Consejos y avisos

27/11/10

Colección Aurelio Fdez Dopazo.

Faleivos desta exposición, a pasada semana, pero non me foi posible, ensinarvos ningunha imaxen.
Polo tema da propiedade intelectual, (que eu procuro respetar plenamente), non vos vou mostrar tampouco hoxe, fotografías das expostas, pero alo menos, e co fin de animarvos a que vos acheguedes o Ateneo, pra disfrutalas, ensinovos o cartel anunciador.
As fotografías que se mostran na exposición, podo asegurarvos que son dun valor historico excepcional. O artifice da colección, ten garantido o agradecemento dos socios do Ateneo, pola sua donación, e o respeto de todolos Ourensans, por facilitar que a podamos gardar e ollar de cando en vez na cidade.
Por outra banda, non son quen de imaxinar, o esforzo de Don Aurelio, pra conseguir reunir tan excelente colección, e dunha tematica, a 2ª Guerra Mundial, que por fortuna, non sufrimos de xeito directo; hoxe a rede poderia facilitalo un pouquiño, pero penso que el conseguiuno a golpe de traballo persoal.
Aproveitade o fin de semana, pra visitala, que o día 1 de decembro, penso que teredes que voltar pola sala de exposicions do Ateneo, pra ver outra autentica maravilla. As fotografías de "Ana Iglesias", das que xa falaremos con mais calma.
De paso vou aproveitar pra darlle as grazas a directiva do Ateneo, polas facilidades que nos diron, pra desenrolar a reunión do Arquivo visual Ourensán, A.v.O. nas suas instalacions. 

26/11/10

Pixotaria ou Rapagatos

Esta rúa xa protagonizou unha entrada, e incluso a fotografía era semellante; as diferenzas estan, en que a outra procedia dun libro de Don Alvaro de las Casas, publicado no 1928, sen embargo esta deixaronma no Arquivo Historico, e debe ser dos setenta, revisade a outra entrada, facendo clic eiqui:  Rapagatos.
Do que escribín, nesa outra entrada, non cambio siquera unha coma, como moito, añadir algun dato, mais, dos que os poucos vou descubrindo.
Neste edificio, que pasaba na imaxen, os seus últimos instantes na cidade, estivo o que se chamaba "Un figón", (non me atrevo a facer comparacions con ningún negocio actual, pra non ferir sensibilidades), viña a ser algo a si, como un restaurante popular, non o tipico bar de tapeo, senon que comias "con fundamento", pero eso sí, sen florituras, e sin mirar moito pola hixiene do lugar. Non poiden confirmar se o cartel que se ve "Claudio", corresponde cun negocio dese estilo, xa que si non lembro mal, no meu tempo, no baixo desa casa, estaba o negocio de "Chicho", o do Ballet Folklorico Ourensán, que non era outro, que unha especie de libreria; non o mal interpretedes, o de especie, e porque non lembro, si tamén tiña prensa, ou non, o que si lembro, e que eu mercaballe ali, os recortables de casas, portos, castelos etc, que logo con paciencia facia a miña nai ou,  algun penitente que eu collera por banda, poderiase decir que eu daquelas era un "promotor inmobiliario", magoa que non seguira ca afección.
Teño outra fotografía, que outro día saira no blog, na que onde nesta se ve o cartel de Claudio, viase outro un pouco mais rudimentario, que anunciaba "Jergones", supoño que nalgun tempo, a parte alta da casa seria algo así como unha fonda. Se continuo a darlle voltas o tema, vai resultar que nesa casa houbo en tempos un "Emporio Hotelero".
Por si andades despistados, e non ubicades a imaxen; na fotografía non se aprecia, moi ben, pero no edificio contiguo, xa daquelas estaba o Restaurante "San Miguel"

25/11/10

Farmacia Fabrega

Tedes no blog unas cantas entradas, nas que se fala da farmacia do Sr. Fabrega.
Moitos de vós, (os mozos), xa non recordades ningunha, e os maiores (como eu), identificamos esa Farmacia, como a do Paseo, a que hoxe é Farmacia Cobián. Xa nalgunha ocasión coménteivos o tema, pero creo que aínda non todo o mundo teno claro.
Logo de buscala, conseguín acceder fisicamente a esta postal, e o escaneo desvéloume algunhas sorpresas, que a primeira ollada, escapábanlleme; con respecto ao que hoxe "toca", tedes unha boa visión, da entrada e escaparates da primeira Farmacia Fabrega, a que no ano 1904 (3 de Xullo), abriu Don Luís Fabrega Coello, na esquina de Progreso coa Rúa do Alba, (hoxe seria esquina Progreso con Alejandro Outeiriño).
Ese edificio, aínda hoxe en pé (e esperemos que siga así), coido que pertencente á familia Espada, descendentes do Deputado Luís Espada, que deu nome á rúa; durante un tempo estivo ocupado en gran parte, por Don Luís; o baixo principal, era onde estaba o despacho de farmacia, que se complementaba, coa Droguería, (naqueles anos era habitual, a coexistencia das dúas actividades, aínda hoxe nalgunha zona rural, continua sendo así); a parte do baixo que quedaba na rúa do Alba foi en tempos o almacén, ao que foi preciso incorporar a entreplanta, e creo que ata algún piso do edificio, para poder aloxar todas as referencias, dos dous negocios.
Se aguzades a vista, veredes que no escaparate da esquina, facíase publicidade dos produtos de fotografía AGFA, e na fachada, mostra o cartel dos produtos Kodak, (lindando co local que ocupou a Imprenta do Sr. Magdalena, logo a Popular). Supoño que de aí lle virá ao meu amigo Pastor, a afección e os coñecementos, sobre a arte fotográfica.
A segunda Farmacia Fabrega, a que aínda moitos recordamos no Paseo, adquiriuna Don Luís, a Don Constantino Añel, para o seu fillo Luís Fabrega Santamaría. O responsable da decoración, deste histórico local, foi Don Constantino, quen se soubo apoiar nos mellores profesionais da época (os Irmáns Rodríguez), para facer o fermoso traballo de ebanistería, que afortunadamente, consérvase en perfecto estado, grazas ao bo criterio da actual propietaria Dona Margarita Cobián.
Espero que o amigo Pastor saiba perdoar os posibles erros, que involuntariamente, de seguro que cometín, e anímese a facilitarme un texto de maior exactitude e contido.
* Xa sabia eu que algun erro tiña que ter, senon non seria eu. Por sorte o amigo Pastor adoita levantarse cediño, e xa fixo unha corrección, eiqui vola poño tal e como a recibín.
Todo está muy bien, salvo que el negocio lindante con la farmacia en la calle del Progreso, era la ferretería de D. Francisco Villanueva, y después de ésta se encontraba la imprenta la Popular propiedad de D. Arturo Madalena. A continuación estaba el local donde se inauguro la primera oficina de la Caja de Ahorros Provincial ya en los bajos de la Diputación. En esta oficina me abrió mi abuelo Luis mi primera cartilla de ahorro con 25 pesetas.

24/11/10

A familia Gallego Dominguez

Poucas familias ao completo, son acredoras, do respecto e agarimo de toda unha cidade; pero este caso sen dúbidas é un deles. A familia Galego Domínguez, Olga, Pilar, Manuel e Luís, (a orde en que os cito, é realmente indiferente), creo que son e foron, un exemplo a seguir, discreción, traballo, xenerosidade e intelixencia, son só algún dos seus valores.
De Olga recentemente falecida, pouco se pode dicir que non se dixera; probablemente a mellor historiadora que tivemos en Auria; os seus Estudos, froito dun traballo meticuloso, son e serán documentos imprescindibles para quen queira coñecer a nosa Historia.
Luís, "O doutor Galego", xustamente homenaxeado o pasado ano, tampouco precisa presentación, a xente da miña xeración, pasou polas súas mans en incontables ocasións, e a pesar de que pola súa prescrición, adoitaban sufrir as nosas posaderas, (como lembro aquel Neo-Sincrobin 1 M), non creo que ninguén garde mal recordo del.
Manuel, o menos coñecido, era un comerciante amable, do que os meus recordos, limítanse a velo pasear cos seus amigos, pola rúa Doutor Marañón; os atardeceres do verán, era cando vías pasar por diante do Mar dá Marola, a aqueles tres cabaleiros; a casualidade supoño que sería a responsable de que tres homes de características físicas tan similares , altos e delgados, coincidisen; e digo tres, porque aos dous irmáns, Luís e Manuel, adoitaba unirse o pai dos Giles, (xa vos falei deles nalgunha ocasión, Afonso, Antonio, Aser e Susana, que vivían encima da Burga vella), o seu paseo a parte de lúdico, non se eu se tería ao mesmo tempo un labor de vixilancia?, que daquelas como xa vos contei noutra ocasión, os Giles, eu e algún máis, pareciamos Graxos dá Burga.
Pilar, a farmacéutica, ...., como espero que lea estas letras, non lle vou a dar o gusto de rifarme (de seguro que me vai rifar igual, pero....), co cal non serei demasiado empalagoso, só dicir, que é unha "boa persoa".

A verdade é que lle teño un gran afecto, a dona Pilar Galego, e penso que ela tamén mo ten a min. Coma se non teño que interpretar, que me deixase esta fotografía, que é das poucas que ten nas que saen os seus tres irmáns. Nela vemos este trió, Manuel, Olga e Luís gozando dunha tarde de merenda á beira do noso Miño. Así é como gusta lembrar aos seres queridos.
Ela dime que non ten ningunha fotografía na que estean os catro, pero creo que é a súa modestia, a que a impulsa a dicilo, verei se lle aparece algunha por unha esquiniña.

23/11/10

Outra vez a da Praza do Ferro

A sección de fontes, o día que faga unha reestructuración no blog, posiblemente pase a integrar a das Pontes, xa non por que sona moi semellante, senon que e complicado facelas crecer, o ritmo das outras seccions. E non e precisamente, por falta de imaxes historicas das fontes da cidade, desta por falar dunha en concreto, no meu arquivo pasan das trinta diferentes, e iso porque canseime de contalas, a do San Lazaro non lle vaia zaga, eso sí nas diversas ubicacions que tivo, e a do trigo pouco menos. Fotos non faltan, pero certamente a variedade si que e escasa; e na maioria dos casos hai que afinar o ollo, pra percibir as diferenzas.
Mentras fago esa reestruracción ide disfrutando desta nova imaxen. Enviouma fai tempo o amigo Ricardo Blanco, e recolle a etapa da reconstrucción da casa da Ferraxeria Blanco Vega, onde hoxe esta o Duque. Ainda que dende o meu punto de vista, foi das mais respetuosas obras de reforma dos edificios da parte vellada cidade, se vos fixades na fotografía o unico que non se moveu do sitio, e estivo protexido durante toda a obra, foron as columnas que conforman os soportales. O resto, "foise co vento".