Consejos y avisos

14/7/09

Don Amador Villar Amor

Fotografía publicada no Heraldo de Madrid o ano 1909, (con marco e retoques)
Que Ourensán non coñece a rúa Irmáns Villar?, (antiga San Fernando), cantos non oíron falar do colexio público Irmáns Villar?, (fai poucos anos trasladado á chaira da estación de San Francisco); pero sexamos honestos, cantos sabemos, quen eran os Irmáns Villar?.
Grazas á colaboración de don Amador Rego Villar-Amor (sobriño-neto e afillado de Don Amador), intentarei achegarvos a través de varias entradas, a Don Saturnino, e Don Amador Villar Amor, imprescindibles no ámbito educativo e cultural desta cidade.
Comezarei con Don Amador Leopoldo Villar Amor (Ribadavia 1866 - Ourense 1944), e realmente coa súa faceta menos coñecida, Don Amador "Poeta".
Contan que dos dous irmáns, Don Amador era o máis introvertido; quen dirixía a "Academia Villar" (1885-1935), segundo parece era Don Saturnino mais afeito os numeros, e as relacions publicas.
Con todo lendo os seus versos, non o cualificariamos precisamente de tímido, o xornal "Heraldo de Madrid", en febreiro do 1909, defíneo con estas palabras:
“Y nadie más á propósito que Amador Villar para colaborar con Lamas Carvajal. Como este posee Villar Amor la malicia jocunda, el humorismo, la socarronería peculiar y definitoria del alma gallega.
Es intencionado y finísimo en sus ironías, y para que las analogías sean mayores, Villar Amor, como Lamas en sus primeros tiempos, es un convencido y valiente flagelador de todos los convencionalismos y de todas las mentiras de la política”.
Durante anos, as súas obras non levaban firma, en ocasións utilizaba un pseudónimo, (Roque Pelico d´Ovella), pero non, necesariamente, aos poucos foi cedendo e comezou a ser coñecido; de feito na revista Nós da que foi colaborador desde os seus inicios, (e posiblemente por sentirse rodeado de amigos, que lle pediron a súa colaboración), publico algún dos seus poemas.
Para non estenderme máis, hoxe déixovos un deses poemas, publicado no número 22, de outubro de 1925, e que tamén saiu publicado na Revista "Vida Gallega" da Habana o 25 de Xullo do 1929. Se o facer click enriba do texto non se fai mais grande, esperade un ratiño, que tan pronto poda arranxareino.

Por certo Caixa Ourense publicou no ano 1994, un recompilatorio dos seus poemas, do cal non puiden conseguir ningún exemplar, se un alma caritativa, (supoño que en Caixa Nova, disporán dalgún exemplar), quixese facer unha xenerosa doazón, quedaríalle agradecido, de ser necesario, desprazaríame para recollelo. Grazas

No hay comentarios: