Consejos y avisos

23/5/08

"O Tio Marcos D´ a Portela" 1876

Os mandamentos do Marcos fora da eirexa son seis:
  • facer a todos xustiza
  • non casarse con ninguén
  • falar o galego enxebre
  • cumprir co que manda a lei
  • loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe
  • vestir calzóns e monteira
    Con estes versos facíase a declaración de intencións na cabeceira.

O sete de febreiro de 1876, sae á luz na Rúa de Lepanto da cidade de Ourense, o recoñecido como primeira publicación de carácter periódico escrito na súa totalidade, en Galego, artigos, notas e publicidade.

Saíu inicialmente cunha frecuencia, bisemanal, para pasar rapidamente, debido ao seu éxito, a aparecer semanalmente, (os Domingos).

Cun período de silencio, entre 1880 e 1883, conseguiu subsistir ata o ano1889, posteriormente houbo un intento de volver polo en marcha en 1917, pero non chego a dous anos na rúa.
Don Valentín Lamas Carvajal, (xornalista), viuse rapidamente arroupado, polas mellores plumas, Curros, Lugrís, Eladio Rodríguez, Pondal, etc.
Conseguiu gran relevancia, e importancia social, nunha época marcada polo campesiñado, tendeulle unha man á xente dos pobos de Galicia, tratando os seus problemas, e facéndose eco das súas reivindicacións, ao mesmo tempo que facía unha enconada defensa do uso do Galego.
"Teñen os pobos a gala no seu lenguaxe falar, falase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemania aleman solo os Gallegos d´agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus páis"

Falaremos outro dia d´o Moucho, que hoxe é moda.

No hay comentarios: