Consejos y avisos

9/4/13

A Real Academia Galega en Celanova

    Na páxina de facebook que os meus paisanos de Celanova (as miñas raíces paternas son daquelas terras), abriron hai uns meses, cun fantástico éxito.
    O marxe de preciosos recordos familiares e divertidas fotografías de "onte", aparecen de cando en vez, esas fotografías que eu chamo históricas, sobre a base do feito que mostran, ou aos personaxes que aparecen.

    Un deses feitos, foi a homenaxe que no ano 51 se adicou a Curros Enríquez, coa inauguración dun monumento en Celanova, ao que se sumou a Real Academia Galega, desprazándose en pleno á vila. Don Emilio Pontanilla, achegou esta vista xeral do acto que aquí vos mostro; e do arquivo do R.A.G. que froito das xestións do colaborador Javier Torres me facilitou estas outras, (custodian toda a serie), móstrovos estas outras que facilitan a identificación dos asistentes.
   A fotografía principal mostra o momento en que Don Ramón Otero Pedrayo, está a proceder a honrar o poeta, ante a atenta mirada dos directivos da academia, e autoridades, cando entre o público se produce un alboroto por causas que descoñezo.

   Sería interesante identificar o maior número posible de persoas; eu pola miña banda situouvos a: Vicente Risco, sentado xusto diante do orador, o alcalde da cidade de Ourense don Eduardo Valencia, e o gobernador Civil da Provincia, (creo recordar que era Quiroga de Abarca), presidindo, e entre o público que ocupaba as primeiras filas, podemos ver a Dona Fita embelesada escoitando o seu marido, e uns coñecidos Ferro Couselo, e Xocas entre outros.
Se recoñecedes alguén mais, podedes enviarme un correo electrónico, ou por medio de "Aquela celanova" en ´facebook achegar o dato; tamén se alguén sabe a que se debía o alboroto que atraeu as miradas dos asistentes gustaríame sabelo.

No hay comentarios: