Codesal
A ponte na sua ubicación orixinal?
Entrada facilitada por Don Miguel Doval:
"Declara co seu nome a presencia próxima dunha concentración de "codesos", uns arbustos de frores amarelas.
E unha fermosa ponte atribuible os séculos XV ou XVI, de silleria regular, con rasante horizontal e dous arcos pareados de medio punto, de luces practicamente iguais (5,40 e 5,35 m), feitos con robustas e ben talladas doelas.
Entrambos arcos situase un robusto e ancho piar con tallamar triangular.
Situada orixinalmente pouco antes da confluencia do rio Barbaña co regato de Pontón, Villaescusa ou dos Muiños (Polos tres nomes e coñecido este regueiro que baixa de Barbadás), comunicaba a cidade co camiño de Ourense a celanova, herdeiro da vía romana Brácara-Lucus por Ourense.
Foi trasladada no ano 1984 as terras de Cabeanca, na estrema do concello de Ourense co de Amoeiro, e colocada sobre o regato do Porto, coa sa intención de evitar a sua desaparición, despois qoe fose desmontada con motivo das obras de saneamento e remodelación do curso de Barbaña."
A ponte Codesal na sua actual ubicación
Aplaudindo a decisión de conservalo, co custo que supuxeron o seu traslado e reposición, atrévome a indicar, se non seria posible?, plantexarse o retorno á zona orixinal; penso que no curso do Barbaña polo barrio do Polvorín hai puntos nos que podería perfectamente situarse, e non creo equivocarme se digo que os veciños do barrio estarían encantados de volver pisar as súas pedras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario