Consejos y avisos

10/7/09

Manuel Suárez Castro (Ourense 1890 - 1937)

Fotografía publicada por Don F.J. Quintas Ferreño, na revista Claridade, Fundación Luis Tilve.

Levaba tempo Manoliño, chamando ás portas deste blogue, pero coa súa recoñecida paciencia soubo agardar; o mesmo que á apertura do expediente de honras que nestes días estase incoando no Concello de Ourense.

Fillo dunha familia humilde, é un claro exemplo do home feito a si mesmo, canteiro de profesión, e mestre de obras, os seus compañeiros considerándoo unha persoa íntegra e responsable, á vez que paciente e dialogante, conseguiron que fose o seu representante sindical; aí comezou o seu labor político, chego a ser un dos máximos dirixentes da U.X.T. na provincia de Ourense, e militante destacado do P.S.O.E. ourensan.

Foi elixido alcalde da cidade no 36, pero con anterioridade xa ocupara cargos de responsabilidade no concello, da súa xestión podemos destacar a consecución de importantes melloras no hospital Provincial (As Lagoas, actual colexio universitario),tanto no que se refire a instalacións, como á calidade asistencial, (entre outros logros, ampliou a gratuidade da asistencia), tamén á súa xestión debémoslle a construción da actual Praza de Abastos, da que foi un dos seus maiores impulsores, e foi ase mesmo un dos fundadores da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

A súa detención poucos días despois do alzamento militar do 36, foi seguida dun consello de guerra, no que xunto a Don Manuel García Barros, Don Eduardo Pazos, Don Higinio López, e Don Antonio Taboada, (no mesmo xuízo compareceron tamén Don Anselmo López García, e Don Marcelino Otaduy condenados a cadea perpetua, e a doce anos de prisión respectivamente), foi condenado á morte, polo delito de “rebelión militar coas circunstancias modificativas de perversidade e trascencencia”, (a lo menos curiosa acusación, eu sempre entendín que podias rebelarte contra o orden establecido, que neste caso era il mesmo….); sendo fusilado na madrugada do 27 de Xullo no Campo de Aragón, do acuartelamento de San Francisco.

Se queredes ampliar a información sobre don Manuel Suárez, na revista “Claridade”, da fundación Luís Tilve, Don Francisco Javier Quintas Ferreño, acaba de publicar un magnífico traballo,

Manuel Suárez Castro o primeiro Alcalde Socialista dá cidade de Ourense

No hay comentarios: