Consejos y avisos

5/3/09

A. D. Couto Julio 1962

Fotografía da colección particular de Lisardo Mazaira, (si o buscades na foto, de seguro que o atopades).
No fútbol non todo é dar patadas ao balón, unha parte moi importante, é a convivencia, a amizade, a confianza, como se di hoxe en día "o Bo Rollito".
O 12 de Xullo do 62, baixo a atenta mirada, mellor dito fronte á cámara de Foto Gallego, posaba este grupo de deportistas e directivos, algún deles aínda segue "fumando" por estes pagos, outros lamentablemente abandonáronnos fai tempo, algúns non tanto, como o amigo Roque Laso, que podedes ver riseiro na fotografía, e que se non me equivoco foi unha das persoas que mais anos estivo polo estadio Ourensán, (habería que discutilo con Don Eduardo Gamallo).
Por aquí aparecen, Don Ovidio Feijoo, Don Mario Fábrega, Don Elisardo Seabra, Don José Manuel Fernández Sobrino, Arturo Fernández, Varela, Amancio, los dos Obeso, Chicho Ricardo, Perla, Geijo, e outros moitos que os meus colaboradores irán identificando.
O adestrador se non me equivoco era don Luís Soria.
A reunión era no Restaurante Pingallo, para celebrar unha boa tempada, que inxustamente, a afección polos últimos resultados non soubo recoñecer, se non me equivoco, quedaron no terceiro posto da 3ª División.

No hay comentarios: