- facer a todos xustiza
- non casarse con ninguén
- falar o galego enxebre
- cumprir co que manda a lei
- loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe
- vestir calzóns e monteira
Con estes versos facíase a declaración de intencións na cabeceira.
O sete de febreiro de 1876, sae á luz na Rúa de Lepanto da cidade de Ourense, o recoñecido como primeira publicación de carácter periódico escrito na súa totalidade, en Galego, artigos, notas e publicidade.
Saíu inicialmente cunha frecuencia, bisemanal, para pasar rapidamente, debido ao seu éxito, a aparecer semanalmente, (os Domingos).
Cun período de silencio, entre 1880 e 1883, conseguiu subsistir ata o ano1889, posteriormente houbo un intento de volver polo en marcha en 1917, pero non chego a dous anos na rúa.
Don Valentín Lamas Carvajal, (xornalista), viuse rapidamente arroupado, polas mellores plumas, Curros, Lugrís, Eladio Rodríguez, Pondal, etc.
Conseguiu gran relevancia, e importancia social, nunha época marcada polo campesiñado, tendeulle unha man á xente dos pobos de Galicia, tratando os seus problemas, e facéndose eco das súas reivindicacións, ao mesmo tempo que facía unha enconada defensa do uso do Galego.
"Teñen os pobos a gala no seu lenguaxe falar, falase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemania aleman solo os Gallegos d´agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus páis"
Falaremos outro dia d´o Moucho, que hoxe é moda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias