Consejos y avisos

30/6/11

Aclaración; a Linea, ou o Carrito

A fotografía e unha das que conseguiu o amigo Javier Torres, e mostra o autobus da linea "2" O Vinteun - Cruce de Piñor, (anos 60, fotog. de Augusto Pacheco)
Díxeno en varias ocasións, e seguirei dicíndoo, para que vos animedes a facelo. Corrixídeme

O amigo Pastor Fabrega, sempre atento, e posuidor de moitísima información da nosa cidade, comentoume xa en polo menos dúas ocasións, un erro que teño en varias entradas, e eu considero unha licenza, digamos "sentimental". Desde logo, que ten razón, e o Carrito, ou carriño como tamén se lle chamaba, era soamente o vehículo que facia o servizo do centro da cidade, á próxima estación do tren de Canedo; o resto de autobuses aglutinábanse baixo o apelativo de: a Linea ou liña.
As causas da diferente denominación, penso que habería que buscalas no momento do nacemento da necesidade; a vida no Ourense de finais do século XIX, era "diferente", como é lóxico á de hoxe en día. Unha das diferenzas, eran os medios de transporte, que comezaban a súa gran revolución, o paso da tracción animal, á mecánica, xerou moitas modificacións nos hábitos cidadáns.
Non vou facer hoxe un estudo pormenorizado sobre o tema, só comentar a parte que interesa para esta entrada.
Os viaxeiros que chegaban á cidade nas carruaxes, valíanse dos "mozos" habitualmente, para que trasladasen as súas equipaxes aos hoteis, que afacían estar próximos á "posta"; a aparición en primeiro lugar da modesta estación do Ribeiriño, e posteriormente a de Canedo, (xa cun volume importante de usuarios), afastaron aos usuarios dos hoteis, e iso levou que o mozo, tivese complicado dar o seu servizo; xurdiu entón, o sistema do "carrito": un mozo cun carriño, en ocasións ao servizo dun hotel, encargábase de trasladar as equipaxes, mentres o viaxeiro, noutra carruaxe, ou a pé, desprazábase con máis comodidade. Posteriormente os hoteis, de máis prestixio, puxeron a disposición dos seus clientes, un automóbil, para facer esas funcións. Paralelos a estes cambios, foi o desenvolvemento do transporte de viaxeiros de curto percorrido, que deu lugar ao que se chamaba a Linea, (podería imaxinar as causas, pero prefiro esperar a ter datos de porque se chamou así).
Como di o amigo Pastor, os servizos estaban perfectamente diferenciados, e así Carrito era o que ía á estación, e Linea todos os demais.
Eu se mo permitides seguirei chamándolle "Carrito" aos urbanos, pra que non se perda na voraxine do progreso esa denominación. 

29/6/11

Entrada de prueba. Archivos Pdf.

Llevo tiempo buscando la manera de compartir con vosotros, textos en formato pdf, y hasta ahora los métodos encontrados no terminaban de convencerme.
En mi blog de pruebas tengo realizado muchos intentos, y por una u otra razón, ninguna funcionaba como yo quería. En estos días he estado probando esta, que aparentemente funciona bastante bien, pero le falta pasar la prueba de fuego.
Por ello aprovechando este libro de la extensa colección de Don Miguel Ángel González García, (principal motivo de que quiera realizar este tipo de entradas), que considero interesantísimo colaborar a difundir; realizo esta entrada.
Os rogaría que me comentarais por mail, cualquier problema que tengáis para abrir el Pdf, así como si os resulta posible descargarlo o no.
También necesito saber si la calidad con la que os aparece es suficiente.
Me guardo en la recamara, el ofrecimiento de ayuda de muchos de vosotros, que como Manolo Domínguez, Julio Freijido etc., me habéis hecho, a los que aparte de agradecérselo, no descarto finalmente tener que molestar.

Comentarios al mail ourensenotempo@hotmail.com

No voy a descubriros ahora, a este señor, uno de los maximos exponentes de la cultura actual de nuestra ciudad. Escritor, historiador, investigador etc. Otro día haremos un comentario en condiciones, hoy estamos solamente de pruebas.
 

Para la descarga, os pedira que es registreis en Scribd; es gratuito, y creo que no supone ningún problema, despues podreis bajaros todos los archivos sin necesidad de repetir el registro.

28/6/11

A obra de Asorey no santo Anxo

Falar do complexo arquitectonico do Santo Anxo, inexcusablemente, require facer unha mención especial, a esta magnifica xoia que atesora na sua capela.
Tratase posiblemente da obra cumbre do escultor Francisco Asorey, quen por encargo de dona Angela Santamarina, fixo o sepulcro destinado a gardar os restos da tia desta, dona Dolores Santamarina Valcarcel (1834- 1922).
O obra esta confecionada en mármore, e representa o momento da morte de dona Dolores, chama a atención o realismo do rostro da defunta e realmente o conxunto na sua totalidade e espectacular, representa a esta rodeada do noso señor que vela o seu sono, e moitas das personas agradecidas a sua caridade; data do ano 1923.
Esta na compaña doutros dous sepulcros que en proximos días vos mostrarei.
A fotografia e de Augusto Pacheco, e penso que forma parte dunha reportaxe fotografica que lle encargou a Marquesa de xeito persoal.

A nos deixounos Ester Pacheco, filla de Augusto, a placa de cristal orixinal. Comento esto, porque desa placa poderiase facer unha reproducción de moi boa calidade, que exposta nalgun lugar accesible, permitiria acercar a cidade unhos dos tesouros, que temos, na espera de facer as reformas das que se fala ultimamente; poderia ser unha solución temporal, ou non?.

27/6/11

Ourense de Cine

A base de xogar a coñecer a historia de Ourense, aos poucos vas descubrindo datos, que para min e para algúns de vós son descoñecidos.
Hoxe vou falarvos dun tema que posiblemente o amigo Valentín Barreiros, poida ampliarnos e se o desexa achégarnos datos máis precisos que os que eu puiden conseguir. Falamos do cine Ourensán, ou para poder facelo un pouco máis amplo, o cine en que tiveron intervención as terras e persoas de Ourense. (Xa vos advirto que esta afirmación é relativa, dado que por exemplo incluiremos ao granadino Samaniego, ou ao pontevedrés José Gil, pero considero para iso que a súa relación coa cidade é suficiente argumento para a súa inclusión).

Desde logo, que non vou ser eu quen achegue unha cronoloxía definitiva dos primeiros pasos desta arte en Auria, sería complicado, e ata podería entrar en conflito con traballos realizados por persoas infinitamente máis entendidas no tema que eu. Imos por iso a sinalar os comezos, ao redor dos últimos días do século XIX, aprox. 1897, por aqueles anos discípulos e nalgún caso creo que empregados dos irmáns Lumiere, chegaron a Galicia a realizar exhibicións da nova arte. Consta a súa estancia en cidades como Coruña, Pontevedra, Lugo, Tuy etc., supomos que Ourense tamén foi unha das visitadas, e teremos que revisar a prensa daqueles anos, para atopar probas. Do que se temos datos, é da existencia de pavillóns (barracas), nas que naqueles tempos facíanse exhibicións de vistas, o que se considera precursores do cine. Logo virian as instalacions de Eduardo Barbagelata Mucci, (e o seu fillo Eduardo B. Curotti) Isidro Pinacho, Isaac Fraga Penedo etc. pero hoxe non toca falar de exhibidores.
Gustaríame avanzar no tempo, sen obviar as andanzas de Jaime Pacheco e o seu socio a comezos do século XX José Gil, (quen se sabe que experimentaron co cinematógrafo, ao principio para dominar a técnica de exhibición, que logo Jaime desenvolveu en vilas de Ourense e Portugal).
Froito desta experimentación, debeu de ser como José Gil viu as posibilidades que tiña esta arte, e en 1910, termina a que se considera primeira película Galega Miss Ledya na que contou coa actuación dun mozo Castelao, que a fai se cabe máis interesante para a nosa historia (de Gil existe unha inxente cantidade de documentais que realizou cos poucos medios cos que contaba, entre eles El Ferrocarril de Orense a Vigo). Se os meus datos son correctos teriamos que avanzar, ata os anos 20, para atopar novos traballos.
E aquí xorde, Antonio Rei Soto, do que vos falei o venres pasado; a súa participación na cinematografía foi das máis extensas deses primeiros anos, xa que falamos de polo menos catro producións nas que desempeño diferentes funcións; as obras son Viaje a través de Galicia y Asturias (1922), Maruxa e Carmiña flor de Galicia  (1923), e Paisajes de España (1926). Da productora Celta Films da que era copropietario Rey Soto, e tamén a pelicula do ano 1926 La Virgen de Cristal, feita en base de un poema de Curros Enriquez
O seguinte personaxe desta historia, seria el granadino José Samaniego, un dos mellor considerados fotógrafos de Ourense, quen o ano 1930 baixo a dirección do coñecido Edgar Neville, leva a cabo a dirección artística da película El Presidio, (adaptación ao mercado hispano, da oscarizada The Big House).
Antes do 36, un grupo de amigos ia marcar as bases do que seria a etapa mais interesante do cine ourensán; reúnense estes con frecuencia no estudo de Pacheco, e proponse facer un filme, que non sabemos se chegou a ver a luz rematado, (polas memorias de Augusto Pacheco, sabemos que polo menos se rodaron algunhas das escenas dun guion que non conseguimos localizar), trátase de Las aventuras de Prokowsky, os amigos eran uns mozos "descoñecidos" Xocas, Toni Román, Reinaldo (retocador de Pacheco), Augusto Pacheco, e coido que tamén Carlos Velo.
A fotografía que pomos abaixo, feita por Augusto Pacheco, podería ser que formase parte dese proxecto.
Por non estenderme máis, e xa presentados os maximos exponentes do cine ourensán, imolo deixar polo de agora, non sen  citar a Xose Suarez, Eloy Lozano, Fernando Iglesias (Tacholas), Elixio Gonzalez, Ernesto Chao (Miro Pereira) e Abelardo Gabriel (faltan moitos, pero....); e obras que por espazo tamén me deixo no tinteiro, como O Carro e o Home, Fuego, Raza, Cotolay, La casa de la lluvia, Romancero Marroqui, Mariñeiros, Ruta de Lobas  etc.  

Nun futuro, intentarei facer entradas máis específicas de cada persoa e obra. Se alguén quere colaborar, xa sabe que ten as portas abertas.

26/6/11

Ourense no Tempo nos medios. (La Región XXI)



Xa figura no blog, unha fotografía deste "carrito", e as xentes que o utilizaban, podedela ver neste enlace Fai clic.
Nesta ocasión, a imaxen que nos cede Emilio Blanco, presentanos precisamente algun  personaxe dos que nesa entrada falavavos. A esquerda, e ca sua boina (instrumento de traballo, ainda que non de seguridade, na época), esta O Antelana, alcume co que se coñecia a Don Eladio Martinez, de sobras coñecido en todo o contorno; ainda hoxe a sua familia anda por alí, entre Soutopenedo e Sobrado do Bispo, (non vou falar deles, xa que algun de vos sabe que son da miña familia politica, e seguro que me critican por pelotillero, soó decirvos que e boa xente, e moi traballadora), e ainda que sin identificar, unha das mulleres, e a sua dona, e outra a nai do propietario da fotografía Emilio Blanco.
Pareceravos extrano e maxime cando recoñezo que son da familia os protagonistas da fotografía, pero estou seguro que pra eles tamén foi unha sorpresa saber que existían imaxes daquela época.