Consejos y avisos

30/3/12

Semana Santa en Ourense


Faremos un alto no camiño, coas entradas de temática militar, porque botasenos  encima a Semana Santa, (coa que está caendo e non precisamente de choiva, mais vai semellar semana de Paixón, pero...), e hai que atender á familia, que regresa ao fogar desde os seus centros de estudos.

Non sei se poderei facer entradas estes días, xa sabedes que a autoridade está moi estrita co uso das tecnoloxías, desde que tiven "o meu", pero supoño que vós tamén aproveitardes para relaxar a mente no posible, e escapárdesvos do computador por estes días; se podedes botade unha ollada de cando en vez, que se podo poreivos algunha imaxe.

A fotografía que escollín hoxe, fai tempo que nola prestou dona Conchita Calvo, e reflicte algo que eu polo menos descoñecía totalmente, o Desencravo (un dos actos litúrxicos que se celebran estes días), desenvolvíase na Praza Maior; podedes ver a Cruz no soportal do Concello, e o pulpito improvisado á beira; vendo a gran cantidade de cidadáns que asistían ao acto, é fácil pensar que o obxecto de abandonar o interior dalgunha igrexa para realizar o acto na praza, é por un tema de aforamento, hoxe penso que se realiza en Santa María Nai. Polas roupas e detalles, dataríaa na década dos trinta, pero non me fagades moito caso.
Vemonos estes días nalgunha procesión, disfrutade o que poidades.

29/3/12

Militares Ourensanos

1915 Academia Xeral de Toledo co nº 31 o cabaleiro cadete de 2º ano Rafael Tejada, co paso do tempo Xeral de Brigada e Governador Militar de Salamanca.

Camiña Rivas, Santafé, Freire, Trebolle, Sánchez, Bogas, Castaño, son apelidos dabondo recoñecidos, por actuais, como militares ourensáns, ou moi relacionados con Ourense.

Para refacer a historia militar da cidade, esa sería a parte sinxela, ata moitos deles por fortuna, poderían colaborar, Castaño e Bogas por exemplo seguro que non terían inconvinte niso, noutros casos, seguro que os familiares poderían botar unha man, o Sr. Freire por exemplo está afeito escribir, e de seguro recordase anécdotas do seu pai.

A parte complicada é a dos inicios; non me refiro aos exércitos de Roma, nin á invasión musulmá, que tamén podería ser, de atopar datos interesantes, se non a séculos máis "próximos"; poderiamos comezar con apelidos como Novoa, Méndez, Puga, Cadorniga, Oca, continuar co heroe da guerra da Independencia Bernardo Glez. del Valle "Cachamuiña", o citado recentemente Bernárdez Dorado, ou o recordado Rafael Tejada do cal é a fotografía que tedes encabezando esta entrada.

Confeccionar a listaxe de Gobernadores militares da provincia podería ser de gran axuda para empezar.


1925 Na entrada do cuartel de san Francisco, un grupo de militares, entre os que somentes recoñezo a don Felipe Fernandez Duran, de quen por certo terei que facer un monografico, xa que teñen aparecido moitas imaxes del.

28/3/12

Historia militar de Auria

Taxeta postal feita por Don José Pacheco, no 1907 no xardín do Posio,
   Desde logo non era significativa, a presenza de entradas relacionadas co estamento militar en Ourense, se seica algunha fotografía da mili do meu avó, e pouco máis.
   Nos últimos tempos, e coincidindo co nacemento do grupo de Facebook Regimiento de infantería Zamora 8, multiplicáronse as altas de imaxes relacionadas co noso exército, no meu arquivo, e a pesar de que intentei recompilar información sobre o tema, foi moi pouco o que conseguín.

   Intentarei resumirvos eses datos, para ver se algún de vós anímase a recoller a testemuña.

.- Un dos datos que non fun quen de confirmar, foi o nome da primeira forza establecida na cidade, penso que era o Rexemento Provincial de Ourense (ano 1733-34), pero teriamos que aclarar a orde da existencia dos rexementos, Orense nº 50, e o Batallon de Cazadores de Montaña Orense nº 5

.- Na rúa da barreira, estivo o que probablemente fose o primeiro acuartelamento da cidade. (é posible que fose na casa e leira que coñecemos como dos Taboada Tundidor, tamén estivo alí o colexio Cisneros, ainda que tamen pode que fora na casa dos marqueses de Leis), as forzas penso que respondian o nome de Rexemento de Monterrey (entorno a decada dos 60 seculo XVIII. Posiblemente convivira co Provincial; daquelas o estamento militar era un dos mais importantes da cidade). 

.-A 1ª fotografía que acompaña a entrada, non achega excesivos datos, pero é unha proba da presenza na cidade do Rexemento Ceriñola, do cal por certo fáleivos na entrada que trataba do falecemento do Tcol. Bernárdez Dorado. (durante todo o conflicto de Africa, iste Corpo Militar tivo unha destacada presencia

.- Entre a actual delegación de facenda, e o primigenio convento de Santo Domingo, o edificio que fai esquina en Concordia con Santo Domingo (poden ser catro, pero se que non teredes problema en saber de cal falo), foi tamén un acuartelamento militar, como din algúns autores, polo menos durante "a francesada".
.- Antigamente e a pesar de non existir instalacións militares, a cidade pola "xenerosidade" en ocasións obrigada dos seus cidadáns, chegou a albergar durante longos períodos de tempo destacamentos militares, sendo coñecido que casualmente os animais que formaban parte da tropa, (que ninguén interprete cousas raras),  algún cabalo, pero maiormente asnos e mulas, aloxábanse no convento dos Franciscanos, no que posteriormente foi o cuartel de San Francisco.

.- A historia concreta do Rexemento Zamora 8 en Ourense, resúmese neste pequeno parágrafo da historia dos rexementos españois. (Ourense foi só un capitulo na longa historia desta agrupacion militar) 

", hasta que en 1943 vuelve a reaparecer, en la ciudad de Orense, con el nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Tras un breve plazo de tiempo en el que en 1960 se le conoce como "Agrupación de Infantería Zamora nº 8" en 1963 vuelve a recuperar su nombre de "Regimiento de Infantería Zamora nº 8". Es disuelto definitivamente en el año 1985."

Faltan moitisimos datos, que segun aparezan os irei facilitando, pero millor seria que alguen collera a encomenda, e tentara facer ese penso que interesante traballo, aparecerian datos por exemplo de un rexemento de cabaleria; que non todo foi infanteria, e seguro que moitos datos mais.
Postos a especular, imos supoñer que na imaxen da xura do 1907, aparecen o Tcol. Berandez Dorado, e o Excmo. sr. alcalde da cidade, Don Modesto Varela Sotelo
Coincidentemente onte tiven acceso por primeira vez o livro "Jurisdiccion e Instituciones locales de la Galicia meridional (XVI-XVIII), de Maria Lopez Diaz, e a lo menos ten un capitulo dedicado o tema, co cal algun dato mais seguro que vos podo aportar, en proximas entradas.

27/3/12

Catalogo monumental y artistico de la Provincia de Orense

   Comentáronme a semana pasada, a existencia desta obra, os amigos do arqueolóxico; e coincidiredes comigo, que é outro gran achado. Á espera de que persoas autorizadas, realicen un traballo serio sobre el, que viría completar o que no seu día fixo Pilar Núñez sobre o álbum da comisión provincial, (a ver se se anima e faio ela mesma), ensínovos esta pequena mostra do que se pode atopar neste fenomenal libro, que no seu día encargou o Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, finalmente ao profesor Cristóbal de Castro. Rematouse no 1915


Segundo conta o propio Cristóbal de Castro, desde que chegou á nosa cidade, contou coa total colaboración das autoridades municipais e provinciais, e como non, coa amable e docta compañía dos membros da comisión provincial de monumentos, encabezada por Don Marcelo Macías. 
No libro, pódense ver, creo que todas as fotografías do Álbum da Comisión, acompañadas de moitas outras que se fixeron para a ocasión; o que se bota en falta, é unha clara referencia ao fotógrafo que se encargou de obtelas, e aínda que temos clara, a intervención de José Martino nas do álbum, e a autoría de Pedro Ferrer, en polo menos unha das outras, fáltannos referencias aos posibles autores das demais. Polas datas a porta está aberta a diferentes profesionais, como José Pacheco, Ksado  ou José Samaniego, entre outros, sen descartar a posibilidade da autoría dalgún fotógrafo non profesional como o propio Cristóbal de Castro. E ata poderiamos pensar que as fotografías non se fixeron para a ocasión, senón que foron unha recompilación das que xa estaban en poder da comisión.
Pero deixemos para un estudo rigoroso, as respostas a estas dúbidas.

A obra, é propiedade do Ministerio de Cultura e está depositada na biblioteca Tomas Navarro do CSIC.


As duas fotografias "pequenas" claustro de Celanova e sepulcro do Bispo Vasco Mariño, forman parte das do álbum da Comision, e como podedes comprobar na fotografía superior, estaban nas paredes do Museo (daquelas no edificio do Instituto, e que lamentablemente caeu pasto das lapas no incendio), xunto con algunha mais.

Por certo nunha desas fotografias feitas por Martino, nalgunha publicacion mencionase a presencia do Arquitecto Vazquez Gulias, e penso que e mais que dubidosa; mais ben tratariase do Sr. Manuel Hermida, membro da comision encargado de asesorar a Martino en canto os aspectos mais importantes das obras a reproducir.
A ver se se animan os profesionais a traballar con estas fermosas fotografías.


26/3/12

La Ibense y el desfile

Debo de ter o estomago sentimental estes días, (será que como estou mal do meu... É broma), e entroume morriña pola nosa ben querida Ibense; non volo creredes, pero desde que cerrou non tomei nin sequera un xeado en Ourense, agora que o penso, nin noutros lugares.
   Os que me coñecen, saben que iso é moi estraño, alguén a quen era fácil atopalo gozando da espectacular copa Galicia da tamén tristemente desaparecida xeadería El Cortijo , (iso si, sempre estiven disposto a ofrecer cadeira e culler a quen quixese acompañarme), e que leve tanto tempo de abstinencia "heladeril" ????.

   Bo o caso é que gardando ese "loito", atopeime con esta fotografía que un dos amigos do grupo de facebook, Regimiento de Infantería Zamora 8, quixo compartir con todos; nela aparece de fondo La Ibense, e en primeiro plano , posiblemente un dos últimos desfiles militares que houbo na cidade, foi no ano 1986, e como é lóxico pensar, a banda de música do cuartel, formaba parte do desfile que se realizaba con motivo do día do Corpus.

   Estou pensando en dedicarlles unha serie de entradas aos "polos" do cuartel, para lembrar aqueles tempos de limpeza exhaustiva de botas, comidas á carreira, bocadillos de lata de sardiñas, (mellor os de tortilla do Cumial), charlas co "peluca" etc. Co cal se algún quere contar algunha anécdota dese período, ten o blog á súa disposición.