Consejos y avisos

30/12/10

FELIZ 2011

Iste ano, pensei que ia librar por diversas circunstancias, pero non vai ser así, o final non houbo acordo, e a autoridade competente, obrigame a pechar ata o día 10 de xaneiro, a miña actividade bloguera.
Algún ata pode que o agradeza, e algún habera que o bote de menos, sexa como sexa, o día 10 volverei con folgos renovados.
Pa que vexades que a cousa vai en serio, a autoridade dispuso que o meu computador estes días este baixoa vixilancia deste grupo de señores, que no seu día fotografiou, o mestre Pacheco; eles faran os correspondentes turnos de garda, pra evitar que me achegue a miña ferramenta de lecer.
Se queredes, aproveitar pra buscar erros nas entradas pasadas, que pode ser un entretemento, e de paso facedesme un favor, pra que as poda correxir.
Ata o día 10, pasade un fin de Ano Feliz, (con pouco alcohol se pode ser), e que os Magos de "Ouriente", sexan xenerosos, (se se perde algun paquetiño por ahí, eu podo darlle acubillo).
Feliz 2011 

29/12/10

Dainow

Por si acaso tanta celebración trouxo algunha desfeita pra as dentaduras dos meus lectores, recomendareivos uns bos profesionais.
No sei o motivo, pero Ourense nunha etapa da historia, comezos do seculo XX, contou con moi bos profesionales da odontologia, de origen exotico pra o que era habitual naqueles tempos.
Algunha vez, (e volvera a aprecer no blog), falamos do cidadan Turco, (de Constantinopla) Cheriguain, e neste caso presentovos o Sr. Dainow, se non me equivoco, de procedencia centroeuropea, penso que ruso. Estes dous señores xunto co Doutor Villar, encargaronse durante bastantes anos, de coidar os dentes dos nosos devanceiros.
Tiveron a consulta na Praza Maior como vedes, e coido que un tempo tamén viviron nese enderezo, posteriormente pasarón a un piso na rúa Santa Eufemia, esquina Arcediagos, encima de onde hoxe esta o Miudiño (Antiga "La Reconquista")
Do seu fillo, (ou neto), Mario Dainow, tristemente falecido fai non moito tempo, xa falamos nalgunha ocasión, por ser un gran afeccionado a musica.

Esta entrada esta xustificada polo medo que teño a que algun se lle desencaixara a mandibula o leer a entrada de onte.

28/12/10

Auga da Burga pra a crise

O Concello da cidade, ven de informar, dun proxecto, encaminado a paliar dalgun xeito os efectos da crise, que estamos a padecer. O concelleiro de Industria e enerxia, nunha rolda de prensa, esta a comunicar o plan, unico no pais, que agas de aproveitar os recursos naturais, permitindo un aforro considerable enerxetico, posibilitara a creacion dunha encheta de postos de traballo, tan necesarios na actualidade.

Durante o ano proximo, vaise conectar a rede publica de augas, o desague da Burga darriba, como xa sabedes hoxe en día a auga excedente desta fonte, empregase pra quentar a piscina do pavillon da cidade, da servizo o colexio das Josefinas e provee tamen de auga quente os habitantes dunha casa situada nas inmediacions.
Co proxecto actual, e logo dun concienzudo estudo, que garantiza que o caudal, vai ser suficiente, as nosas autoridades, van tentar que todos os cidadans podan beneficiarse destas augas, e do seu poder calorifico.
A idea e que todas as vivendas que estean ubicadas no curso natural das augas: zona da praza de abastos, Polvorín, avda de Portugal e o Couto, dispoñan desta auga, pra o uso nas calefaccións, o sistema e totalmente ecoloxico, e sostenible, dado que non faria falla ningún sistema nin mecanico nin electrico, pra conducir a auga. Como segunda parte do plan, e pra non fomentar agravios comparativos co resto dos cidadans; que non poderian beneficiarse deste servicio. Estase estudando, poner en marcha un sistema de calefacción por chan radiante, na rúa do Paseo, o circuito de cañerias pasaria por esta rúa, desembocando no Parque do San Lazaro, onde esta proxectada unha piscina termal, dentro do plan Ourense termal, que complementaria o da Burga de arriba, xa en funcionamiento.
O Concello, ten posto en marcha xa cursos de socorristas e maxasistas, pra fonecer esta nova area de lecer, que seria gratuita pra todos os censados na cidade agas dos que xa se benefician do servizo de auga quente.
Non podemos mais que felitarnos por esta iniciativa, que nos pora o nivel de cidades como Estoeocolmo, e Reyquiavín, que xa gozan de servizos deste tipo.

27/12/10

Homenaxe a don Luis Fabrega Coello II

Continuamos hoxe co pequeno relato da biografía de don Luis Fabrega Coello, que comezamos onte.
 " Don Luis froito da sua profesión, foi nomeado: presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.
Nas eleccións municipais do 13 de Abril de 1931 sae elixido concelleiro do Concello de Ourense, sendo designado alcalde con once votos polos seus compañeiros de corporación, cargo do que dimite dous días mais tarde para facerse cargo da presidencia da Deputación o día vinte de Abril do mesmo ano.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas o 28 de Xuño, preséntase na candidatura de Alianza Republicana, obtendo 41.327 votos, seguido por Basilio Álvarez 38.420, Ramón Otero Pedrayo 33.443, Afonso Pazos Cid 32.464, Xusto Villanueva 30.714, José Calvo Sotelo 27.493, e Afonso Quintana 26.647.
O seu labor como deputado nas Cortes Constituíntes, céntrase na loita para evitar que se paralicen as obras do ferrocarril entre Zamora e Ourense o que xeraría unha situación de paro dentro do sector da construción. Presidindo a Comisión Interprovincial pro-ferrocarril Zamora- Ourense-Santiago-Coruña. Outra das súas tarefas foi intentar a reedificación do Instituto de Ensino Medio de Ourense, destruído por un incendio catro anos antes.  
Pero a súa tarefa mais fecunda desenvólvese como presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial, secundado por Manuel Suárez Castro, socialista reformista da liña de Prieto, e por Eleuterio González Salgado, galeguista.
Entre os seus logros á fronte desta entidade figuran, a dotación de Raios X e Radioterapia ao Hospital provincial, a reapertura da Biblioteca Pública nos baixos da Deputación, que se queimou no incendio do Instituto, e da cal custea da súa peculio particular as instalacións de luz e calefacción, a máis diso libros. A ampliación da escola de Artes e Oficios.
E o máis importante, a creación da Caixa de Aforros Provincial de Orense, da que será o primeiro presidente do consello de administración e titular da cartilla de aforro nº. 2 (da cal na actualidade somos titulares o meu fillo Pastor e eu). Da nº 1 é titular a Deputación. Foi tanto o aprecio que sentía por esta entidade, que contaba Camilo Álvarez, o primeiro traballador que tivo a Caixa. Que todos os días achegábase Don Luís desde a súa farmacia a preguntar se houbera algún ingreso, e se a resposta era negativa, facía o un ingreso de 25 pesetas na súa cartilla.
O 11 de Febreiro de 1934 é renovada polo Gobernador Civil a Xunta Xestora da Deputación, e a Luís Fábrega Coello, manténselle no seu cargo de presidente, pero non así aos seus mais estreitos colaboradores os Deputados electos Manuel Suárez e Eleuterio González, razón pola cal non acepta esta designación e abandona a presidencia da Deputación.
O 30 de marzo de 1934 A Deputación nomeou conselleiro da Caixa Provincial de Aforros co carácter de fundador a Don Luís Fábrega Coello. Ao cesar na presidencia da Caixa como consecuencia de cesar na da Deputación.
A partir dese momento, deixa vida publica, pra dedicarse a rexentar unicamente a sua farmacia, onde seguiu ata o seu falecemento.
Polo medio quedan moitos momentos de satisfacción, e outros non tanto, como un periodo pasado no carcere, que ainda hoxe non ten xustificación, pero que el pasou sen que lle afectara o mais minimo a relación cos seus conciudadanos.
 Don Luis en definitiva foi un Bó Ourensán."

Felicidades neste día a toda a familia Fabrega.
Lembrade hoxe as 20,30 na rúa Cardeal Quiroga.

26/12/10

Homenaxe a don Luis Fabrega Coello

Maña as 20,30 na rúa Cardeal Quiroga, (rúa do Alba), a cidade vai rendir un emotivo homenaxe, a un ourensán, Don Luís Fabrega Coello, nesa data cúmprense 50 anos do falecemento, de quen durante a súa vida, foi un servidor dos habitantes da súa cidade e provincia, Ourense.

Fai xa bastante tempo, que intento que o seu neto Pastor, redacte unha entrada que nos mostre a Don Luís, en todas as súas facetas. Ninguén mais autorizado que Pastor, para facelo; pero supoño que o medo a caer no eloxio excesivo, fixeron que me facilite os datos necesarios; e unhas cantas imaxes que acompañen eses datos, pra que eu redacte a dita entrada. De todolos xeitos, a redacción deses datos, e tan precisa, que case que non lle vou tocar case nada.
Coincidindo coa homenaxe que se lle rende mañá, no que se descubrirá unha placa conmemorativa, na casa onde viviu gran parte da súa vida, Cardeal Quiroga 31. Publicarei esas fotografías de Don Luís, que mostran diversas facetas da súa vida, e fareinno en duas partes, pra que non sexa moi longa.

"Nace Luís Fábrega Coello o 5 de Maio de 1874, na casa n.º 30 da rúa do Progreso, fillo de Tomás Fábrega Tomás, natural de Cistella (Xirona) e de Laura do Coello López, natural de Cangas de Onís (Asturias). O seu pai mestre de obras titulado, tras traballar en Asturias onde contrae matrimonio, trasládase a Ourense a fin de traballar no ferrocarril Ourense-Vigo, entón en construción.
En 1887 trasládase a vivir xunto cos seus pais á casa que estes construíran no n.º 31da rúa de Alba na cal moraría ata o seu falecemento.
Finaliza Luís Fábrega os estudos de bacharelato no Instituto de Ourense o ano de 1891. Neste mesmo ano, matricúlase en preparatorio para cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago, onde obtén a Licenciatura no ano de 1899.
En Arnedo (A Rioxa) fai un ano de prácticas, e tras rexentar unha farmacia en Monforte de Lemos, abre en Ourense a súa Farmacia o 3 de Xullo de 1904 na esquina das rúas de Alba e Progreso, da que foi titular ata oseu falecemento".
 
Seguiremos maña......