Consejos y avisos

20/6/12

Aeromodelismo Ourense (1957-2012)


 Fai uns días o amigo Pepe Dacoba, presentoume a un home que e parte da historia deportiva desta cidade. De feito o palmares que alcanzou formando parte do seu clube, e con toda probabilidade o millor que temos en Ourense; o problema e que o non tratarse de futbol, poucos son os que estan o dia dos seus logros.

Falovos de Manolo Martinez Siota, un dos principales promotores do Aeromodelismo Ourensano, e case que me atrevo a decir que a nivel nacional. 
    Foi un autentico placer falar con él, e poder contemplar as xoias da aviacion que ainda conserva, e que ca axuda doutro grandisimo afecionado Jesus Diaz Hermida, manten en perfecto estado, listos incluso pra competir. 
  
   A de hoxe vaise limitar a ser unha entrada de presentación, destes dous cabaleiros, cos que agardo poder compartir ratos de conversación pra que continuen a facilitarme datos que permitan recuperar a historia destes pioneiros da "aviación" Ourensá. Na fotografia que vos mostro enriba destas letras, vedes o que foi escola de aeromodelismo do Clube Joaquin Loriga, nas instalacions que daquelas disfrutaban no edificio da Sindical no Parque.  
    Os da miña xeneracion, ainda lembramos a pista que tiveron durante un tempo no pavillon dos deportes, e onde  de cando en vez podiamos disfrutar das suas exhibicions, algunha competición, ou as veces das probas que facian dos seus aparatos ,construidos de xeito plenamente artesanal.
  Teño que convencer a Manuel e a Suso a ver si entre eles se animan a escribir as entradas que serian bastante mais amenas.

No hay comentarios: