacular; supoño que o meu interlocutor referiríase a imaxes do edificio en esqueleto, pero desas non teño, xa sabedes se algún as ten e quere mostralas, ten o blog á súa disposición.

28/11/09

Xornal "El Agro" (David Simón)

Entrada rapida, pra recomendarvos que visitedes o blog do Doutor David Simon, nel atoparedes os datos deste xornal, descoñecido, millor dito, non rexistrado ata o de agora.
Grazas a David por mostrarnolo, e a Don Luis Herbella por telo conservado.
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/

Recomendación

Por fin parece que chegou o inverno ,(xa era hora), así que o fin de semana podemos aproveitar para hobbies máis tranquilos, ler, ir ao cine ou xogar cos nenos (quen os teña), é unha boa opción.
As novas tecnoloxías, abren novos horizontes; pra quenes gustades do antigo, recoméndovos esta páxina, repleta de anuncios e carteis de antonte, que aos que nos achegamos ao medio século creo que nos pode facer gozar un ratiño.


http://www.rafaelcastillejo.com/

27/11/09

Centenario Salesianos (Maria Auxiliadora)

Fotografía da web www.salesianos-ourense.com
Pra min sempre é un problema iso das datas dos aniversarios dos colexios; o ano do centenario, é o de chegada á cidade, ou a do primeiro curso académico?.
Sexa como sexa o 2010, cúmprense 100 anos da chegada dos Salesianos a esta cidade.
Foi no ano 1910, cando dona Carlota Vázquez Sarmiento, decidiu ceder a leira e as instalacións, (en principio ían destinarse a fábrica de curtidos), da ribeira do Miño, aos Salesianos.
A partires desa data, e ata os nosos días, permaneceron sempre entre nós, colaborando na educación dos Ourensáns.
Grazas e felicidades.

Durante este ano, procurarei mostrar no blog, as imaxes que teño e facilítenme os meus colaboradores, relacionadas co evento, (algunha xa podedes ollar no blog dende fai tempo), hoxe preséntovos unha delas, cedida polo amigo Santiago Mosquera.
Mostra a inauguración da igrexa parroquial (posteriormente) de María Auxiliadora, os datos son os que están na web dos Salesianos.

CONSTRUCCIÓN La primera piedra de la actual iglesia de María Auxiliadora, se puso el 7 de noviembre de 1951. La bendición del nuevo templo tuvo lugar el 23 de mayo de 1954. Lo bendijo Mons. Marcelino Olaechea, SDB, arzobispo de Valencia. La primera misa pontifical tuvo lugar el día siguiente, 24 de mayo de 1954; presidió Mons. Olaechea, asistieron los obispos de Ourense y Tui. El predicador fue el salesiano P. Felipe Alcántara.
INICIOS Como Parroquia salesiana, fue inaugurada el día 31 de enero de 1983. Presidió la concelebración el obispo de la diócesis, Mons. Ángel Temiño Saiz. El primer párroco fue D. Amable Lorenzo Fernández, el segundo D. Eleuterio Lobato, y el tercero D. Fernando Domínguez.
El año 2008 se cumplieron 25 años, siendo párroco D. Luis Antonio Prieto.
Xa fai tempo que don Secundino Lorenzo (Chicho), envioume un mail dándome o dato de que quen recuperara a fermosa fotografía de familia do colexio Salesianos nas escalinatas de Santa María Nai (1953), foi don Víctor Campio.
Fai uns días un colaborador, volveu recordarmo, como é de xustiza, dende este humilde blogue, agradecémoslle a don Víctor Campio Pereira (mestre, escritor e poeta) o conservar esta xoia, e permitir que máis de 50 anos despois, podamos gozala.
Grazas

26/11/09

Amador Villar Amor III


Levaba tamén un tempo sen visitarnos, Don Amador, hoxe refollando entre os papeis que me prestou o seu afillado Amador Rego, atopei este... , non se como describilo, digamos que é unha tira cómica, ou quen sabe, se unha letriña pra unha artista de "Varietés".
Tendo en conta a época en que debeu ser escrito, ao redor anos 20, 30, daquelas entenderíase como un pouco subido de ton, dende logo non apto pra os delicados oidos dunha "Señora", polo menos en público. E que dicir do atrevemento de incluír na chanza a dous cregos???.
Pra disimular a miña pouca imaxinación, e ganas de escribir, déixovos esta xoia fotográfica; xoia por dous motivos, o retratado Amador Villar Amor, e o retratista Don José Gil, (aínda que a Don José coñecédeslle doutras entradas, podo asegurarvos, que son escasas as fotografías que se poden atopar coa súa firma)

25/11/09

A riada e a Ponte Pelamios

Fai xa tempo, que o amigo Cid Miranda "Cándido", déixome esta fotografía, e tíñaa medio esquecida.
As tan esperadas choivas deste inverno, fai uns días comezaron a aparecer, e causar as molestias habituais, (nunca estamos contentos; como se dicía antes "nunca chove a gusto de todos"), o caso é que o outro día pasaba pola ponte de Ervedelo, e era un espectáculo observar o caudal e a forza que levaba o humilde Barbaña, traendo á miña memoria esta fotografía.
O ano 45, recórdase como o da riada, (segundo os datos non foi pra tanto), o Barbaña baixaba atronador, e levándose por diante todo o que atopaba ao seu paso, a Ponte Pelamios, que aquí vedes, foi unha das súas vítimas, un pouquiño máis adiante, tamén caeu a Ponte Pequena, pero esta realmente non tiña a categoría de Ponte, por iso noméase moito menos.
Outras crecidas sufrimos na cidade; realmente cada ano, durante uns días, o Pai Miño, se envalentona e acariña terras, que se cren a salvo do seu poder. Pero a do 45 é a que os maiores recordan con máis paixón.
Se buscades polo blog atoparedes unha fotografía desta ponte en pé.

24/11/09

Breve historia dos Maristas Ourense I

Plano das diferentes ubicacions que tiveron os Irmáns Maristas na cidade de Ourense.
.- 1 Rúa San Miguel (tedes foto no blog)
.- 2 Delegación de Defensa (no paseo)
.- 3 As Mercedes (Casa Romasanta), compartiu espacio temporal, ca dous (tedes foto no blog)

.- 4 Lamas Carvajal (Seminario conciliar San Fernando)
.- ? Xardín do Posio, (soo existen referencias orais da sua ubicación durante un corto periodo de tempo, non atopei datos escritos da sua presencia no que foi colexio do Divino Mestre, hoxe derrubado).
.- 5 Avda. de Pontevedra (retorno) (tedes foto no blog).
.- 6 Bedoya (actual).

Tentei atopar una imaxe inedita, pra continuar ca historia dos Maristas en Ourense, pero penso que non a teño millor que a que tedes eiqui.

Quero con esta entrada mostrarvos o documento da fundación do Colexio Maristas.

Por iniciativa del Excmo. Sr. Obispo de la diócesis y con su generosa protección acaba de fundarse en esta ciudad de Orense un Colegio dirigido por los beneméritos Hermanos Maristas de la enseñanza.

En este Colegio se han instalado tres clases para niños de familias no favorecidas con bienes de fortuna, en que recibirán instrucción completa primaria elemental y superior gratuitamente, enseñándoseles también la lengua francesa; y dándoseles lo que vale mas que todo eso, a saber; sólida educación cristiana y social.

El sostenimiento de estas clases, a las cuales asisten ya cerca de doscientos alumnos, corre a cargo del Prelado, cuya caridad y celo se ponen de manifiesto con tan insigne obra.

Además de las tres clases gratuitas se han instalado otras para niños de familias acomodadas dirigidas también por los mencionados HH. Maristas, por disposición del mismo Sr. Obispo.

Así vela nuestro Excmo. Sr. Obispo por la educación y cultura de los niños y jóvenes.

Texto procedente del Archivo Diocesano del Obispado de Ourense.


O comezo

Cando a miña amiga Reme Fitera, prestoume esta fotografía, pásome totalmente inadvertida; viña acompañada de moitos recordos, o seu pai, amigos, festas, rúas, demasiada información para asimilala nun momento; é por iso, que aos poucos, revísoas, e teño que dicirvos, que sempre atopo algo novo.
Esta imaxe de hoxe, espero que a moitos tráiavos bos recordos.
Se vos fixades no cartel do primeiro andar, descubriredes un nome de grato recordo para moitos Ourensáns, Don Juan Raposo, a primeira cara que moitos de nós vimos; aínda que o momento non era apropiado para presentacións, e a memoria do novo cidadán, posiblemente non alcance a lembralo, el era quen con agarimo e moita profesionalidade, botábanos esa primeira man, que sempre se precisa. (outro día cunha imaxe súa, falareivos del).
O resto da fotografía, permite gozar detalles como o do señor garda municipal ca sua elegante e protectora "bacinilla", o garaxe Americano, concesionario de Dodge e Austin, A Unión Cristaleira, e como non, unha das magnificas carrozas de Don Federico Alonso Martínez Risco.
Para os descoidados, ou moi novos, que non recoñezan a esquina, falamos do cruzamento das rúas Curros Enríquez con Habana, enfronte á Torre, o Sila (hoxe penso que se chama Princess), e Adolfo Domínguez.

23/11/09

O Volter "Ana Bande Bande"

Dentro da serie de entradas feitas por amigos e colaboradores.
Con sa envexa, aquí déixovos a entrada que amablemente me remitiu Ana Bande Bande, á cal podedes seguir no seo blog. http://anabande.blogspot.com
Gozádea, e espero que en calquera momento regálenos outra xoia como esta.
Infinitas grazas Ana.
(Un descoido fixo que non estivese o seu enlace no lateral do blog, xa esta corrixido).
O único día da miña vida que estiven no Volter era o ano do COU. Eye in the Sky, Five Miles Out e Richard Clayderman. Entón sería no oitenta e dous. Pouco lembro daquela tarde. Un mozo que facía a mili en Ourense quixo pasar a tarde comigo. Non lembro como se chamaba e tampouco o identificaría xa nunha rolda de recoñecemento. Só lembro que me desacougaba moito a súa conversa. As súas historias de cuartel non me interesaban o máis mínimo e eu daquela, unha moza con poucas ínfulas revolucionarias, ata consideraba de mal gusto as súas queixas sobre os mandos e os seus plans de fuxida.
Pero o que importa daquela tarde é que a pasei no Volter. Mentirei a gusto e deliberadamente neste relato. Por pura honestidade. Chamémoslle ao mozo Alfredo. Para, para, e que se chamábase así, Alfredo. Seguro. Pero non quero tampouco fuchicar moito aí, non sexa que salgan outras pantasmas. Alfredo, si. Un rapaz moreno, con cara de boa xente e moi triste. Falaba pouco, e sempre do mesmo, do seu desexo de fuxir, da súa zuna por aquel sistema carcerario, e unha falcatruada moi grave que cometera pero da que eu non quixen enterarme moito. Pero ao importante.
Todo isto ocorría á escasa luz daquel bar, Lámpada mantida co óleo de unha ialma de alborada e lembranza (O. Pedrayo). Alfredo falaba mentras os seus dedos xogaban cunha copa dun presunto licor.
Todo te nombra /aquí en esta cueva / se beba o no se beba /vaga tu sombra (Gareno).
Eu facía que atendía pero o que me interesaba era descifrar as coiteladas que outras parellas máis divertidas deixaran escritas naquela mesa, non sei se moi escura ou moi sucia. Alfredo ás veces dicía cousas raras, algo do Rif, e do mar de Azof, e dun tal Salakok (Pepe Romero), eu que sei. Facía como que lía nas pareces pero para min que eran os refugallos das derradeiras frases dunha novela malísima.Eu teimaba cos graffitis. Si, esto semella un soneto.
De la mano te llevaba a mi boca / para que me quitases el aliento / y que dejases allí el alimento / que no saciaba el hambre que provoca /.
Versos cravados e fuxidíos que me entretiveron todo o tempo que Alfredo investía en argallar conspiracións e boicots, a ollada longa i a espranza outa (Casares), ollos fixos como boca de rifle / non temades ollos como bocas de rifle (X.L.M.Ferrín).
Eu tiña frío, como case sempre, e fóra a choiva non convidaba ao paseo, chora, chuvia, chora polos cristales,chora polos teus, polos meus males (J.L.Cid). Entón quixen contarlle algo que me preocupaba. Aquel absurdo suspenso en historia que a inefable profesora C. xustificaba no feito de eu non ter nomeado a causa da evanxelización como principal motor da colonización, ¡Cuando nos ahogaremos en el agua profunda de Dios...! (J.L.Cid). Alfredo non levaba conta das miñas verbas, nin da miña teima por descifrar agora aquel segundo cuarteto.
De la mano te acompañé a mi pecho /para que te meciesen los latidos /de mis senos de repente crecidos / y poder ser improvisado lecho.
O que continuaba xa era ilexible totalmente, así que tentei aproveitar a escasa luz que incidía nun cadriño da parede para ler un anaco do que alí poñia. Amigo: Quen por ti preguntar / que saiba oilo / no meu calar (E.B. AMOR).
¿Quen sería ese tal Blanco Amor. O soldado demediado non puxo interés en respostarme. Ás veces a súa ollada procuraba a miña solidariedade coas súas falcatruadas, pero eu preguntábame se el tiña dereito a rebelarse mentras eu tiña que esforzarme tanto por imaxinar que aquel prato de sesos escachado polo chan da cociña eran as flores dun xarrón que P. accidentalmente escachara cando llas dera a M. polo día do seu aniversario, El angel vendrá con la espada flamígera [...] por el fuego de su empuñadura (L. Quintela).
Que sabía eu daquela de Casares, de Pepe Romero, de Ernesto G.del Valle, de J.L.López Cid, de Luis Cabo, de Ferro Couselo, de Díaz Rodríguez, de Luis Quintela, de Carlos Velo, de Baldomero Moreiras, de Acisclo, de García Almeida, se case non sei agora. Sabía de Otero Pedrayo porque meu pai dixera que tiña servicio, que morrera un home moi importante e mesmo me levou a dar un pésame a unha casa da Rúa da Paz da que non lembro ren. Tardaría eu anos en coñecer ao mozo que levaba unha poesía nos seus petos, ya no quedan piratas, /rebeliones / ya todos somos bueyes/ bueyes, bueyes / para aguantar el yugo de las leyes, / que en su provecho / dan los piratones / que resuciten los piratas! (A.Tovar). ¿cantos deles aínda viven? Aquel mozo, o da poesía mecanoscrita, levoume anos despois a facer fotos a un sitio que "non tardarían en derrubar".
O prognóstico foi xeneroso. Seica aquel orixinal furancho foi comesto polos bechos do esquecemento. Bueno, está ben. Non nos laiemos hipócritamente, xa todos sabemos de que vai o conto, ollade como estamos mutilados / ergueitos os muñós apodrecidos..que deixou alí escrito o certeiro C.E. Ferreiro. Laios, laios, só laios por toda a nosa literatura, e terra, Sin casa xa, sin terra, coma os ventos, (B.Graña), e tristura, en este ambiente todo es gris (M.Fdez. Sampayo), e patria, nin galegos sin galicia (J.M. Moreiras), e ¡Galicia Ceiba! (L. Cabo). ¿que diría o resto daquel soneto? ¿a que ou a quen lle foran dedicadas esas verbas cicais improvisadas por unha moza namorada? e ¿por que non había ningunha muller naquel contubernio? Bueno, sí había, estaba a señora Concha, a dona de Don Antonio, o Tucho, afastada de alegorías, frescos e parábolas. Ocupada en quecer o bandullo dos peripatético, dos cultivadores de logos daquela pequena Atenas, irrepetible ínsua de prodixios e nereidas, como di o recompilador Almeida. Mágoa non ter reparado aquel día no alegórico fresco de Xose L. de Dios, e nas esceas dos mortos de Ferrol pintadas por Conde Corbal, ¿por que mortos se nos cadros aparecen traballando?, sequera puiden fixarme nos retratos que Vidal Souto e Xavier Pousa lle fixeran ao Tucho. Nin se me ocorreu ollar o teito para ver ao taberneiro dirixir coa súa batuta aquela orixinal orquestra de diletantes.
Pero non nos laiemos tanto, era só unha baiuca, coas cousas de sempre, eiquí neste recuncho / do vello eironciño / pintámola cana / bebémolo viño-bebamos, bebamos/ de bon ribeiriño (F.Couselo). Pouco importa se...a porta de palla ¿e porta ou cancela? (Ernesto G.del Valle).
Brindemos polo esquecemento que tamén ha ter algo de bo ¿non si?
P.D. ¿e que será de Alfredo?.
As citas en cursiva pertencen a textos que estaban colgados no bar do Tucho e que recollín do libro O´Volter. Fragmentos para a memoria. Ourense: Xunta de Galicia, 2009.

22/11/09

As postais de Salgado

Non, non son da miña colección, nin sequera as coñecía, pero fai uns días revisando en e-bay, atopeime con cinco postais que aparentemente pertencen a unha serie realizada en Arxentina.
Se aínda non as venderon poderedes velas na súa páxina www.ebay.es, e se algún se fai con elas, e préstamas, fará un amigo, a min o de comprar por internet, non me emociona en exceso, e menos se é unha venda internacional.

21/11/09

A Prensa en Ourense (Marcos Valcárcel López)

Non foi sinxelo, poder telo na miña casa durante uns días, e revisalo con calma, pero finalmente a amabilidade do amigo Carrión, fíxoo posible.
A deputación, teno esgotado desde fai bastante tempo, e as librerías de Ourense fai moito que suspiran por el, nas do resto da comunidade, (non puiden buscalo máis que en Vigo, Pontevedra e Santiago), aparecíalles na pantalla do computador, pero en falta desde fai moito tempo.
Se cadra unha nova edición, pagaría a pena.
O libro en si é un excepcional traballo documental, da historia da prensa ourensá, (non tan prolífica como noutras provincias galegas, pero si de gran calidade).
O profesor Valcárcel, reuniu nesta publicación todos os datos coñecidos ata o ano 1987 sobre o tema, cito a data, porque teño entendido que actualmente poderíase engadir algún dato máis, (sobre todo relativo a fondos onde consultar, ou o que é o mesmo, apareceron algúns números máis dalgunha das publicacións).
Léndoo, o primeiro que se me veu á mente, é que realmente é unha pena que non se poida botar un ollo algunha desas publicacións das que non se garda, ou aínda non se atopou, ningún exemplar, O Gracioso, (Xan dá Coba), O Ourensán de 1838, (do cal non se sabe de certo se chego a publicarse), A Tranca, O Progreso, A Gaita, e un longo etc. Forman esa lista de desaparecidos.
Agora que o penso, poderíades botar un ollo á mesilla da avoa, ou ao caixón daquel armario que tedes no faiado; antigamente forrábanse con xornais antigos, se cadra quen sabe?..
Se vos interesa o tema, achegádevos a algunha das bibliotecas que temos na cidade, e revisalo, gustaravos.

20/11/09

Alameda do Crucero

Nas últimas entradas, estoume a fixar que a miña curiosidade, está aflorando con demasiada frecuencia, e en moitas delas, solicítovos colaboración; pois a de hoxe é unha máis, síntoo.
Quero mostrarvos estas dúas imaxes, son as dúas do mesmo lugar, Alameda do Cruceiro hoxe parque infantil, (o cruceiro que lle deu nome, sabedes que esta desde fai moito tempo, adornando con estilo, o cemiterio da Magdalena, perdón a Praza da Magdalena), pois ben, as imaxes como podedes apreciar diferéncianse aparte da escena que mostran, por un lapsus temporal, iso é o que me gustaría pescudar.
Cando desapareceu esa estrutura e os símbolos dese lugar?.
A fotografía inferior, quero crer, que mostra unha época próxima á súa construción, (digo construción, porque se vos fixades non é unha estrutura provisional, senón que está realizada con pedra), e está perfectamente datada, corresponde ao ano 38, e forma parte xunto con outras que están xa no blog, da homenaxe a Don José Calvo Sotelo, e a Xúra de Bandeira dos alféreces de Ávila, a fotografía (supoño que por encargo), obtívoa Villar como reza na esquina esquerda.
A miña ignorancia, relaciónase mais coa superior, xa que se vos fixades, detrás, na rúa Progreso, o único edificio que se ve é o de "Licores Viso", co cal falariamos de principios dos cincuenta, con todo a vestimenta dos infantes, que parecen chegados do cercano Club de Tenis, recórdame os sesenta.
A longa andaina dos Pacheco, pola cidade, que son os autores, non axuda en nada pra datala, así que volo deixo nas vosas mans.
Realmente é simple curiosidade, co cal non fagades como un de vós, que me rifou, porque pasouse as tardes dunha semana buscando o dato que preguntei da catedral, e resolvinllo acudindo á memoria de Don Miguel Anxo, (o cóengo arquiveiro da catedral).

19/11/09

Nova visita do Perniñas

Levaba tempo Don Antonio García Novoa (Perniñas), sen visitar o blog, e botábaselle de menos. Hoxe regresa, e podo dicir que moi acompañado.
Moléstame ter que recoñecer que non puiden identificar con seguridade aos seus acompañantes, (e non é por non habelo intentado), sabendo un pouco da súa historia, o mesmo poderían ser autoridades locais, que membros da Asociación de Prensa, uns amigos dos de Faladoiro, ou unha mestura de todo o anterior.
A localización, penso que a pesar dos poucos datos, pódese dar como válida, a entrada do negocio de "Os Chantada" na rúa do Instituto (Lamas Carvajal), os personaxes xa é outra historia.
Vou citar aos que creo recoñecer, con máis seguridade (pero con dúbidas), Don Manuel Malingre Ludeña, (1º sentado pola esquerda), o seu caron o avogado e procurador eclesiastico Don Candido Cid, Don Celso Ferro, e o ultimo dos sentados, Constantino Añel, o primeiro de pé pola dereita e Antonio García (Perniñas), de pé, terceiro pola dereita, que si está identificado, do resto non me atrevo a opinar, espero que me botedes unha man.
Como premio pola vosa colaboración, aquí déixovos unha das inspiradas poesías de Don Antonio

18/11/09

O debuxo de Atico Noguerol

Faleivos fai uns días, na entrada da rúa Pereira, deste debuxo, e hoxe móstrovolo; espero que perdoedes, que non sexa, no seu estado orixinal, (e que ousase darlle cor; é que cando me deixan as "Alpino" emociónome), pero é un xeito de animar aos interesados en velo, a que se acheguen ao arquivo histórico, e poidan gozalo, e se seica, porque non, animar aos responsables do arquivo a pensar nunha exposición sobre o tema.
Buscando no blogue, atoparedes polo menos dúas fotografías, directamente relacionadas con este debuxo; a mencionada da rúa Pereira, e a da Reloxería Suíza, se as revisades e comparades con esta imaxe, coincidiredes comigo (supoño), en que o Sr. Noguerol, axustouse fielmente á realidade, (ata aparece o letreiro da Reloxería), achegando unha novidade, ata agora inédita en imaxe, a existencia da fonte nesa esquina da praza.
A verdade é que son moi escasas as aparicións de Don Ático Noguerol Iglesias (1888-1942) na historia de Ourense, aínda que é certo que a súa achega (polo que eu se, aínda que intentarei ampliar datos; ter unha rúa co seu nome, supón que nalgún momento, que descoñezo, realizouse un expediente de honras, que ao consultar permitirá coñecelo mellor), limítase á confección dun plano da cidade, e uns debuxos, marabillosos, en canto ao que reflicten; sobre a calidade, que opinen os que entendan do tema.
Estes debuxos chegaron aos nosos días grazas a Don Xaquin Lorenzo (Xocas), quen os gardou, e puxo baixo a custodia do Arquivo Histórico Provincial.
Aproveito pra dar as grazas o persoal do Arquivo Historico, pola sua amabilidade e paciencia.

17/11/09

Reencontro

Supoño que lembraredes as entradas do día doce e o dezanove de outubro, nas que vos falei de Don Felisindo Romero Peláez.
Pois ben, supoño que os que tivestes a amabilidade de facerme chegar mails con suxerencias, e os que seguides o blogue, celebraredes comigo, que Carmiña Romero xa ten contactos, con familiares, dos que quedaron na terra, e nunca tivera noticias.
En principio, non consta que teñan relación cos Romero da banca, nin cos Moretón, nin os Coleman, aínda que eran opcións perfectamente validas.
Non vou dar os nomes destes familiares, entre outras cousas, porque non pedin o permiso pra facelo, pero e, que o importante era o contacto entre eles, nada nais.
Paso agora a xustificar a imaxe que ilustra a entrada; e non, os agudos non vos aceleredes, os Méndez Montoto, non están relacionados familiarmente cos Romero Peláez.
A fotografía da ermida da Virxe dos Remedios nos anos 60, (que fundou Don Francisco Méndez Montoto no 1522), e un agasallo que quero facerlle a unha das parentes de Carmiña aquí en Ourense, xa que seica esta a facer un traballo relativo a historia da familia Méndez Montoto, e na pesquisa de datos pra o seu traballo, fixo unha visita o meu blogue, atopandose co seu tio avo Felisindo, no lugar do que buscaba; como e certo que ainda non apareceu nada dese tema, (amplo por certo, ermida, museo, etc.), no blogue; eiqui o ten.
(sei que é unha pequena pista, pero supoño que non se me enfadara).
Felicidades a Carmiña, e a súa reencontrada prima, e grazas aos que dedicastes parte do voso tempo a botar unha man.
Se elas queren mais adiante farei outra entrada dando mais datos.

16/11/09

Addenda o Episcopoloxio Ourensán (I)

Presenteivos fai uns días este libro que o amigo Amador Rego tivo a xentileza de deixarme ollar; logo dunha lectura superficial, atopei datos, (dende logo, descoñecidos por mín, cousa que non e de extranar), que non figuran noutros libros do tema, que xa tiña leidos. E por ese motivo, que fago esta entrada, e posiblemente alguna maís, que axuden a completar os datos do Episcopoloxio que podedes ver no blogue.
A risco de ser pesado lembrovovos que somentes son un afecionado a "hestorea", co cal os datos que dou ainda que procuro que sean exactos, tedes que tomalos con precaución.
O Primeiro Bispo da sede Auriense
De xeito documentado, sabemos que no ano 571, a diocese estaba dirixida polo Bispo Witimiro (Witimer), foi nomeado, polo Bispo Metropolitano de Braga, (a diocese ourensa nos seus comezos estaba adscrita a "sede Bracarense"), Martin Dumiense (Dumio); poidera ser que o seu nomeamento, fora anterior, xa que o Concilio de Lugo, (o que se supon asistiu Witimiro como bispo auriense), levouse a cabo no ano 569, nel decidiuse a creacción da sede Lucense, e a reorganización de todo o territorio Galego, (recordade que os limites daquelas non eran os actuais, coma exemplo, eiqui vos poño algunha das diocesis que se adxudicarón dentro da provincia galega: Braga, Oporto, Orense, Iria Flavia, Viseu....).
Quedando claro, que Witimiro foi o primeiro, e dada as escaseza de datos, que se teñen, quero comentar, que segundo diversas fontes, falase da existencia doutros bispos que poideran ter ocupado a sede con anterioridade, nesa tesitura estan.
.- Benedicto ano 500 (según Bispo Muñoz de la Cueva)
.- Siagro ou Pastor ano 433 (según Idacio, un dos dous foi nomeado por Ourense).
.- Sinfosio ano 443 (Benito Fernández Alonso).
.- Arcadio, ou Árcadigo (Gil Gonzalez Davila e outros).

15/11/09

A Praza das Mercedes

Xa postos a dar as respostas, onte foi a da catedral, e hoxe tedes esta.
Neste caso, as respostas foron todas acertadas, segundo parece, o escalón que se via na outra imaxe (do día catro de novembro), e moi identificativo da Praza das Mercedes, e de feito conservase hoxe en día, (achegadevos o Pub "Seven" e veredelo).
Nos mails, recibin tamen algún dato novo pra mín, (non e extrano), un deles e a posibilidade da ubicación no contorno da praza, do Centro Obreiro da cidade alo polo 1885, quen mo di, non e quen de ubicalo con exactitude; eu penso que poderia ser no edificio da recadación, (hoxe coido que Pub "Fortuny"), pero non podo aseguralo, espero que algun de vos teña o dato e nolo comunique.
Nesta imaxe que vos poño hoxe, o carteliño da sapateria "Coello", penso que non da lugar a ninguna dubida, e serve tamén, pra que vexades as casas que tiveron que caer pra dar entrada a rúa Cabanillas.
Tentarei a proxima vez que vos poña deberes, darlle unha dificultade media, nín tan complicado coma o da catedral, nin tan sinxelo coma este.

14/11/09

O exercicio da catedral

Xa vos dixen fai uns días, que tiña recibido mails, en resposta a pregunta de que fora o que pasara ca estructura que tiña a catedral na nave central. (revisade as fotografías da entrada do día 7 de outubro, podedes escribir catedral no buscador e xa vos aparece).
O caso e que a maioria dos mails daban, mais que datos, suposicions, e en vista delo, aproveitei un encontro casual, con Don Miguel Ángel González García, (canónigo arquiveiro da Catedral), pra que me orientase sobre o tema.
Agradecendolle a sua atención, podovos dicir, que a estructura era a base do organo da catedral, e no ano 1934 o Bispo Cerviño, decidiu retirala, ca finalidade de dar mais amplitude a nave central; pra facelo contou ca colaboración do arquitecto Palacios.
A modificación, encadrase no proxecto do Bispo Cerviño de renovar e axeitar o conxunto catedralicio, (se revisades as entradas que non blogue estan da praza do San Martiño, veredes que as intencions eran dunha gran envergadura, posiblemente e coma sempre o tema economico foi o que somentes permitiu levar a cabo pequenas obras).
Non entrando a opinar, mais que dende o punto de vista estetico (persoal), penso que se conseguiu dar mais luz a nave central, e a vista dende o portico ata o altar maior agora e espectacular.

13/11/09

Casa Taboada

O ano 1918, comezou a xestarse a construción do edificio máis representativo do modernismo, na cidade.
Case desde o primeiro momento, coñecéuselle como Edificio Taboada, (debido á botica que no 1935 instalouse no baixo, propiedade de Dona Josefa Taboada Allú), aínda que, diversas fontes, asignan a propiedade á familia Anta (Alejandro Anta Nóvoa, solicitou a licenza o 19 de Novembro de 1918).
O bosquexo, é xa, de seu unha xoia, e mostra o proxecto inicial, de Don Daniel Vázquez-Gulias Martínez, (segundo o libro de Dona Mª Vitoria Carballo Calero "La transformación de una ciudad - Orense...", o proxecto atópase "desaparecido").
Non podo confirmarvos, se nun primeiro momento, chegou a contar con esa preciosa cúpula que remataba a estrutura, o certo é que actualmente non a ten, do mesma xeito, que se aprecian mais modificacións na fachada (baixo).
O que si podo afirmar, é que o edificio está considerado como a obra cume do modernismo en Ourense, como ben afirma dona Mª Victoria Carballo Calero, no seu libro, "achégase a unha concepción gaudiana" (en referencia ao arquitecto Antonio Gaudí).

Buscando información pra facer esta entrada, descubrín a existencia doutro libro biografico sobor de Don Daniel editado por "Caixanova", ao cal non teño acceso. Esperemos que algún alma caritativa póidamo prestar.

12/11/09

Foto Color (Lisardo Mazaira)

Non estaba previsto facer esta entrada, e de feito tiven que mudar o orden, de publicación, esoutro día o amigo Lisardo Mazaira, a quen levo moito tempo pedindolle unha entrada de colaboración, tivo o despiste de deixarme esta fotografía, e como lle consta que non ando moi ben de tempo, deixoume a explicación dela escrita de puño e letra.
Pra non darlle lugar a que me diga que non a publique, voume arriscar a utilizar a politica de feito consumado.
Pidolle desculpas, pero coincidiredes conmigo que faino ben, e poderia repetir con outra entradiña mais.
" A fotografía ten un valor engadido, aos persoaxes que nela saen; tratase posiblemente da primeira fotografia que se fixo en color, no estadio do Couto.
Corria o mes de setembro, do ano 1964, naquela época, comenzaban a facerse as primeiras fotos en color, habia que envilas a Madrid, pra que as revelasen, e dali mandabanas a Estados Unidos, (eiqui ainda non habia laboratorios capaces de facelo).
Na fotografía vemos a alineación do A.D. Couto na primeira alineación da tempada, ian xogar o encontro fronte o Arenteiro, o resultado como dato anecdotico foi 3-0 prol do equipo da casa.
Na foto de esquerda a dereita:
Silvio - Cebreiros- Mazaira - Lozano I - Chuchin - Senén
Lito - Chicho Rubio -Perla - Muguerza - Lozano II. "
A fotografía e da colección de Lisardo, que ocasionalmente tamén se atopa na imaxe, o fotografo daquelas debeu ser algun amigo.

11/11/09

Zarzuelillas no Liceo

Mea culpa, Mea culpa.
Si, é certo, unha sociedade lúdico cultural como é o Liceo-Recreo Ourensán, (hoxe só "Liceo"), tería que aparecer con moita mais frecuencia neste blogue, pero realmente, e que existen un blogue e unha páxina web, feita pola propia sociedade, coa que de ningún xeito podería competir.
É por iso que as súas aparicións son e serán puntuais.
Aquí tedes o enlace ás súas páxinas.

Desde a súa creación en marzo de 1850 (Rúa da Obra), foron incesantes as contribucións desta sociedade, á cultura ourensá; desde as exhibicións cinematográficas do Mestre Barbagelatta, pasando por infinidade de concertos, charlas literarias, exposicións, etc.
A entrada de hoxe está motivada polas súas representacións de afeccionados, coñecíaselles segundo coméntanme, polas "Zarzuelillas", grupos de moz@s, (e non tan moz@s), logo de serios e duros ensaios, representaban espléndidamente as obras escolleitas.
Chama a atención o vestiario que lucían os actores, digno de calquera representación profesional.
No caso da fotografía superior, representábase "La Viejecita", de Manuel Fernández Caballero, obra de gran complexidade, e que con todo os nosos paisanos, polo que se comenta defenderon de forma maxistral.

Nas fotografías, que supostamente corresponden á década dos 60, só podo confirmarvos a presenza de don José Luís Feijoo Montenegro e Alonso, o resto de integrantes da compañía espero que algún de vós póidao identificar.

Estoutra imaxe corresponde á representación de "Katiuska", con música do mestre Pablo Sorozábal, da que os nostálxicos podedes oír un fragmento que aquí vos deixo.


Falando con algún vós, decateime dun pequeno detalle, non hai consenso, en canto a se os grupos eran totalmente amateurs, ou tiñan axudas económicas, deixo ese punto nas vosas mans, para que o aclaredes.

10/11/09

A rúa Padre Feijoo

Fai uns meses colguei unha fotografía baixo o titulo, "O colexio do Manolo", esperando que o amigo Manolo (dilecto traballador da Deputación), ilustrásenos sobre o colexio que había nesa rúa antes de levantar o que hoxe é anexo do Otero Pedrayo.
Pois ben, segundo parece na fotografía anterior non se vía ben, e por iso aínda non recibín o comentario.
Hoxe ensínovos estoutra imaxe, na que creo pódese apreciar moito mellor o edificio do antigo "Grupo Escolar", así como o resto de casas, na súa maioría hoxe modificadas; non sei datala con exactitude, pero non creo equivocarme demasiado, situándoa contorna aos anos 50, (aínda que podería perfectamente ser anterior), despístame, a falta de rótulos comerciais, pero por aí debería estar xa funcionando a Farmacia Bayón, (rexentada hoxe polo amigo Alfonso Bayón Nieto), e supoño que onde hoxe está o "Viena", tería aberto o negocio Don Antonio Pérez Conde "Funeraria La Misericordia", (do que por certo, terei que falarvos cando teña tempo de continuar coas entradas de Don Ramón), na metade da rúa ainda que non se ve moi ben, debe andar o colexio Luis Vives, na outra beirarua, facendo esquina ca rúa Garcia Mosquera, a casa dos Noguerol, e o fonda a dereita un edificio que albergou varios centros escolares. (Josefinas, Internado Rivera, San Fernando,).

9/11/09

"Hermanos Martinez - Risco" (Federico Roman Alonso)

A pesar de ser la última colaboración que he recibido, se adelanta en la publicación, dado que me ayuda a saldar una deuda con esta familia, que de momento, poco ha aparecido por el blog, y coincidiréis conmigo, que Ourense sin los Risco, Macías, Alonso, Elices, Román, Fitera y demás ramas del árbol genealógico, no sería el mismo.
Agradezco a Don Federico Román Alonso, esta instructiva colaboración, que abusando de su amabilidad, espero no sea la última.
“Hermanos Martínez-Risco”

Los dos personajes retratados en esta fotografía, cuyo negativo en cristal está roto, son el primogénito y el benjamín de los siete hermanos Martínez-Risco y Macías: Manuel, Luis, Casilda, José, Remedios (mi abuela), Jesusa y Sebastián.
El mayor, Manuel, ejerció de primogénito al morir su padre en 1909, y después de una estancia en Holanda, y de trabajar en los laboratorios de la JAE y en la Universidad Central, se llevó al benjamín, Sebastián, a vivir con él en sus dos destinos: Zaragoza, donde fue catedrático de Acústica y Óptica de la Facultad de Ciencias (siguiendo Sebastián los estudios de Derecho que había comenzado en Santiago), y Madrid, catedrático de la Universidad Central, donde se licenció el hermano pequeño.
Esta unión se vio truncada, como en tantas familias, con la guerra civil. Manolo, diputado por Izquierda republicana, tuvo que exiliarse en Francia, allí logró ser nombrado Maître de Recherches del CNRS en la Sorbona (falleció en 1954), y Sebastián, después de trabajar como magistrado, fundó un bufete de abogados; sus inquietudes literarias desde la infancia: poesía, novela y ensayo, hicieron que fuese elegido Presidente de la Real Academia Gallega en 1960, siéndolo hasta su muerte en 1977.
Aparte del amor fraternal, los unió el mismo sentimiento hacia Galicia, y desde hace unos años se volvieron a abrazar dando el nombre a una calle de Orense, como su tío Marcelo Macías, su primo Vicente Martínez-Risco y su pariente el poeta Castor Elices.
Los trozos del negativo en cristal se pueden apreciar, como los dos hermanos, de nuevo unidos.

8/11/09

Moscos ou moscas

Neste Ourense noso, sempre gozamos de xente ocurrente e orixinal; vou contarvos hoxe unha anécdota, que forma parte da tradición oral e que quen ma contou, asegura que os personaxes eran dous Ourensáns, non sei se da capital ou a provincia, eu por discreción vou empregar identidades ficticias, dado que realmente non veñen ao caso.
E para adornar o relato, móstrovos a fermosa fotografía da Farmacia Sánchez García de Ribadavia 1915, (publicada no libro de COFARES "Las FARMACIAS" Imagenes de nuestra memoria).
"Contan que Don Leoncio, boticario de prol, e amante da guasa e cuchufleta, recibía anualmente dun amigo apicultor da comarca, unha cántara de mel, necesario pra elaboración das súas pócimas curativas.
Chegou Pepiño ca cántara unha mañá, e Don Leoncio presto descubriu a tapa, e o papel protector a fin de probar o produto; como adoita ocorrer nestes casos, onde primeiro se pouso a vista do ínclito Don Leoncio foi nunha pobre mosca que presa de patas, agonizaba no doce néctar, (algún congénere diría ¡vaia morte mais envexable!, pero non imos entrar nesas disquisiciones).
Rápido de sesera, Don Leoncio decidiu burlarse de Pepiño, e para iso, logo de facer notar claramente a presenza do insecto, pregunta polo prezo da cántara.
Pepiño con certas dúbidas mantén o prezo do ano anterior,
"oito pesos Don Leoncio",
e para a súa sorpresa escoita esta inesperada resposta,
"Dacordo oito pesos polo mel e unha cadela pola mosca".
Perplexo Pepiño de inmediato pregúntalle,
Don Leoncio pero de verdade quere comprar moscas?, eu tráiolle as que queira.
Si, home non sabes, que con elas fábrico un "tónico" excelente?, (estaba de moda a Cantárida).
Terminada a conversación, a semana seguinte entrou Pepiño na botica, e sorrindo deulle un bote con máis de 300 moscas a Don Leoncio, este, que xa tiña prevista a xogada, estendeu na mesa o contido e axudado dun lapis, empezou a separar os insectos, cara a un lado apartaba a gran maioría, dicindo, mosco, mosco, mosco..., e só en catro ocasións aparto, peza cara ao outro lado dicindo "mosca".
Rematado o reconto entregou catro cadelas a Pepiño, quen non saía do seu asombro, e requiriu unha explicación.
Don Leoncio sen perder a compostura explícoulle,
eu pedinche moscas, e ti tráesme moscos, estes non me serven, tiñas que haberche fixado.
Continuase...
Noutra entrada contareivos a vinganza do Pepiño, pero non quero alargar mais a entrada de hoxe.

7/11/09

Véndense

Non pensedes mal, non estou a utilizar o blogue con fines comerciales, nin me estou a desfacer dos meus libros, mostrovolos, pero non os teño, o dariba a verdade e que me gustaria telo, o dabaixo, supoño que algun doutor podera ter interese en botarlle unha ollada.
Son dous exemplares que podedes atopar na web de todocoleccion.
O motivo de falar destas duas obras, e que as veces fagome unha pregunta, nas bibliotecas Ourensans, teran estes libros, a disposición do publico para a súa consulta?.
Quero pensar que si, pero polo de agora non me atrevo a preguntar.

6/11/09

A primeira Banda de Musica (uniformada)?

Á espera de que algún coñecedor do tema póidanos ilustrar, aínda a sabendas que a fotografía posiblemente sexa posterior en datas ao relato, imos falar dos comezos da banda de música Ourensá.
Antes de continuar, creo de xustiza comentar, que a falta de medios que sempre sufriu este tipo de agrupacións na provincia, impediu que teñamos máis fama nese mundo, desde logo afección e profesionais, tivemos en gran número.
Cóntanos don José Adrio, que alá polo 1878, chegou á cidade un gobernador murciano, de nome Bartolomé Molina, ao cal non lle resúltou do seu agrado a "Banda" existente, certo é que non era máis que un grupo de afeccionados, (artesáns na súa maioría), que con algúns ensaios, xa se atrevían con calquera obra que se lles requirise, comezaran estes mesteres, cara o 1843, coa dirección de Don Manuel Tuestes.
Pois ben, Don Bartolomé, con decisión e axuda das autoridades locais e provinciais, alcanzou o seu obxectivo, e por fin o 15 de xuño dese ano 1878, fixo o seu debut na praza maior, cun repertorio moi completo, alí pudose escoitar música de Farbach, Strauss e Rossini entre outras, baixo a batuta de Don Juan Carneao.
A pena é que ao ano seguinte a destitución do señor Gobernador, levou a case total desaparición da banda.
Seguiremos intentando pescudar en que momento comezou definitivamente a desenvolver a súa actividade de forma continuada.

5/11/09

Rapagatos

Non toleei (polo de agora), ese sonoro nome "Rapagatos" era o que tiña esta rúa, tamen tivo o de "Pixotaria", pero ese e menos musical, (e as veces pode dar mal cheiro), uns anos foi a rúa de "García Hernández", e hoxe coñecemola como a Rúa do San Miguel, (supoño que sera polo Santo, o do restaurante foi mais tarde........).
Podense atopar referencias desa rúa (o millor ainas mais antigas, eu non fun quen de atopalas), dende o seculo XIV, e falase de que alí se ubicaban tendas de venda de pescado, (mais ou menos fresco), dali o seu nome de Pixotaria, uns cantos almacéns de venda de carbón, había tamén tabernas, non tantas como na rúa Arcediagos, pero haber habias, e de negocio pouco mais, (de todolos xeitos era suficiente, pra que os días de choiva na praza da Reina Isabel, e o caron da fonte do Rey, se formaran uns charcos dun color morado negruzco, e cun "tufillo" altamente desagradable); ahh, perdon, co tempo unha das millores imprentas da cidade a de Otero, e algunha cafeteria de renombre o "Cafe Regional", tamen e que o largo da rúa no da pra moito mais. (estou a mezclar epocas, pero saberedes disculpalo, a actual vouna obviar, xa que podedes ir por ali e vela).
Sabese tamen da existencia ali nalgun tempo, dunha das portas da Vila, e ainda hoxe segue en pé a Casa dos Armada ou de Maria Andrea, segundo insinuan nalgun papel, esta casa e algunha outra eran usadas por certos cidadans pra eludir a porta "oficial", xa que no "muro" da cidade cohabitaban as entradas de alguns domicilios, (non podo decirvos os motivos que terian eses cavaleiros pra usar esas entradas alternativas, serían "especulacions").
A fotografía non sei datala, pero publicouse o ano 1928, co cal ten que ser anterior. "Dos días en Orense", Don Alvaro de las Casas. Compañia Iberoamericana de Publicaciones S.A.

4/11/09

Outro exercicio

Fai tempo que non vos poño tarea; tamen e certo, que ainda esta sen resolver o asunto do coro da catedral, pero ainda que recibin algun mail, (que ninguen se me ofenda), non tiñan moita base documental, poreinnos en uns días, pra que me deades a vosa opinión.
Hoxe poñovos esta fotografía, que forma parte do Fondo Guedes Pacheco, que atesora o Museo Etnoloxico de Ribadavia, os datos que dela teñen son practicamente inexistentes.
Pra que confirmedes a miña impresión, ou a descartemos, direivos que penso que por ahí estivo a Garda Civil, os dos impostos, e a traseira dos Reinoso, tamen andarian por esas terras moitos enfermos e algun tolo.
Os que me seguides, supoño que xa sabedes a que praza me refiro, pero como vos digo, non teño datos de que así sexa.
Agardo os vosos comentarios.

3/11/09

Farmacia Bouzo (Montaxe)


Faleivos esoutro día da antiga Farmacia Bouzo, e o ver a imaxe, existian duas opcions, se a ubicación era a actual, o edificio tivo que mudar, e a outra opción que resulta ser a correcta, e que a botica mudara de ubicación.
Este montaxe (non moi bo), permite ver o local actual onde daquelas estaba a Farmacia bouzo, tedes que fixarvos un pouco, pra ver os persoaxes da fotografía anterior, situados no local que ainda existe, e pos casualidad, resulta que ten ahí, o negocio o amigo Mazaira. (por certo foi il quen me deu o dato, y eso que el non estaba ahí daquelas).

O Hospital Novo I

No ano 1928, proximo a inaugurarse, este era o aspecto que ofrecia o edificio principal do Complexo Hospitalario das Lagoas.
Foron moitos os sacrificios que os ourensans tiveron que facer, pra conseguir rematar esta magna obra. A necesidade imperiosa de dar un pulcro servicio os cidadans, (que o hospital das Mercedes non permitia, dada a escaseza de espazo), deu pé a que durante a ditadura do Xeral Primo de Rivera, poidera comezar a sua andadura este novo e moderno hospital, que a mais de solventar os problemas sanitarios, foi a solución tamen pro gravisimo problema da Inclusa Provincial.
Hoxe reconvertido pra uso universitario

2/11/09

Barbosa e Hijos S.L.

No xornal mensual Ourense por barrios, (eiqui tedes o enlace a súa paxina web: http://www.ourenseporbarrios.com/ ), deste mes de Outubro, leo o artigo de "Pepe dá Guardesa", que como sempre nos ilustra sobre a historia de Canedo.
Fálanos de todas as empresas grandes e pequenas, que facían da Ponte un barrio prospero, a maioría delas hoxe lamentablemente desapareceron, pero polo menos unha (algunha mais hai), subsistiu aos avatares do tempo.
Dende que no ano 1936, Don Justino Gómez Pinto monto a empresa, "La Industrial Cepillera Orensana", no "Rincón" (Canedo), a evolución, e os cambios foron constantes, dende o nome da empresa "Barbosa - Universal", "Barbosa e Hijos S.L", ata o emprazamento, (actualmente Tamallancos), aos poucos todo a variado, só unha cousa mantívose fixa durante todos estes anos, e ese é o espírito de traballo da familia Barbosa, (apelido da esposa de Don Justino Gómez).
A preciosa fotografía, que me facilitou un membro da familia, móstranos os principios da empresa, segundo reza escrito a lapis corresponde a 1940; posiblemente alguén poida achegar máis datos, para iso facilito os nomes que figuran no reverso da fotografía: Manuel - Américo - Delmiro - Antonio - Yeyo - Jesús e Eduardo. (espero non haberme equivocado, xa que a letra non é fácil de entender).
Se queredes ler máis da historia da familia e o seu actual director, aquí déixovos este enlace. http://www.fundaciontxemaelorza.com/i_premio_justinobarbosa.php