Consejos y avisos

30/9/11

Apeadero de san Francisco

Estoume dando conta, de que é moi cómodo que me enviedes entradas o cal nos últimos tempos, estades facendo, un máis que outros, reitero o meu agradecemento en especial a Fernando Valcárcel. Pero os poucos cada vez sodes mais, grazas. 

Por experiencia, sei que ás veces é necesario ser un pouco pesado, e a iso vou.
Os amigos de  Carrileiros , Paco, Manel e demais socios, teñen practicamente rematadas as súas novas e preciosas instalacións, do parque dos Carrileiros, (detrás do Auditorio), ás que vos recomendo que vaiades botar unha ollada, e de paso dar unha volta en tren. Precisamente como xa están a piques de terminar, supoño que agora disporán de tempo, para enviarme unha pequena entrada, relativa á súa especialidade, a historia ferroviaria.
Unha suxestión seria, que nos desen os datos concretos, das inauguracións das catro estacións que deron servizo á cidade, Ribeiriño, Canedo, Empalme e San Francisco. Existe certa confusión, entre os meus lectores, polo feito de terse inaugurado a Estación Empalme no ano 1952, e ao ler as crónicas da inauguración da de San Francisco en xullo de 1957, descubrir que naqueles momentos era fin de liña.

A fotografía de hoxe, é unha das que nos prestou Patricia Fernández, en primeiro plano, vemos a Estación de San Francisco na última fase da súa construción. E permítenos decatarnos do espectacular cambio que sufriu ese barrio tan céntrico da cidade; xa noutra fotografía que Santi Reverter prestounos, comentaramos que os edificios situados enfronte da estación, levantáronse nun período moi curto de tempo, supondo un cambio radical na fisionomía do barrio. Por certo sabedes que parte das ribeiras do Miño están nese barrio?. Se navegades polo blog, comprenderédelo, se non o descubrides, explicáreivolo cando os amigos de Carrileiros envíenme a súa entrada.
Para visitar o parque de Carrileiros lembrade que a mañá do domingo é o momento apropiado, para velo todo en funcionamento.

No hay comentarios: