Consejos y avisos

10/1/09

A Ponte Codesal

Codesal

A ponte na sua ubicación orixinal?
Entrada facilitada por Don Miguel Doval:
"Declara co seu nome a presencia próxima dunha concentración de "codesos", uns arbustos de frores amarelas.
E unha fermosa ponte atribuible os séculos XV ou XVI, de silleria regular, con rasante horizontal e dous arcos pareados de medio punto, de luces practicamente iguais (5,40 e 5,35 m), feitos con robustas e ben talladas doelas.
Entrambos arcos situase un robusto e ancho piar con tallamar triangular.
Situada orixinalmente pouco antes da confluencia do rio Barbaña co regato de Pontón, Villaescusa ou dos Muiños (Polos tres nomes e coñecido este regueiro que baixa de Barbadás), comunicaba a cidade co camiño de Ourense a celanova, herdeiro da vía romana Brácara-Lucus por Ourense.
Foi trasladada no ano 1984 as terras de Cabeanca, na estrema do concello de Ourense co de Amoeiro, e colocada sobre o regato do Porto, coa sa intención de evitar a sua desaparición, despois qoe fose desmontada con motivo das obras de saneamento e remodelación do curso de Barbaña."
A ponte Codesal na sua actual ubicación
Aplaudindo a decisión de conservalo, co custo que supuxeron o seu traslado e reposición, atrévome a indicar, se non seria posible?, plantexarse o retorno á zona orixinal; penso que no curso do Barbaña polo barrio do Polvorín hai puntos nos que podería perfectamente situarse, e non creo equivocarme se digo que os veciños do barrio estarían encantados de volver pisar as súas pedras.

9/1/09

Nacionalistas Ourensáns en Monforte (1922)

Esta entrada foi actualizada o día 23 de Maio do 2013, 

A construción do novo galeguismo, partiu da Asamblea de Lugo do 1918, (dela non teño testemuño gráfico), a segunda realizouse en Santiago 1919, a terceira en Vigo 1921, e a cuarta (considerada a da ruptura) en Monforte no ano 1922, e a ela asistiron varios ourensáns, na fotografía Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, e Antonio Sánchez González, xunto a eles, personalidades como Castelao, Manuel Antonio, o Vilalbes Loís Peña Novo, e Antón Villar Ponte entre outros.

8/1/09

Os premios Maristas do 1911

Premio
O nome quiteino, por modestia, xa notariades que me gusta permanecer no anonimato. espero que non vos de envexa descubrir a miña idade "aproximada".
Agora perdeuse o costume, pero antigamente nos colexios dábanse premios en forma de diplomas honoríficos aos mellores alumnos, era a forma de recoñecer o comportamento e a aplicación.
Como sempre, isto daba lugar a opinións enfrontadas, había o que opinaba que eran un estimulo, e tamén o que pensaba que eran discriminatorios, tivese quen tivese a razón, actualmente xa non se utilizan.

Foto Mazaira II (O relevo).

Esta entrada non deixa de ser unha amable vinganza, cara a estes profesionais, que se empeñan en retratar a todo o mundo, e con todo eles como é lóxico, ponse sempre detrás da cámara, e a súa imaxe queda en moitas ocasións no esquecemento, non así o seu traballo (por fortuna).
O mais salientable desta parella, á marxe do seu esforzo diario, era que non había ningún inconvinte en intercambiar a cámara, o mesmo disparaba Don Lisardo que o facía Dona Manuela; neses anos o habitual era que a muller encargásese dos traballos de revelado, e non do trato co publico.
Aqui tedes o matrimonio formado por Don Lisardo Mazaira López, e Dona Manuela Saburido Vazquez. Esta parella pode presumir de facer viaxar por todos os medios a moitos ourensáns, o mesmo mandábanos a realizar unha travesía en barco, que os facían viaxar de Santiago a Madrid en avión.
Co paso do tempo, a familia aumento, e tamén se produciron varios cambios en canto á súa localización, deixaron as barracas da Alameda, para pasar á Avenida de Pontevedra, ata que por fin instaláronse no seu local actual na rúa Progreso.
Onde aínda actualmente seguen desenvolvendo o seu traballo, froito da dedicación da muller de Lisardo.



Na fotografía temos a Dona Manuela, co seu Lisardito no colo.

Lisardo Mazaira Saburido, ata a súa xubilación, non só conseguiu manter o prestixio do seu estudo, se non que o aumento, froito da súa afección ao deporte, raro é o equipo ourensán que non se teña posto diante do seu obxectivo, de feito a historia en fotos do Clube Deportivo Ourense, seria imposible sen a súa contribución.

7/1/09

O Aporsa?

Aporsa
Típica (que non mítica) fotografía; no antigo banco de España, o axente da autoridade, dando cumprida resposta aos requirimentos dun cidadán.
Pero a importancia da imaxe, para a min é ver a pequena "chabola" que había onde hoxe esta a entrada do Aparcadoiro do Paseo (Ap.Or.s.a.), e o edificio de á beira, onde hoxe esta a oficina principal de Banesto.