Redactar esta entrada, ao mesmo tempo que un pracer, suponme un problema, pracer, porque considero de lei que figure neste blogue, (aquí vén o primeiro problema), Miguel , como a súa nai Pilar chamábao, de apelido o mellor porteiro ourensán do Real Madrid, (aínda facéndoo así, se que recibirei mails de protesta, que se mellor deportista, que se mellor futbolista, que se se podería dicir que mellor futbolista galego......., en fin sabedes que fuxo das polémicas, e Santos, Cortes, Seara, Rodolfo etc. tamén teñen os seus fans.)
Fotografía da familia, diante do Losada, ano 1955, (propiedade de D.Luis González)
Miguel Ángel, foi dos pioneiros en Ourense en practicar o balonmán, deporte no que como non, xogaba de porteiro (equipo do colexio Cisneros), e do mesmo xeito que a maioría dos que practicaban deporte naqueles anos, tamén xogaba ao baloncesto, (e realmente a calquera cousa que se propuxese), deses momentos é a fotografía do equipo de Baloncesto C.D. Orense Xuvenil (propiedade de Lisardo Mazaira), non soltaba o balón, nin pra facer a foto Con dezaoito anos comenzou a destacar como cancerbero, e ficharonno para o A.D. Couto, onde non durou nadiña, case que de inmediato, foi tentado polo Ourense.
Fotografía de Don Luis Gonzalez Couto año 58
Logo de case que duas tempadas no Ourense, fixaronse nel os tecnicos do Real Madrid, e dende o verao do 67, pertenenceu a disciplina dese Clube.O seu palmares resumido e iste.
7 Ligas 4 Copas de España 2 Copas da UEFA 1 Copa da Liga.
Podedes ampliar datos desta etapa no enderezo http://www.fororealmadrid.org/miguelangel.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario