Levan unha longa tempada sen visitar o blog, as fotografías do arquivo dos Maristas; aproveitando a proximidade (tranquilos que aínda faltan polo menos 15 días) do comezo dun novo curso, andaba revisándoo. O caso é que recordei que o amigo Javier Torres me prestara unhas fotografías de quen na miña nenez foi un dos meus ídolos deportivos; Montenegro (Álvaro Feijoo-Montenegro Fernández), e entre moitas imaxes das súas xestas deportivas, aparecían unhas cantas recordando o seu paso por Maristas.
Para non vos amargar estes últimos días de vacacións con tanta antelación, hoxe ensínovos esta, que non ten aires académicos, senón relixiosos. Trátase da celebración conxunta de primeiras comuñóns dos alumnos do colexio. Se vos fixades na imaxe superior, que é unha das escasas que se conservan da etapa colexial na avda. de Pontevedra (anos 54-58) e que xa pasou polo blog noutras ocasions; (fai clic pra velo), os alumnos saían en formación dende o colexio nos xardíns do Bispo Cesáreo, en dirección á igrexa onde ían recibir a comuñón, Santa Eufemia, na próxima rúa de Lamas Carvajal, pois precisamente a fotografía que nos presta Álvaro Montenegro, mostra a entrada deses mesmos alumnos na igrexa. (a falta dunha confirmación definitiva, a fotografía pódese datar no ano 1957).
Como se adoita dicir, sen présas pero sen pausa ide cambiando o chip, que comeza un novo curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario